Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Circuito de Xadrez roza a maxia en Vimianzo

O Circuito de Xadrez roza a maxia en Vimianzo
Gran expectacion no Torneo de Xadrez de Vimianzo

Éxito rotundo de participación o acadado polo Club de Xadrez Cabo Touriñán. A terceira rolda do Circuito de xadrez que se está a levar pola Costa da Morte, tivo lugar no Concello de Vimianzo, cunha participación de 59 xadrecistas, entre eles dous campións galegos que se achegaron dende Rianxo (Jorge Méndez, campión galego sub10) e dende Oroso (Martín Pena, Campión do circuito galego).

Pero os protagonistas foron os cativos da zona, que seguen a disfrutar deste deporte. De feito, uns pais dos participantes nos enviaban estas palabras, que definen moi ben o sentir do torneo:

A sensación do barullo que fan os nenos antes de que comecen as partidas, choca co máxico silencio que se produce cando estas comezan. Personalidades coma Jorge Mira, o físico, e o seu irmán, participante, Pablo Mira, ou Antelo, o alcalde de Vimianzo, estabán sorprendidos polo acadado este domingo. Toda esta labor que está facendo posible o Club de Xadrez Cabo Touriñán de Muxía, coa colaboración dos técnicos de deportes das bisbarras nas que se fan os torneos. Éxito de participación, éxito de organización, éxito de público, e sobre todo éxito dos participantes no campionato, que están facendo que os luns se fale de como quedaron os nenos, as nenas, os pais.

Parabéns ó Club de Muxía pola súa labor didáctica, e sobre todo por facer que a maxia do Xadrez chegue a Costa da Morte. Parabéns, parabéns, parabéns.

Gran ambiente no Torneo de Xadrez de Vimianzo Intensas partidas entre corcubioneses e muxians Personalidades en Vimianzo O equipo organizador do Clube Cabo Tourinan Gañadores do torneo co alcalde vimiancés Manuel Antelo

Resultados do Torneo de Vimianzo

Categoría ABSOLUTA

  • 1º- Soneira Leis Jose (Corcubión).
  • 2º- Pose García Jose Manuel (O Toque Xiria).
  • 3º- Viqueira Verea Álvaro (O Toque Xiria).

Categoría SUB 14

  • 1º- Bugliot Diego (Ex-Alcohólicos).
  • 2º- Pérez Martínez David (Cabo Touriñán).
  • 3º- Carneiro Vázquez Pedro (C Manuel Peleteiro).

Categoría SUB 12

  • 1º- Pena Varela MartíMéndezn (C.X. Oroso).
  • 2º- Mendez Rial Jorge (C.X. Rianxo).
  • 3º- Regueiro Romero Alfredo (USC).

Categoría SUB 10

  • 1º- Girón Hermo Xabier (C Manuel Peleteiro).
  • 2º- Vilela Lagoa Eloy David (Cabo Touriñán).
  • 3º- Mata Ewy Brais (C Manuel Peleteiro).

Categoría SUB 8

  • 1º- Carballo Sandoval Kevin David (Cabo Touriñán).
  • 2º- Lago Pazos Anxo David (Cabo Touriñán).
  • 3º- Pazos Pérez Adrián (C Manuel Peleteiro).

Clasificación Xeral no Circuito Costa da Morte

Categoría ABSOLUTA

  • 1º- Larrañaga Leturia, Gurutz (O Toque Xiria).
  • 2º- Pose García, Jose Manuel(O Toque Xiria).
  • 3º- Sar Vilela, José (Cabo Touriñán).

Categoría SUB 14

  • 1º- Bugliot. Diego (Ex-Alcohólicos).
  • 2º- Nogueira Rodríguez, Xan (Cabo Touriñán).
  • 3º- Pérez Martínez, David (Cabo Touriñán).

Categoría SUB 12

  • 1º- Sánchez Vázquez, Carla (C Manuel Peleteiro).
  • 2º- Ramos Rial, Carlos (C Manuel Peleteiro).
  • 3º- Perol Hurtado, Adrián (C Manuel Peleteiro).

Categoría SUB 10

  • 1º- Vilela Lagoa, Eloy (Cabo Touriñán).
  • 2º- Mata Ewy, Brais (C Manuel Peleteiro).
  • 3º- Girón Hermo, Javier (C Manuel Peleteiro).

Categoría SUB 8

  • 1º- Carballo Sandoval Kevin (Cabo Touriñán).
  • 2º- Lago Pazos Anxo (Cabo Touriñán).
  • 3º- Pazos Pérez Adrián (C Manuel Peleteiro).

Vindeira proba

O torneo de Carnota será o sábado 15, xa que o domingo 16 son os campionatos provinciais sub-10 e sub-8 en Ferrol, aos que asistirán a maioría dos rapaces que participan. Así, o 4ª Torneo do Circuito Costa da Morte será na Casa do Mar de Lira e dará comezo o sábado 15 ás 16:00h da tarde.

Novas relacionadas

Xadrez na Costa

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.

Comentarios