O empate do Soneira en Muros permite que o Santa Comba volve coller, en solitario, o liderato da liga. Unha vitoria sufrida a dos xalleiros ante un Corcubión, que será xunto Cee, Muros e Fisterra, un dos xuíces da Liga. Precisamente o Fisterra sorprendeu cunha goleada ao Cee na súa volta a Ara Solis que serviu para agradecer o ben que o equipo ceense acolleu á SD todo este tempo de obras no campo.
E lembren que esta Liga está patrocinada pola Discoteca ZonaZero. A Discoteca prepara unha boa festa para o Venres de Fin de Ano, a disco abre a partir da 1:00h e ata que o corpo aguante cos Djs residentes e o Grupo D´Moda. Para o mesmo sábado día 1, tamén hai festa na Discoteca ZonaZero, en horario habitual, pero co sorteo de 5 Blackberry de última xeración.
Santa Comba - Corcubión (4-3)
Santa Comba: Pablo, Martín, Sergio, Daniel, Francisco, Javier, Marcos, Diego, Roberto (Jose Manuel min.84), Pablo Pérez (Marcos Recarey min.89), Iván.
Goles: 1-0, min.6: Martín de penalti; 1-1, min.11: Brais; 1-2m min.19: Manu; 2-2, min.21: Pablo Pérez; 2-3, min.24: Brais; 3-3, min.30: Iván; 4-3, min.56: Pablo Pérez.
Encontro moi emocionante o vivido no Municipal de Castriz., con 6 goles nos 30 primeiros minutos. O encontro retrasouse un par de minutiños xa que o arbitro chegou cando so quedaban 15 minutos para o comezo.
Comezou adiantándose o Santa Comba tras un claro penalti que transformou Martín para o equipo de Anxo. Pero nunha xogada típica do Corcubión, Brais, tralo saque dunha falta en longo, collería o rexeite e batería ao porteiro. Ademais, 8 minutos máis tarde, nunha contra Manu, co porteiro adiantado, marcaría pola escuadra en darlle a posibilidade de chegar a tocalo balón.
O Santa Comba non se viría abaixo e seguiría atacando e noutro erro da defensa, marcaría Pablo fusilando por baixo tras un rexeita na area. Pero 3 minutos despois Brais, o goleador do equipo e protagonista nestas ultimas xornadas, poría ao Corcubión outra vez por diante.
Como o partido estaba tolo o Santa Comba foise carra arriba e aproveitaríase doutro erro da defensa para poñer a igualada no marcador ate chegar ao descanso. Nesta primeira metade veuse bo fútbol por parte dos dous equipos que foron a gañar o partido en todo momento.
A segunda metade comezou sen cambios, os dous equipos seguiron indo cara a portería contraria, tendo moi boas ocasión o Corcubión para volver a adiantarse pero por mala sorte ou falta de definición, non foi capaz de marcar. Pero si seria o equipo local o que, no minuto 56, que marcaría para poñer o resultado final no marcador. Cabe destacar que Abelleira parou outro penalti, o seu rexeite e outra vez o rexeite que faría que os poucos asistentes quedaran abraiados. Poucos minutos despois seria expulsado o adestrador visitante Alfonso, por protestar o primeiro cartón amarelo, e por non situarse na area técnica o segundo, todos no mesmo minuto. O curioso e que ningún campo da costa ten o que eles chaman “area técnica” e o adestrador estaba situado entre o banquillo e o liña do medio campo.
Outes - Esteirana (0-3)
Outes: Yona, Oscar, Mosto (Pesi, min.70), Juan, Pablo, Rubén (Chía, min.55), David (Edu, min.53), Sergio, Alex (Alfonso, min.65), Piki, Piti (Ceclam, min.80).
Derbi sureño no que puido ser o mellor encontro dos esteiráns nesta campaña. Prantexou Uru o encontro con 5 xogadores no medio e sempre tiveron superioridado, recuperando rápido e tocando ben o balón. O Outes tiña as súas oportunidades e Sergio malgasto varios mans a mans co porterio.
Pero foi máis efixaz o equipo esteirán que por medio de Bruno e Elou case que sentenciaba o partido á media hora de xogo. David remachou na segunda metade ao de Manu Roque e Tomé.
Muros - Soneira (2-2)
Muros: Iago, Santi de Pura (Modesto, min.60), Berni, Javi de Vistete, Fernando, Jesús, Óscar, Álvaro de Balo (Iván, min.75), Santi Chuvasco (Minos,min.70), Gabriel el Guapo (Diego, min.80), Geico.
Goles: 1-0, min.5: Óscar de penalti; 2-0, min.15: Javi de Vístete tras unha falta lateral; 2-1, min.40: Cristian; 2-2, min.55: Alberto.
Lesión: o soneirán Maior cun mes de baixa por unha escordadura de xeonllo.
partido bonito entre dous equipos que gustan de xogar.
Saiu o Muros moi metido no partido e xa se puxo 2-0 en 15 minutos. Púxose o mono de traballo o equipo de Moguel tralos dous cambios para atallar a superioridade física nos balóns aéreos. Antes do descanso recurtou Cristian e xa aos 10 minutos da volta do descanso empatou Alberto.
A segunda metade foi moi intensa e vibrante cun lixeiro dominio visitante pero a lesión de Maior mermou o potencial na media dos soneiráns. Ambos equipos tiveron ocasións para levar o partido. Un gol anulado a Basti e tiro ao longueiro de Suso foron as chegadas máis claras dos de Miguel. Pola banda local, o Muros intentaba sorprender á contra e proestaron unha xogada na área visitante que puido ser penalti e/ou cesión.
Fisterra - Cee (5-0)
Fisterra: David, Roberto, Jorge, Manuel, Juan (Lobelos), Tati, Martín, Gonzalo (Miguel), Cristian, Bruno (Isqui), Carlos (Chiqui).
Cee: Sergio (Adrián, min.50), Iago, Moncho (Corbelle, min.70), Rubén, Ismael Trinidad (Armando, min.46), José Antonio, Isma Lamela, Diego Cespón, Uri (Santi, min.65), Sergiño, Chiru.
Partido dominado con conxuto local na súa volta a Ara Solis. Foi probablemente o mellor partido dos de Senra, e o peor do de Jose Carlos, que tiñan 3 baixas importantes en defensa. Os locais controlaron a un Cee capaz do mellor e do peor. Diego Cespón estivo perfectamente controlado por Tati e Martín, e non puido liar coa dianteira. Así os tantos locais foron chegando ata completar a goleada.
A SD tivo un bonito xesto coa UC Cee por todo o ben que acolleu ao clube fisterrán durante todo o tempo que Ara Solis estivo en obras. Os xogadores amosaron unha pantacarta de agradecemento coa lenda "Gracias UC Cee", que sorprendeu moi gratamente á directiva ceense.
Dumbría - Mazaricos (Aprz.)
O encontro dispitarase este xoves 23 de decembro ás 17:00h.