Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte

A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte

Longboard Girls Crew son ungrupo de 7 amazonas cunha paixón en común: longboard, unha variedade do clásico skate pero coa que se pode mesmo viaxar. E se ben van acompañadas dunha furgo de primeira, estas 7 bravas internacionais percorren o mundo montadas nas súas pequenas 4 rodas.

Un dos seus proxectos é este "Endless Roads", ou "Camiños sen fin", que pretende espallar o seu amor polo longboard con flipantes curtas cazadas pola lente de Juan Rayo. E como non podía ser doutro xeito dado o nome do proxecto, tiñan que vir pola Costa da Morte.
De feito, a descrición que fan da nosa bisbarra fala ás boas do noso potencial místico:
Neste último capítulo viaxamos cara o norte a Galiza, á Costa da Morte, nome dado á área en 1920 debido ás súas beiras rochosas traidoras, cheo de cantís e maltratado por tormentas valentes. Terra de paisaxes verdes masivas, enchido con lendas e tradición.

Foi o campamento de surf carballés Art Surf Camp de Razp o que acolleu a estas bravas nas súas instalacións. E tras pasar uns días percorrendo a bisbarra, esta xoia nos deixaron para o noso disfrute:

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios