Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O taboleiro de xadrez de Touriñán toma a Provincia e parte de Portugal

O taboleiro de xadrez de Touriñán toma a Provincia e parte de Portugal

Continúa o Club Xadrez Cabo Touriñán espallando este deporte de cabeza. Despois de pasar a fase clasificatoria do circuito galego por equipos do Plan Xogade de Xadrez en Rianxo, presentouse en A Coruña para xogar o Provincial deste circuito. E non volveu de balde, senón que quedou como Campión na categoria Alevin e subcampión na infantil da provincia de A Coruña.

E non para, pois xa están pensando na viaxe a Guimaraes en Portugal, capital europea da cultura do ano 2012, para participar nunha xornada do circuito galego de promoción do xadrez.

A viaxe será o 16 de xuño, costa 10€ por persona, sairase ás 7:00h da mañá e volverase arredor das 0:00h da noite.
Os interesados en viaxar, para xogar ou pasar unha xornada por Guimaraes, poden achegarse a sede do clube en Muxía, ou chamar o número 620 039 243.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios