Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3x3 da Cherinkas

Tralo Maratón de Futbol Sala de Baio, imos ata Vimianzo para ver como foi o Maratón de fútbol 3x3 organizado por AX Cherinkas este pasado sábado. Un Maratón ademais solidario, polo que a recadación (220 Euros) foi entregada a Plataforma Solidaria das Asociacións do Concello de Vimianzo.

Participaron un total de 19 equipos dende A Laracha ata Cee, pasando por Carantoña, Dumbría, Baiñas, Vimianzo e Camelle. Houbo un gran nivel de equipos e ao final a veterania dos Penélopes (Costa, Juan Obello, Fran Pioto, Javi Jemisa e Bruno) impúxose a xuventude da Pocha (Chuchi, Cristian Canosa e Chans) e leváronse a IV edición dun torneo que cada ano gusta máis. Terceiro clasificado quedou Urroa e cuartos Laracha.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).