O Xadrez invadiu o Centro Comercial

Fantástico ambiente no Torneo de Xadrez no Centro Comercial Finis Terrae de Cee

Menuda festa do xadrez acolleu este pasado sábado o Centro Comercial Finis Terrae de Cee. Rapaces chegados do Club Xadrez Cabo Touriñan de Muxía, de Baio da man de Pablo Mira, da ”APA" Barcoma do CPI A Picota de Mazaricos e do Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee, disfrutaron dun fantástico torneo cheo de emoción e deportividade.

Houbo rivalidade, pero o mais importante é disfrutar deste deporte en auxe entre os pequenos da comarca, gracias ao traballo da xente do Touriñán.

O menos importante son os resultados, pero houbo dous equipos que destacaron. Os anfitrións do Manuela Rial quedaron campións en categoría Benxamín e en categoría Feminina. Mentres o organizador Cabo Touriñán levou os títulos de campión Infantil e Alevín.

Todos levaron agasallos e unha boa aprendizaxe.

Familia do Xadrez do Manuela Rial de Cee
Algúns dos campións do Torneo de Xadrez do CCFinisterrae con Pablo Mira

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).