Os ex matan ao Dumbría

14:36 20/12/10
Non vai de broma este Cee. Nunha das citas da tempada e nun dos derbis máis igualados dos últimos o Cee venceu ao Dumbría e se afianza como firme candidato ao ascenso á Preferente. Precisamente foron os "descartes" de Canosa os que macharon ao seu ex equipo, sendo Taski e Llanero os goleadores. Os de Pato seguen 3º, en postos de ascenso e a tan só 1 punto de Olímpico e Imperátor, os líderes. O Dumbría queda 5º a 3 puntos dos ceenses, e de seguido, a 1 dos dumbrieses, xa se pon un Xallas que tampouco renuncia a nada.
O que non levanta cabeza é o Zas. Tiña esta fin de semana unha oportunidade de non deixar escapar ao Perlío, pero trala dura goleada xa hai unha barreira de 10 puntos entre o Zas e a salvación.
Dumbría - Cee (1-3)
- Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Tantán min.60), Suso, Chula, Pablo Serrano (Albertito min.65), Pablo Conde, Iago, Eloy, Schuster (Piri min.60), Brais, Adrián.
- Cee: Mingos, Rubén Fiuza, Rafa, Sergio, Angeliño, Dani Freire, Chapu (Leis min.73), Javi Rañal (Fran min.85), Tasky (Jorgito min.89), Llanero (Penedo min.81), Fernandito.
- Goles: 0-1, min.46: Tasky; 0-2, min.60: Llanero, de penalti; 0-3, min.75: Tasky; 1-3, min.90: Adrián Mackaay.
- Expulsión: Angeliño (min.80)
Perlío - Zas (6-0)
- Zas: Luis de la Peña, Borja (Luis min.33), Mancebo, Dani, José, Jorge, Fabián (Molina min.72), Canosa, Javi, Ferreiro, Adrián.
Xallas - Eume (3-1)
- Xallas: David, Ismael, Iván Forján, Carteiro (Álvaro, min.78), Pica, Ricardo, Rubén, Adrián Beiroa, Ventura (Adrián Prol, min.71), Toni, Roberto (Leo, min.60).
- Goles: 0-1, min.2: en propia nun despexe Ismael que petou na espalda Carteiro; 1-1, min.10: Ventura tras unha xogada de Rubén; 2-1, min.43: en propia tras un centro de Roberto; 3-1, min.60: Adrián Beiroa tras unha xogada de Toni.
Máis información
Novas relacionadas
- Preferente: Míchel salva 3 puntos e o Soneira escapa lonxe do descenso.
- Resultados da fin de semana de fútbol costeiro.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
- A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC.
- As Ligas Escolares de Fútbol Base xa en QPC.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.