Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Selección Galega de Surf toma Malpica como base de operacións

A Selección Galega de Surf toma Malpica como base de operacións
A praia de Malpica acolle a concentracion da Seleccion Galega de Surf-Foto-FGSurf

Xa levamos tempo dicindo que a Costa da Morte estase a convertir no centro do surf do país. E así o refrenda o feito de que a concentración da selección galega de surf transcorra en Malpica. Un areal de Malpica que agarda pola novedosa Pescadería fotográfica surfeira, pero que xa está a preparar a concentración da selección.

A cita será os días 1, 2, 3 e 4 de xullo en Malpica de Bergantiños. Tratase da ultima concentración para preparense de cara os Xogos Náuticos os cales como ben sabedes se celebraran en Viana do Castelo – Portugal dende o 15 ao 19 de xullo.
Os convocados para a concentración anterior aos Xogos Náuticos no Silfo Campos son os seguintes: Yolanda Rodriguez Aneiros, Isabel Gundín Perez, Paula Paz Fraga, Diego Alvarez Lourido, Luis Ansin Mato, Juan Fernandez Lopez, Ignacio Guisasola Gonzalez, Borja Malvar Crespán.

Novas surfeiras

Máis novas

Outras novas

Fonte

Comentarios