Xuvenil Norte: O Zas descólgase e a liga é cousa de dous

A Liga Xuvenil Norte será cousa de dous. Dumbría B e Corme disputaranse a liga tras a relaxación dun Zas que ademais ten que ceder ante as necesidades do primeiro equipo. Para este mércores 8 de decembro, Cabana e Dumbría B adiantan a xornada 14 e disputarán o encontro nas Redondas a partir das 16:30h.

Dumbría B - Bergantiños B (2-0)

  • DUMBRÍA B: David, Rober, Joaquín (Andi, min.65), Toja, Yeray, Cote, Josiño, Riki, Jesús, Rodri e Mario.
  • BERGANTIÑOS B: Bugui, Styven (Miguel Vázquez, min.50), David, Iván, Martín, Javi Varela, Pablo, José Manuel, Eliseo (Omar, min.68), Javi Martínez e Adrián (Miguel Figueiras, min.75).
  • Goles: 1-0, min.15: Rodri; 2-0, min.80: Mario tras un rexeite a tiro de Rodri.
A pesar das baixas, o mal tempo e que se xogou de noite tralo partido do equipo da Liga Sur, o Dumbría non fallou ante un correoso Bergantiños B. Xogou a refachos o equipo de Nando ante un Bergantiños que defendeu moi ben agás nos dous goles nos que a defensa puido facer algo máis. Os de Gueli, que tamén tiñan a enfermería chea con ata 5 xogadores con gripe, tentaron saír á contra pero seguen a fallar na puntería.

Ponteceso - Malpica (3-3)

  • PONTECESO: Guille; César, Baneira, Ventura, Fabián, Dani Cotelo, Valiña, Jorge, Puente, Kevin e Yoni.
  • MALPICA: Pablo; Quintas, Jorge, Pepis, Javier, Eme, M. Maradona, Eloy, Camilo, Guille (Lexi, min.53) e Juny (Joro, min.61).
  • Goles: 1-0, min.11: Puente de falta directa; 1-1, min.19: Camilo; 1-2, min.26: Guille de forte tiro ao recoller un rexeite da defensa local; 2-2, min.28: Kevin, de falta directa; 3-2, min.57: Kevin chuta, o balón pega nun defensa malpicán e descoloca a Pablo; 3-3, min.85: Martín Maradona, aproveita un erro do meta local.
Volveron os malpicáns a dar a de area no campo de “O Pinguel”, ante o colista, pois foron numerosas as ocasións que desperdiciaron ante o portal de Guille. Froito delo, só acadaron un empate que sabe a pouco, pero que lle serve para sumar.

Muxía - Coristanco (4-2)

  • MUXÍA: Cristian, Martín, Fabián, Antonio, Fran Bello, Pereira, Alberto, Pesqui, Julián, Fran e Felipe.
  • CORISTANCO: Gabriel (Fabian, min.55), Juan (Golpe, min.50), Martínez, Reborido, Pallas, Pita, Gonzalo, Sergio, Pazos, Dani (Diego, min.55) e Pose (Alejandro, min.50)
  • Goles: 1-0, min.10: Pesqui; 1-1, min.20: Pose; 2-1, min.30: Martín; 3-1, min.50: Felipe; 3-2, min.65: Pazos; 4-2, min.91: Julián.
Non estivo o Coristanco moi metido no partido e deixou as cousas moi doadas para o Muxía que tan só viu un pouco de empuxe do rival nos últimos minutos do encontro. O xogador de campo Reborido tivo que acabar na portería tras a lesión de Gabriel.

Zas - Cabana (1-1)

  • ZAS: Iván, Esteban (Baña), Capote, Oli, Iago, Ramón, Rony, Esteban de Baíñas, Pastor, Isma e Adri.
  • CABANA: Sergio, Oscar, Ismael, Manuel, Chuki, Alex García (Amable, min.60), Alex Mato, Diego Varela (Robson, min.85), Jose (Marcos, min.70), Miki e Pacxel (Nacho, min.80).
  • Goles: 0-1, min.35: Miki; 1-1, min.60: Isma.
O Zas sumou o seu cuarto partido consecutivo sen gañar, un balance de tres empates e unha derrota alónxano definitivamente pola loita da liga que se queda na mans de cormeláns e dumbrieses. Ademais o clube da Liga da Costa precisa dos mellores homes de xuvenís netsas datas por mor das baixas. O sábado o Zas saíu en todo momento polo partido, pero o Cabana estivo moi ben en defensa e coincidiu poucas ocasións de gol. Miki cun lanzamento dende fóra da área adiantaba no primeiro tempo aos cabaneses. O empuxe local foi maior no segundo tempo, e ao pouco de saír do vestiario conseguiron empatar. Os pupilos de Severino tiraron dous balóns aos paus, un en cada metade. O visitante Marcos tivo nos seus pés a vitoria a piques do final.

Corme - Camariñas (8-1)

  • CORME: Javi, Joshua (Mauro, min.46), Pejo, Jesús, Chino, Pandi, Martín, Lucas, Dani, Darío e Juanma (Jorge, min.46).
  • CAMARIÑAS: Alvaro, David, Diango, Cris, You, Martín, Manu, Tajes, Víctor, Nené e Yuyu. Tamén xogaron Jose Carlos, Juan Carlos, Bieito e Alberto.
  • Goles: Polo Camariñas marcou Jose Carlos; Polo Corme marcaron Darío (4), Brais, Pandi (2) e Lucas.
  • Expulsión: O visitante Nené (min.65).
Pouco que contar dun encontro con claro sabor local de principio a fin.

Crónicas da Liga Xuvenil Norte

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Colabora o Blog do Malpica de Luís Porto.
  • Fotos do Dumbría B - Bergantiños B de Luis Alberto Sambad.