Os alevíns do Manuela Rial, campións provinciais de Xadrez

As alevíns do Manuela Rial Mouzo de Xadrez (falta Adriana)

Menuda canteira a do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee. Atletismo, volei, fútbol sala… e agora tamén xadrez. Despois de arrasar na Fase Comarcal, o equipo alevín do Manuela Rial acadou o campeonato provincial ao gañar 8.5 a 7.5 ante o Boveda da Coruña, no campionato provincial disputado este sábado en Elviña (A Coruña).

O equipo composto por Lian Blanco, Adriana Castiñeira, Daniela Alves, Antia Lagoa, Alba Insua e Marta Vérez co adestrador Vinicio Mejuto xogaron a final a catro rondas ante o equipo coruñés.

Venceron na primeira ronda por 3-1, empataron na segunda 2-2 e volveron a gañar na terceira por 3-1.

Con este resultado xa aseguraban o campeonato e na derradeira ronda deixáronse levar e perderon por 0.5-3.5.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).