Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Cambio de líder na Liga da Costa

Cambio de líder na Liga da Costa
Cambio de líder na Liga da Costa, i é que para aguantar o ritmo deste Ponteceso os equipos van ter que remar e moito. A traxectoria ascendente dos de Berto é tremenda: dos últimos 9 encontros o novo líder só cedeu un empate, e ante o Fisterra na xornada 13. Así, o Camariñas non puido manter o envite e cedeu un empate en Esteiro. O Club do Mar segue aí tras unha traballada vitoria ante o Pindo. O Sofán mantense a 5 puntos do ascenso tras o seu empate, e o Castriz métese no grupo perseguidor tras un mes tremendo. Por abaixo, os dous últimos conseguiron un empate que só lles serve para pechar o ano cun sabor algo máis doce. Pero as cousas non andan ben nin por Vimianzo nin por Carnota, xa que os seus adestradores acaban de dimitir e andan na procura dun novo rumbo. O Porteño segue 3º por abaixo, posto que será, se o Zas non o remedia, o que marcará o descenso. O Corme sae lixeiramente e mete ao Buño en problemas, quedando empatado co Pindo e dous puntos por debaixo da Esteirana. Hai que sinalar que ningún dos 6 de abaixo sumou os 3 puntos. Cómpre destacar un detalle. Non houbo nin unha soa vitoria local nesta xornada.

Fisterra - Carnota (2-2)

  • Fisterra: Joselu, Senra, Julio, Borja Santos, Piti, Marco (Munitis, min.65), Roco, Nico, Nacho (Edi, min.80), Rodrigo, Manoliño.
  • Carnota: Peipo, Miguel Beiro, David Brea, Pedro, Tono da Caixa, Demetrio, Nico Alvarado, Manuel Luis, Joselu (Urco, min.85), Pablo Beiro (Óliver, min.60), Pumuki (Gabi, min.80).
  • Goles: 1-0, min.15: Marco; 1-1, min.60: Pedro; 1-2, min.70: Pumuki; 2-2, min.94: Senra.
Voltaba o Fisterra a Ara Solis como vemos nas fotos que nos cede a SD Fisterra dende o Facebook. E como, moi bo ambiente nas bancadas, xa que ademais antes xogaban os xuvenís ante o Cee e vencían por 5-0. Pero o ambiente pero non foi suficiente para acadar a vitoria e o Carnota levou un puntiño. Foi boa a primeira parte dos de Manolo Santos, como moito toque e xogadas como a do gol de Marco, que vemos no vídeo. Pero cambiou o conto tralo descanso e o Fisterra non atopaba ocos e tiña que buscar o balón longo. E mentres o equipo local andaba despistado o Carnota deu a volta ao marcador. Ao final, pasaron apuros, coma vén sendo habitual nas últimas semanas, os xogadores fisterráns acabaron volcados e empataron xa co tempo cumplido por medio de José María Senra. Con todo o colexiado deixou moito que desexar e o Fisterra reclamou dous penaltis e diversas agresións. Por banda carnotá o empate non serve para calmar as augas. Esta semana dimitía Pedrosa e a directiva carnotá anda buscando adestrador. Polo de pronto, un dos primeiros consultados foi o ex adestrador Alfredo Cambeiro, que rechazou a oferta.

Baio - Dumbría B (0-2)

  • Baio: Angel Martín, Fermin, Diego, Mario, Ramón (Eloy, min.60), Pensado, Martín, Jorge, Alberto, Canai (Fachal, min.55), MC.
  • Dumbría B: Anxo, Jose Carreira (Insua, min.70), David Carreira, Sergio Cives, José Manuel (samuel,in.85), Jesús, Fernando (Pablo Casais, min.80), Tanta, Ramiro (Ivanete, min.75), Miguel Poyo, Pablo Muíño (Carlos, min.90).
  • Goles: 0-1, min.25: Pablo Muíño; 0-2, min.55: Pablo Muíño de penalti.
Gran vitoria do filial dumbriés ante un Baio que non pasa, nin moito menos, polo seu mellor momento. Foi mellor o equipo de César Ferrío, que tivo unha sensacional primeira media hora tocando moito a pelota. Apretaou o Baio á volta do descanso pero sentenciou o de sempre, Pablo Muíño, dende o punto de penalti. Antes tivera o capi Martín unha ocasión inmellorable para acadar o empate, pero á contra matou o partido o filial.

