Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Míchel salva 3 puntos e o Soneira escapa lonxe do descenso

Míchel salva 3 puntos e o Soneira escapa lonxe do descenso

Importantísima vitoria a que acadou o Soneira en tempo de desconto na tarde noite de onte no Municipal vimiancés.

Soneira - G. Mugardos (1-0)

  • SONEIRA: Fran, Ferreiro, Pablo, Javi, Miguel, Santi, García (Fran Urroa, min.61), Míchel, Mario, Iago (Darío, min.61) e Vituco.
  • Gol: 1-0, min.91: Míchel, de falta directa.

Os xogadores de Manolito sen xogar un gran partido tiveron a maior parte da posesión do balón, pero non chegaron con moito perigo sobre a porta rival, sen embargo os ferroláns as veces que chegaron si que crearon perigo. Aos 5 minutos de partido, unha falta lanzada por un xogador visitante foise ao longueiro e no rexeite o meta Fran puido cometer unha pena máxima ao arroiar a un xogador contrario no intento de despexe do balón. Non foi ata finais do primeiro período no que os Soneira chegou con perigo de gol, primeiro nunha xogada de varios remates dentro da área e logo con sendos remates de cabeza de Santi e Ferreiro tras xogadas a balón parado.

Tralo descanso a tónica foi moi similar. Os locais adiantaron un pouco máis a defensa e mesmo Miguel que estivera a xogar no centro da defensa adiantou un liña a súa posición. O dominio e o cerco a meta rival foise incrementándose, e Mario, un dos homes máis desequilibrantes onte, tirou un forte disparo que estivo a piques de entrar, logo foi Miguel cun tiro dende a frontal o que fixo intervir ao meta rival. O Mugardos xogando a contra metía moito medo nas gradas, así no minuto 84 tivo a mellor ocasión do partido, na que o dianteiro se planta só ante Fran e este desvía a córner cando xa se cantaba gol. Cando todo apuntaba a un empate sen goles, unha falta na frontal da área foi lanzada maxistralmente por Míchel ao fondo das mallas.

Con estes tres puntos o Soneira pon máis distancia cun rival directo e establece un colchón de 11 puntos cos postos de descenso directo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios