Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Desafiando ao vento da Costa da Morte en Paddle Board

Desafiando ao vento da Costa da Morte en Paddle Board
Oscar Garcia a bordo do seu Paddle Board entrando en Muxia-Foto-J Cerrada para Desafio Galicia

"Pero fai ese rapaz aí de pé sobre unha táboa e remando co nordés que vai?!" preguntábanse os mariñeiros de Muxía, que onte, por mor do forte vento non saíran a faenar. Pero Óscar García non desistía e continúaba co seu Desafío Galicia, a aventura de percorrer o litoral galego a remo no seu paddle board para recadar fondos e axudar a unha entidade que traballa con nenos autistas.

Saía onte de Malpica, e a pesar de que a súa intención era chegar a Fisterra, foi imposible. El mesmo conta no seu caderno de bitácora como foi a etapa polo lugar Onde nacen os ventos, que non é outro sitio que a Costa da Morte: "lleva soplando sin parar 6 días y por las previsiones quedan por lo menos otros 9…" valora.

Á súa chegada á Muxía estaban o alcalde Félix Porto e o técnico de deportes Diego Castiñeira. Os 3 repasaron a valentía do proxecto e mala sorte de toparse cunha semana de tanto nordés.

Óscar quixo agradecer o xesto do alcalde por recibilo, e apuntou o moito que disfrutou da vila da Barca. Agora, esperará uns días a que afrouxe o temporal e tirará a finais da semana ata Fisterra, para continuar a ruta por toda a costa galega. Moita sorte!

Oscar Garcia e o Alcalde de Muxia

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas

Fonte

Comentarios