Porteño - Muros (0-2)

  • Porteño: Asiel (Santi, min.62), Brais, Manu, Roi, Astu (Pejo, min.45), Iván (Óscar, min.45), Quilmes, Piti, Iago (Cousillas, min.45), Ismael, Varela (Wii, min.45).
  • Muros: Lupi, Manu Dosil, Iván, Teo, Mayuyo, David (Geico, min.55), Barito, Oscar (Gael min.60), Gelo (Martín, min.80), Toni (Edu, min.75), Sexo.
  • Goles: 0-1, min.20: Gelo tras un erro do meta local; 0-2, min. 55: Toni.
  • Expulsión: Expulsión a Roi por doble amarilla (min 23).
A balón parado intentouno o Porteño pero este Muros leva 13 puntos dos últimos 15 xogados. Os de Felipe están en racha e non permiten fisuras nos cadros viistantes. De feito, no primeiro tanto o porteiro local puido facer algo máis e aí estaba Gelo para facer dano do erro.

Esteirana - Camariñas (0-0)

  • Esteirana: Benancio, Chispi, José Varela, Dani Rama, Suizo, Adrián, Uru, Cajulo, Álex (Roberto, min.60), Simón, Godo (Maxi, min.75).
  • Camariñas: Pombo, Pesqui (Ogando, min.65), Breo, Josiño, Maikel, Moriño, De la Sierra (Nico min.65), Brais, David (Sergio, min.60), Juan oBello, Mané (Adrián Negro, min.65).
  • Expulsión: José Varela por doble amarela no min.80.
Non foi o mellor encontro do Camariñas malia que controlou o partido de cabo a rabo. A Esteirana mantívose atrás firme en defensa e con moita brega, e o Camariñas protestou a permisividade do colexiado. Foron moitas ocasións as que tivo o Camariñas, e nos primeiros 15 minutos Juab oBello, Mané e Brais puideron abrir o marcador. Na segunda tivo David outra boa e o equipo camariñán non entendeu un gol anulado en boca de gol tras unha peinada de De la Sierra. Mané tamén puido marcar pero intentou o máis difícil dentro da área pequena e foi substituido. Pombo apenas tivo traballo máis que dúas contras ao final do partido, e por parte local só se salvaron Maiklel e Josiño.

Malpica - Castriz (0-2)

  • Malpica: Suso; Charly, Víctor, Iago, (Casais, min.55), Marco, Ismael, min.Dourado, Andrés, David Blanco, (Gonzalo, min.81), Cheo, Manu Pardo, (Neucha, min.46).
  • Castriz: Ángel; Noly, (Rubén, min.70), Sergio Pose, Álex, Toniño, Alberto, (Bruno, min.90), Cilindro, (Torreira, min.86), Chinda, Sebas, (Dani, min.55), Mauri, Suso, (David Brenlla, min.65).
  • Goles: 0-1, min.38: Sebas a centro de Noli. 0-2, min.54: Suso aproveita un erro de Charly.
Continúa a súa escalada o equipo de Huelvis que sumou 4 vitorias e un empate nos últimos 5 partidos. Os xalleiros comezou contemporizando, cun Malpica que buscaba algo máis a meta visitante. Pero tras unha primeira parte igualada, o tanto de Sebas tras unha boa internadade Sebas ao fío do descanso matou o partido. Suso sentenciou á volta dos vestiarios aproveitando unh regalo de Charly e o Malpica intentouno pero sen demasiada fe. Neucha, de falta, o foi o único que levou perigo á meta de Ángel.

San Lorenzo - Ponteceso (1-2)

  • San Lorenzo: Recarey, Puñal, Dubra, Iván Rey, Fabián (Jorge Pichel, min.50), Anxo (Casillero, min.80), Álex, Cachizo, Javi Pensado (Quillo, min.46), Omar, Alexandre.
  • Ponteceso: Norber, Mario (Toniño, min.70), Fabián, David, Carlos Mato, Pablo, Dani, Roberto Ríos (Alfrediño, min.70), Bolón, Luisete (Velo, min.85), Nando (Adrián, min.80).
  • Goles: 0-1, min.35: Bolón; 1-1, min.50: Cachizo; 1-2, min.80: David.
  • Expulsións: o local Omar (min.81).
Non para este Ponteceso, e se hai un mes avisaba Berto que o seu equipo acadaría o liderato en 3 semanas, tan só fallou por unha. Onte tiña unha boa pedra de toque en Verdillo, ante un San Lorenzo moi irregular, capaz do mellor e do peor. E llo puxo difícil ao novo líder. Cachizo neuralizou o gol de Bolón na primeira metade e a segunda foi un encontro de ti a ti, con ocasións para os dous equipos. Foi David, xa contra o final, que marcou un gol que vale unha semana, polo menos, no máis alto da táboa.

