Sábado. 04.04.2020
El tiempo

A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país

A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país

A Costa da Morte continúa afianzándose como unha das referencias no panorama surfeiro do país. A Federación Galega vén de presentar o Calendario do Circuito Galego de Surf para este 2012, e as praias da bisbarra acollerán 6 das 26 probas do ano.

Ademais, unha das probas máis importantes do ano, o Campionato Galego, celebrarase en Soesto en pleno agosto.

Ademais da praia de Soesto, outras praias fetiche da zona, como son a de Nemiña, a de Malpica ou a de Razo, acollerá as probas restantes.

Probas 2012 na Costa da Morte

  • 3ª Proba Open Longboard e Paddle. 12 de maio na Praia de Nemiña. Organizan GAL, Silfo Surf Camps e a FGS.
  • 4ª Proba Infantil e Xuvenil de sur e body de Malpica. 26 e 27 de maio. Organiza Silfo Surf Club e FGS.
  • Campionato Galego Individual e por equipos na praia de Soesto (Laxe). 27 e 28 de agosto, organizada pola FGS.
  • 3ª proba Open de Surf en Razo (Carballo). 8 e 9 de setembro. Organiza Teirón Surf Club e FGS.
  • 4ª Proba Open de Bodyboard en Razo (Carballo). 20 e 21 de outubro. Organiza FGS.
  • 6ª Proba Open de Surf en Malpica. 1 de decembro. Organiza Silfo e FGS.

"Non sexas vaca, e fedérate"

Sen máis, aquí vos deixamos coa campaña que vén de comezar a Federación Galega de Surf para profesionalizar o deporte, contando con Jaji Iglesias e Gony Zubizarreta, nun vídeo de Ojo de Pez.

Ademais, deixámosvos con este potente vídeo de surf e bodyboard con Adam, Murci e Vitor como riders protagonistas surfeando nas praias de Malpica.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

comentarios