Martes. 23.04.2024
El tiempo

Soesto e Malpica atraeron o surf galego á Costa da Morte

Soesto e Malpica atraeron o surf galego á Costa da Morte
A praia de Soesto acolleu o campionato galego de surf-Foto-SurfGZ

Segue a Costa da Morte afianzando a súa privilexia posición no mundo do surf galego. Esta fin de semana houbo sesión doble, unha máis deportiva e outra máis festeixera, pero co deporte de táboa como epicentro. O sábado, as ondas da praia de Soesto recibían o Campionato Galego individual e por equipos, organizado pola Federación Galega de Surf. E o domingo, era Malpica a que acollía a 2ª Quedada Loggers Malpica, logo da tolemia do ano pasado.

A pesar de que as ondas non acompalaron de rodo (apenas ondas de metro e medio con vento de mar), o Campionato Galego de Surf de Soesto foi todo un éxito. Foron 110 participantes, con novidades nas categorías dos máis pequenos. Ademais, tamén tivo lugar o campionato por equipos no cal cabe destacar unha gran participación por parte dos clubes de toda Galicia. Xa poden ver todos os resultados na web da Federación Galega de Surf.

Gran ambiente en Soesto-Foto-SurfGz

Tola Quedada en Malpica

Quedada Loggers Malpica 2013-Foto-SurfGZ

E mentres, en Malpica, o tema ía máis en clave de cachondeo. Os disfraces montábanse nas ondas coma se dunha peli australiana se tratase, facendo que o ambiente da xente da 2ª Quedada Loggers Malpica disfrutase ao máximo. As imaxes falan por si soas...

A Quedada Loggers de Malpica deixou estampas coma esta-Foto-SurfGZ

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte e máis información

Comentarios