Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Corme e Dumbría B quédanse sós

Xuvenil Norte: Corme e Dumbría B quédanse sós
Xornada 12 e se polo sur a Liga e cousa de dous, no norte igual. Dumbría B e Corme decidiranse case que con toda seguridade o título tras manter un ritmo tremendo, que non pode manter o Zas. Un Zas que non pasou do empate nas Eiroas nun encontro, como en moitos esta semana, no que o colexiado foi o protagonista. A verdade é que en conxunto, as expulsións e as tanganas empañaron a xornada.

Malpica - Corme (1-3)

  • Malpica: Víctor; Quintas, Jorge, Pepis, (Joro, min.46), Javier, Luísma, (Guille, min.56), min.Maradona, Eme, Juny, (Fenosa, min.73), Lexi, Eloy, (Camilo, min.46).
  • Corme: Javi; Mauro, Jóshua, Pandi, Jesús, Jorge, Darío, (Chino, min.80), Martín, Juanma, Lucas, Dani, (Fran, min.87).
  • Goles: 1-0, min.30: Eme, tras un saque de curruncho botado por Lexi. 1-1, min.32: Lucas tras centro de Dani; 1-2, min.49: Juamma aproveita un despiste defensivo; 1-3; min.94: Juamma tras un saque de curruncho botado por Lucas.
Bonito derbi en Pedra Queimada entre dous equipos que se coñecen moi ben e que gustan de enfrontarse. Tras unha semana quentiña (no bo sentido da palabra) a través do Tuenti, xogadores dun e doutro equipo saíron ao campo a por todas, e malia que a superioridade dos visitantes se fixo patente, os mapicáns venderon a súa pel ben cara. De feito, puxéronse por diante os locais, pero de contado, o primeiro despiste defensivo da tarde no bando local permitiulle a Lucas facer o empate. Foi ao comezo da segunda cando Juanma volvía aproveitar o desconcerto malpican para poñer por diante aos cormeláns. Toda a segunda metade o marcador quedou así, na que ningún dos dous equipos apretaron demasiado. Juanma sentenciou no desconto.

Coristanco - Ponteceso (2-0)

  • Coristanco: Gabriel, Juan, Fabián, Martínez, Pichel (Reborido, min.50), Sergio, Gonzalo, Pose (Megatone, min.55), Pazos, Alejandro (Golpe, min.75), Pita (Daniel, min.80).
  • Ponteceso: Guille (Anxo, min.80), César, Ventura, Baneira, Fabián, Johni (Mendieta, min.80), Fede (Kevin, min.67), Recarey (Bryan min.55), Puente (Diego, min.85), Alberto, Jorge.
  • Goles: 1-0, min.20: Pazos de falta; 2-0, min.70: Gonzalo dende fóra tras rebotar nun defensa.
Partido moi igualado no que a maior pegada dos locais decidiu para onde marcharon os 3 puntos. Por momentos o Ponteceso intentaban tocar máis pero falta gol no equipo de Marco está sendo un verdadeiro lastre. Pazos adiantaba aos de Lorenzo aos 20 minutos, pero respondía o Ponteceso con ocasións claras. Puente probaba dende fóra, Fede dende o laterál e Alberto facía lucirse a Gabriel. Pero as xogadas máis claras chegaron tras un córner nos que nin en 3 ocasións os visitantes foron quen de marcar. Na segunda, o Ponteceso seguiuno intentando pero nin Fabián, nin Ventura de falta, acertaron. Gonzalo, cun pouco de sorte, sentenciaba o choque deixando que os últimos 20 minutos ervisen para dar minutos aos menos habituais.

