Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Maratón de Futbol Sala de Baio

Maratón de Futbol Sala de Baio
O Cafetería JB proclámase campión do Maratón de futsal de Baio nos penaltis.
Esta pasada fin de semana celebrouse no pavillón municipal de Baio, un maratón de fútbol sala organizado, de maneira extraordinaria, polos alumnos de 4º de ESO do instituto Maximino Romero Lema para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.
A pesar de que os días 21 e 22 houbo competición ligueira nas distintas divisións do fútbol costeiro, puidemos ver un nivel bastante aceptable nos diferentes equipos participantes.
Finalmente serían os malpicáns do Cafetería JB e os carballeses do Dolce&Café os que se disputarían o título, logo de eliminar aos zasenses do Vodka Juniors e os ceenses do Boxton United, respectivamente.
Crónica da final: Cafetería JB 1 – 1 Dolce&Café (Penaltis: 6 – 5)
Cafetería JB: Ángel, Camilo, Uru, Eloy e Aitor. Tamén xogaron: Diego e Brais.
Dolce&Café: Sergio, Dani, Jorge, Iván e Miki. Tamén xogaron: Pablo, David e Dani Mato.
Árbitros: Marcos e Andrés. Estiveron ben na súa labor.
Goles: 0-1 m.7: Miki cun gran lanzamento cruzado. 1-1 m.12: Eloy transforma un penalti cometido sobre Diego.
Partido igualado en canto a xogo o que puidemos ver sobre a pista do pavillón municipal de Baio pero non en canto a ocasións, xa que os carballeses contaron con varias opcións claras de gol que non foron quen de materializar e finalmente cumpriuse o refrán: “ Quen perdoa, acaba pagando”.
Comezarían adiantándose os brancos cun gran gol de Miki cun bo lanzamento cruzado que sorprendería ao porteiro malpicán, Ángel. Cinco minutos despois empataría o conxunto de Malpica, tras un penalti cometido por Jorge sobre Diego, que transformaría Eloy.
Na segunda metade, o partido sería de ida e volta con Sergio e Ángel como espectadores de luxo xa que non tuveron demasiado traballo. Co 1 a 1 tras o pitido final chegaríamos á tanda de penaltis, donde estarían máis acertados os vermellos para levarse o triunfo final.
O Cafetería JB proclámase campión do Maratón de futsal de Baio nos penaltis.Esta pasada fin de semana celebrouse no pavillón municipal de Baio, un maratón de fútbol sala organizado, de maneira extraordinaria, polos alumnos de 4º de ESO do instituto Maximino Romero Lema para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.A pesar de que os días 21 e 22 houbo competición ligueira nas distintas divisións do fútbol costeiro, puidemos ver un nivel bastante aceptable nos diferentes equipos participantes.Finalmente serían os malpicáns do Cafetería JB e os carballeses do Dolce&Café os que se disputarían o título, logo de eliminar aos zasenses do Vodka Juniors e os ceenses do Boxton United, respectivamente.Crónica da final: Cafetería JB 1 – 1 Dolce&Café (Penaltis: 6 – 5)Cafetería JB: Ángel, Camilo, Uru, Eloy e Aitor. Tamén xogaron: Diego e Brais.Dolce&Café: Sergio, Dani, Jorge, Iván e Miki. Tamén xogaron: Pablo, David e Dani Mato.Árbitros: Marcos e Andrés. Estiveron ben na súa labor.Goles: 0-1 m.7: Miki cun gran lanzamento cruzado. 1-1 m.12: Eloy transforma un penalti cometido sobre Diego.Partido igualado en canto a xogo o que puidemos ver sobre a pista do pavillón municipal de Baio pero non en canto a ocasións, xa que os carballeses contaron con varias opcións claras de gol que non foron quen de materializar e finalmente cumpriuse o refrán: “ Quen perdoa, acaba pagando”.Comezarían adiantándose os brancos cun gran gol de Miki cun bo lanzamento cruzado que sorprendería ao porteiro malpicán, Ángel. Cinco minutos despois empataría o conxunto de Malpica, tras un penalti cometido por Jorge sobre Diego, que transformaría Eloy.Na segunda metade, o partido sería de ida e volta con Sergio e Ángel como espectadores de luxo xa que non tuveron demasiado traballo. Co 1 a 1 tras o pitido final chegaríamos á tanda de penaltis, donde estarían máis acertados os vermellos para levarse o triunfo final.

Comentarios