Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Xadrez do Cabo Touriñán trae un campionato Provincial

O Xadrez do Cabo Touriñán trae un campionato Provincial
Adrián, Anxo, Kevin e Sheila do Xadrez Cabo Touriñán no Campionato Provincial

Doble cita tivo o Club Xadrez Cabo Touriñán. Pois en Carnota tivo lugar a 4ª proba do Circuito de Xadrez Costa da Morte, e de contado 4 rapaces do clube muxián foron a Ferrol para participar no Campionato Provincial de Xadrez.

En Carnota, de novo cunha gran participación, a final estivo protagonizada por dous corcubionesa. Ramón Franco vencía a Jose Soneira, gañador na proba vimiancesa e se ambos se colocan arriba no torneo.

Ao remate da proba, os Adrián, Anxo, Kevin e Sheila arrincaron para Ferrol, para o Campionato Provincial de Xadrez. Alí, o muxián Kevin Carballo Sandoval proclamouse campión na categoría sub-8 , o que supón para o club unha inxección de moral e ánimo para continuar traballando cos rapaces e esperar que alguén se anime a patrocinar este clube.

Vindeira proba

Esta fin de semana terá lugar o 5º Torneo do Circuito de Xadrez, o sábado ás 16:00h en Camariña

Novas relacionadas

Xadrez na Costa

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.

Comentarios