Cabana- Muxía (2-3)

  • Cabana: Sergio, Oscar, Ismael (Nacho, min.80), Chuki, Alex Mato, Diego (Marcos, min.75), Alex (Amable, min.57), Carlos, Miki, Jose (Robson, min.65).
  • Muxía: Cristian, Fabián, Antonio, Martín, Fran Sambad, Javi, Pereira, Alberto, Julián, Iván Lagoa, Pesqui. Tamén xogaron: Fran Bello, Felipe.
  • Goles: 1-0, min.16: Diego Varela; 1-1, min.40: Iván Lagoa; 2-1, min.55: Álex; 2-2, min.65: Fabián; 2-3, min.70: Iván Lagoa.
  • Expulsión: Alberto por doble cartón.
Comezou o Cabana controlando o balón, pero pouco a pouco foi desinflándose. Os muxiáns, moi efectivos a balón, ían anulando as vantaxes locais, e no treito final do partido fixéronse co mando e coa vantaxe no marcador. Ao final houbo unha tangana entre afeccionados e xogadores, que non é positiiva e menos nunha categoríade fútbol base. Ao final, malia que a cousa non foi con el, o colexiado pediu que chegase a Garda Civil. Agardaremos ao parte de sancións para saber as consecuencias da tangana xa que o colexiado avisou de que ía escribir un Anexo.

Baio - Dumbría B (0-4)

  • Baio: Guillermo, Manuel (Angel Canario, min.60), Pardo (Vereda, min.75), Pablo, José Manuel (Marcos, min.80), Fachal, Iván, Rafa, Bieito, Valentín (Edgar , Martín (Erik, min.50).
  • Dumbría B: David, Joaquin, Andi, Toja, Rober, Riki (Tono, min.75), Cote, Jesús (Duarte, min.60), Josiño, Yeray (Roi, min.46), Mario.
  • Goles: 0-1, min.15: Mario de penalti sobre Yeray; 0-2, min.40: Toja de córner; 0-3, min.60: Riki de cabeza; 0-4, min.70: Duarte.
  • Expulsión: Os locais Pablo (no min.15 no penalti inicial), a Bieito, Angel Canario e o míster Nacho; e ao dumbriés Duarte no min.80 por revolverse nunha xogada.
Xa se lle puxo de cara o encontro ao líder nunha xogada moi protestada polos locais que rematou en penalti e con Pablo nos vestiarios. De feito, os locais protestaron a actuación arbitral sobre todo nos primeiros minutos, que condiciounou o choque. Xa antes do dencanso Toja sentenciaba á saída dun córner e os baises baixaron os brazos. Tería sido mellor que a segunda metade non se xogase porque só valeu para que colexiado tomase o protagonismo con 3 expulsados máis.

Bergantiños B - Zas (1-1)

  • Bergantiños B: Bugui, Styven, David, Iván, Martín (José Manuel, min.46), Javi Varela, Cedei (Javi Castro, min.698), Antonio, Eliseo, Toni (Cristian, min.88), Miguel (Omar, min.62).
  • Zas: Iván, Amado, Oli, Iago, Ramón (Francés, min.29) (Baña, min.60), Víctor, Rony, Jorge, Pastor, Isma, Kevin (Esteban).
  • Goles: 1-0, min.12: Eliseo de penalti; 1-1, min.92: Víctor.
  • Expulsións: o xogador zaense Amado tras parar un gol coa man e no min.80 a Jorge; e ao míster Severino.
  • Lesión: o zaense Ramón.
Partido vibrante nas Eiroas que se puña moi de cara para os locais aos 10 minutos. paraba o balón coa man cando entraba a gol e o colexiado sinalaba penalti e expulsión. Eliseo marcaba para os de Gueli. O Zas non se amilanou e aínda con 10, foron moito mellores, demostrando a diferencia entre a veteranía dos seus xogadores conra a inexperiencia dos carballeses, case todos de primeiro ano. De feito, o meta local Bugui foi o mellor do partido, parando goles cantados de Rony e de Kevin. Pero a actuación arbitral foi determinante para manter ao Zas en inferioridade. Víctor, iso si, conseguiu o empate para os de Severino, que tamén acabou expulsado polas súas protestas.

Crónicas da Liga Xuvenil Sur

Crónicas da Liga Xuvenil Norte

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios