mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenil Norte: Só o Corme aproveita o descanso do Dumbría B

Xuvenil Norte: Só o Corme aproveita o descanso do Dumbría B
O dencanso do líder, o Dumbría Bn, só foi aproveitado polo Corme, que gañaba con comodidade en Coristanco. O encontro da semana foi precisamente ese empate no derbi zanese,que deixa aos de Severino a 4 puntos do Corme e a 6 do Dumbría B. Para a semana os 3 de arriba terano difícil. O Dumbría B visita o campo do Baio, onde os de Nacho poranllo moi complicado. Pola súa parte o Zas ten cita nas Eiroas, e o Corme terá un duro derbi ante o Malpica, derbi que xa están quentando os cogadores de ambos equipos através da rede, como vemos na foto dos dous capitáns que sacamos do Tuenti. Animamos aos xogadores, adestradores, seguidores... dos equipos da bisbarraa que nos manden as fotos dos encontros, para poder chegarmos a todos os campos.

Cabana - Ponteceso (5-2)

  • Cabana: Sergio, Oscar (Amable, min.63), Pazos, Chucki, Manu, Alex Mato, Alex García (marcos, min.57), Diego (Robson, min.65), Carlos, Miki, Jose (Paxel, min.62).
  • Ponteceso: Guille, Diego (Diego, min.80), Jonathan, Recarey (Brian, min.60), Fabián, Ventura (Kevin, min.55), Fede (Borja, min.46), Puente (Alberto García, min.75), Jorge, Dani, Alberto Valiña.
  • Goles: 1-0, min.5: Carlos de cabeza a centro de Manu 2-0, min.16: Jose de rebote; 2-1, min.47: Puente de falta 3-1, min.55: Miki regatea a 4 rivais e marca; 4-1, min.60: Carlos de xogada individual; 5-1, min.65: Carlos de cabeza a centro de Manu 5-2, min.80: Diego.
Partido dominado polo Cabana que se adiantou pronto no marcador cun gol de cabeza de Carlos. O Ponteceso buscaba facer dano á contra pero a meta de Sergio Fariña non sufríu demasiado. Jose fixo o segundo para os de José Manuel Vázquez tras un erro no despexe de Guille. Recurtou o Ponteceso á volta do descanso por medio de Puente. Parecía que reaccionaban os de Marco pero Miki, nunha boa xogada individual cortou os folgos visitantes. Carlos, que completou o hattrik, pechou o partido.

Baio - Zas (3-3)

  • Baio: Angel Canario, Erik (José Manuel, min.55), Maikel, Pardo, Pablo, Rafa, Fachal, Valentín, Manuel, Bieito (Edgar, min.75), Martín (Iván, min.65).
  • Zas: Iván, Ramón, Capote, Amado, Iago, Oli, Rony, Jorge (Pastor, min.75), Adri, Isma, Vitor (Kevin, min), .
  • Goles: 0-1, min.10: Jorge; 1-1, min.20: Valetín; 2-1, min.25: Valentín; 3-1, min.30: Bieito; 3-2, min.50: Pastor tras rexeite do porteiro; 3-3, min.55: Pastor.
  • Expulsión: Maikel por parte baiesa e por parte zaense Adrián no treito final.
Gran ambiente no derbi zaense, que rematou sendo un derbi con todas as letras. O Baio acodía con baixas e ata xogou o Canario, xogador de campo, de porteiro. Adiantouse o Zas por medio de Jorge pero en 10 minutos o Baio dáballe a volta ao marcador. Na segunda colleu o Zas a manixa ata o empate, e aí foi cando de novo espertou o Zas. Ao final puido gañar calquera e o Biao marrou un man a man e os dianteiros do Zas mandaron un balón ao pao.

Coristanco - Corme (1-4)

  • Coristanco: Rubén (Gabriel, min.46), Martínez (Golpe, min.80), Pichel, Juan (Diego, min.85), Fabián, Sergio, Pita, Gonzalo, Pazos, Pose (Megatone, min.65), Alejandro (Pallas, min.60).
  • Corme: Javi, Mauro (Yoshua, min.60), Chino (Juanma, min.70), Pandi, Jesús, Martín, Pejo (Antonio, min.75), Dani Coello, Darío, Lucas, Alejo.
  • Goles: 1-0, min.20: Gonzalo; 1-1, min.60: Martín; 1-2, min.62: Pejo; 1-3, min.65: Pandi; 1-4,min.70: Juanma.
Aguantou o equipo de Lorenzo as embestidas inicias deste forte Corme, pero en canto se pon mans á obra este equipo é letal. O Coristanco marcou na primeira metade e gardou a roupa. O Corme tocaba eo intentaba pero non chegaba o gol. Ata que chegou, e o fixo por 4 veces en tan só 10 minutos. Un par de despistes da zaga local acabou co partido.

Malpica - Camariñas (2-1)

  • Malpica: Víctor; Fenosa, (Javier, min.84), Jorge, Pepis, Eme, Luísma, min. Maradona, Quintas, Juny, Eloy Camilo, (Lexi, min.59).
  • Camariñas: Álvaro; Bieito, Joan, Cris, Diango, Ismael, Tajes, Víctor, Martín, Jesús, (Yago, min.69), José Manuel.
  • Goles: 1-0, min.2: Maradona tras un bo pase en profundidade de Luisma. 1-1, min.83: Diango, bate ao porteiro local Víctor, tras recoller un rexeite do longueiro a remate de cabeza de Tajes. 2-1, min. 85: Eme de penalti, por mans dun defensor camariñán ao cortar un perigoso centro de Juny.
Tarde de cans en Pedra Queimada á que se adaptaron mellor os xogadores locais. Na primeira metade o Malpica puido sentenciar o partido pero tralo inicial gol de Maradona, Álvaro desbaratou as ocasións de Maradona, Juny e Eloy. O Camariñas foise metendo no partido e na segunda metade levou o peso do encontro, aproveitando a debilidade física local. Conseguía facer o máis difícil, o equipo de Antelo, que era empatar a falta de menos de 10 para o final por medio de Diango. Pero unhas mans 2 minutos despois daban a oportunidade ao Malpica de sentenciar dende os 11 metros. Eme non marrou e os puntos quedaron na casa.

Bergantiños B - Muxía (5-0)

  • Bergantiños B: Bugui (Gabriel, min.75), Styven, David, Martín (Iván Calvo, min.80), Jose, Cebei, Toni, Antonio, Eliseo (Cristian, min.70), Pablo (Javi Castro, min.50), Miguel (Omar, min.65).
  • Muxía: Cristian, Antoniño, Fabián, Denís, Martín, Eli, Alberto, Fran Sambad, Julián, Iván Lagoa, Ismael Caamaño. Tamén xogaron Pesqui, Fran Bello, Felipe.
  • Goles: 1-0, min.15: Miguel: 2-0, min.50: Eliseo; 3-0, min.55: Eliseo; 4-0, min.65: Eliseo; 5-0, min.80: Cristian.
Impracticable estaba terreo de xogo no campo de arriba das Eiroas. E aí residiu a clave do partido, xa que o equipo de Gueli adaptouse mellor as condicións, e fixeron un xogo máis práctico, sen conducir, sen pases cortos, mentres que o Muxía intentaba xogar por abaixo. Na primeira metade aguantou o equipo de Estanislao, pero xa na segunda os locals chegaron con máis claridade e sentenciaron o choque.

Crónicas da Liga Xuvenil Sur

Crónicas da Liga Xuvenil Norte

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios