Os Sénior do ACB verán a última xornada dende o máis alto

Tras un duro encontro ante o Basket Coruña, os Séniors de Cee puideron adicarlle a importante vitoria á preciosa recen nacida Carla. Deste xeito, o ACB segue invito na casa, e recuperou o basketaverage que perderan no partido da Coruña. Así, a falta da última xornada, na que teñen descanso, lideran a clasificación xeral do grupo.

4ª División Sénior Masculina

  • Resultados: ACB COSTA DA MORTE - BASKET CORUÑA VINTAGE 67 (57-45).
  • ACB: Mario (6), Iván (10), Manu (11), Sergio (3), Tinín (4), Lucas (8 - 2 triplas), Pais (15).

Partido difícil o desputado no pabellón de Cee, un principio irregular do equipo local fixo sacar a forza como grupo, o que lles dou a vitoria final. A diferencia de 10 puntos colleitada no principio do primeiro cuarto quedouse en prácticamente nada ó descanso. O equipo visitante, experimentado nestas lindes, aproveitou a suas virtudes no bloqueo directo e ó descanso o partido estaba so seis puntos arriba para o equipo de Cee.
No terceiro cuarto a cousa cambiou, unha boa defensa e acerto no poste baixo de Pais e Iván, fixo que se anotaran 24 puntos nun só cuarto, o mesmo que en toda a primeira parte. Pero no último cuarto e equipo do Basket Coruña nunca se rendeu e a falta dun minuto a diferenza era de só 7 puntos, un triple de Lucas e un contraataque seu puxo a diferencia final nun partido moi interesante e desputado.

2ª División Cadete Masculino

  • Resultado: BASKET CORUÑA - ACB COSTA DA MORTE (51-44).

Partido complicado desputado no pabellón de Riazor. Un rival superior físicamente fixo que os de Cee foran perdendo ó descanso cunha desvantaxe de 17 puntos. Na segunda parte o equipo mellorou sustancialmente gracias a unha defensa moito mas agresiva. A falta de tres minutos un triple e unha canasta levou a igualdade do partido á prorroga. Aí o equipo local aproveitou o esforzo dos de Cee, as expulsioós de Cristian e de Diego mermaron o equipo da costa e finalmente perderon o partido.

2ª División Infantil Masculino

  • Resultado: CB FERROL - ACB COSTA DA MORTE (57-10).
Partido complicado o presentarse tan só 3 infantís e dous da categoría alevín. A segunda parte foi boa, con boa circulación de balón e mellor defensa. Aguantaron o chaparrón do equipo rival que aparte de ser superior físicamente contaban con 12 efectivos.

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: ENSINO LUGO - ACB COSTA DA MORTE (41-40).

Partido onde a lamentable arbitraxe destouco por encima dun partido emocionante ata o último momento. O partido comezou co dominio do equipo ceense ante o equipo líder e con mais calidade da liga. Hasta o descanso as visitantes gañaban cunha ventaxa de 10 puntos. Entón aí apareceu a arbitraxe claramente ó favor do equipo local, técnicas, faltas en todas as xogadas, e incluso decisións imposibles como é a de darlle o balón ó equipo que acaba de anortar argumentando o equipo que si que tiña que sacar dicindo "yo no te mande sacar". O dato foi que as nosas recibiron 28 faltas en contra e só lles pitaron 8 a favor. As ceenses quedan terceiras do grupo sen posibilidade de loitar no playoff polo ascenso. O equipo vaise ca cabeza moi alta e competindo en tódolos encontros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Notas de prensa do ACB Costa da Morte.