Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3x3 da Cherinkas
19:38 29/12/13
Tralo Maratón de Futbol Sala de Baio, imos ata Vimianzo para ver como foi o Maratón de fútbol 3x3 organizado por AX Cherinkas este pasado sábado. Un Maratón ademais solidario, polo que a recadación (220 Euros) foi entregada a Plataforma Solidaria das Asociacións do Concello de Vimianzo.
Participaron un total de 19 equipos dende A Laracha ata Cee, pasando por Carantoña, Dumbría, Baiñas, Vimianzo e Camelle. Houbo un gran nivel de equipos e ao final a veterania dos Penélopes (Costa, Juan Obello, Fran Pioto, Javi Jemisa e Bruno) impúxose a xuventude da Pocha (Chuchi, Cristian Canosa e Chans) e leváronse a IV edición dun torneo que cada ano gusta máis. Terceiro clasificado quedou Urroa e cuartos Laracha.
Novas relacionadas
- As asociacións de Vimianzo únense nunha Plataforma Solidaria.
- Maratón de Futbol Sala de Baio.
- Xa temos o primeiro Álbum completo en Vimianzo.
- Dafit márcanos un reto.
- A Cherinkas na Gala do Álbum.
- A lenda da petanca da Cherinkas continúa a golpe de torneo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).