O praia do Faro acolle a decisiva Proba de Bodyboard

Por fin. As boas condicións metereolóxicas permiten que este domingo 24 de novembro se dispute a 2ª Proba do Circuito Galego Open, xuvenil de Bodyboard -Praia de O Faro, en Carnota. Proba que fóra suspendida no seu día.

Así, a partir das 9:00h da mañá xa comezarán as mangas en función das condicions e mareas.

Esta proba será decisiva para ver que vai a cabeza do ranking. Ata o de agora na categoría Open Alex Rico (Ferrol) e o que está a cabeza, seguindolle moi de preto Nico Nieto (Noia). En xuvenil está dando moito que falar polos seus bos resultados Carlos Megino (Vigo) e Bruno Martín (Ferrol). A proba que poñerá o broche final ao circuito de bodyboard será en Valcobo - Arteixo.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte e máis información

  • FG Surf.