O Pindo - Club do Mar (1-2)

  • O Pindo: Garrido, Pulpo, César, Miguel de Lira, Angel, Borja (Rafa), Edu (Rivas), Víctor (Javi), Cote, Aitor, Diego León.
  • Club do Mar: Iván, Chori, Luis, Jorge, Isaac (Brais, min.46), Manu, Jacobo, Corral, Fran Borrazás, Tonecho (Diego, min.85), Pablo Piñeiro (Juan Lareo mni .80).
  • Goles: 1-0, min.35: Víctor; 1-1, min.50: Pablo Piñeiro; 1-2, min.75: Brais.
Partido aberto o que prantexou ao Pindo e no que non se notou a diferencia na táboa. Na primeira estiveron ben os dous conxutos pero foi máis eficaz o equipo local, mentres que os caioneses malograron varias ocasións. Víctor adiantou aos locais antes do descanso, logo de que os locais protestaran un penalti por unha posible man dun defensa visitantes. Comezaron mellor na segunda os caioneses e xa marcou Pablo Piñeiro á volta dos vestiarios. E co 1-1 o equipo local protestou dous goles anulados, o primeiro nunha xogada na que o colexiado pitou saque de portería. Finalmente foi Brais o marcou para que o Club do Mar leve 3 puntos que lle permite seguir a 2 dous do liderato.

Buño - Corme (1-3)

  • Buño: Añón, Pancho, Diego, Lolo, José, Elías (Juan, min.46), Jorge, Emilio Martin, min.70), Fernando (Santi, min.70), Fran Martuxa (Brais, min.80), Berti.
  • Corme: Suso (Javi), Pandi, Rafa, Abel (Alejo), Adolfo, Martinciño, Alejandro, Martin, Xerpes (Pipo), Lucas (Gonzalo), Iago.
  • Goles: 1-0, min.50: Fernando tras unha contra de Fran Martuxa e Berti; 1-1, min.60: Alejandro de cabeza tras un córner; 1-2, min.70: Iago de penalti; 1-3, min.80: Iago de penalti.
Salvou o Corme un encontro vital para non pasar máis apuros. E deixa ao Buño agora a 3 puntos, en perigo e a tan só 3 puntos do Porteño. O encontro estivo dominado polo Buño na primeira metade. Berti, que debutaba co Buño trala recentemente fichaxe da SD Sofán tirou a pao de e antes xa tivera unha ocasión só diante do porteiro. Pero non aproveitou o Buño as ocasións na primeira. A segunda comezou cunha contra local na que Berti estreou o seu tabloeiro. Pero reaccionou o Corme. Suso meteu 3 defensas e encerrou ao equipo de Pablo Mallón que non puido manter o envite e recuou, ademais de acusar un serio baixón físico. Os goles do Corme chegaron a balón parado. Primeiro Alejandro aproveitou un despiste na marcaxe e empatou á saída dun córner. E despois, Iago marcou dous tantos dende os 11 metros demostrando que volve ter o gatillo listo.

Vimianzo - Sofán (0-0)

  • Vimianzo: Damián, Maikol, Amarelle (Sergio de Dumbría, min.74), Iván de Treos, Sergio de Quintáns, Martín, Iván de Baiñas, Diego (Sergio Vilaseco, min.56), Lagoa (Manacas, min.69), Arán e Pablo Santacristiña.
  • Sofán: Costa, Roberto, Gustavo, Juanjo, Miniño, Manolo Varela (Pizo, min.65), Alemán (Gende, min.76 (Carlos, min.91)), Adrián, Gustavo, Diego e Mario.
A dimisión do Juan Jesús esta semana deixou orfo o banquillo local e o sábado o xogador Lagoa e o presidente Julio fixéronse coa dirección do mesmo que se vai prolongar, posiblemente ata final de tempada. Asociada a dimisión de Juan Jesús, tamén van as baixas do preparador físico Javi e os xogadores Santi, Javi Marroco, Mario e o meta Rafa. Pese a todos estes contratempos o equipo vimiancés mostrou a súa cara máis batalladora e base dunha forte defensa acadou un punto ante un Sofán con moitas baixas e que tampouco creou moitas ocasións de gol. A mellor ocasión para os de Carballo estivo nas botas de Diego que rematou no segundo pau libre de marca un centro e mandou o balón ao longueiro, corría o minuto 48 e tres máis tarde Gustavo lanzou unha falta que o meta Damián nunha boa intervención sacou unha man providencial para mandar a córner un balón que se colaba preto da cepa do pau. Os locais volveron a mostrar un partido máis as carencias que teñen en ataque e apenas crearon boas ocasións de gol e as xogadas de perigo viñeron todas de xogadas a balón parado, ben de saques de esquina ou de faltas. Ao final un reparto de puntos que non deixa contentos a ningún dos dous equipos, pois permite que se abra unha brecha maior cos seus rivais, o Sofán na loita polos postos de ascenso e o Vimianzo polos de descenso.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios