Mércores. 01.05.2024
El tiempo

As Junior do ACB gañan nun final de infarto e seguen pensando no Ascenso

As Junior do ACB gañan nun final de infarto e seguen pensando no Ascenso
Xogadores do ACB Costa da Morte-Foto-Andrea Chasco

Nova xornada para o baloncesto costeiro, con especial protagonismo das Junior do ACB, que vencían sobre a bocina e continúan coa cabeza posta no ascenso.

2ª División Junior Femenina

  • Resultado: ACB Costa da Morte - Calasancias (47-45)

Partido correspondente á liguiña de ascenso a Liga Galega. Partido igualadísimo o disputado no pabellón municipal de Cee, as xogadoras de Pais puxéronllo moi difícil ás sempre perigosas xogadoras do Colexio Calasancias. E foi un final de infarto. A falta de tres segundos o partido estaba empatado a 45. Pais pide tempo morto para efectuar a xogada hacia a que no partido estaba sendo a mais acertada, Fani, e esta non defraudou… divide a zona, entra a canasta entre todas as xogadoras e consegue a canasta da vitoria no último segundo.

Gran partido das locais, na que Fani destacou con 26 puntos pero no que todas aportaron moitisimo e xogaron a gran nivel, sobre todo cunha gran defensa na segunda parte. Noraboa as rapazas que seguen cas opcions intactas para conseguir o ascenso.

2ª División Cadete Masculina

  • Resultado: Basket Coruña - ACB Costa da Morte (79-49)

Mal partido dos xogadores de George que acusaron o desprazamento a Coruña. O equipo local foi moi superior durante todo o encontro e non dou ningunha posibilidade de reacción durante todo o encontró.

2ª División Infantil Masculina

  • Resultado: Ferroatlantica Costa da Morte - Electrorayma Naron (18-56).

Mal partido dos rapaces do infantil masculino que no puderon plantar cara a un rival moi superior.

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: C.B Laracha - Ferroatlantica Costa da Morte (16-42).

Gran partido das pequenas féminas do ACB que se sobrepuxeron á derrota da semana pasada e se impuxeron na sempre difícil cancha de Laracha.

  • Resultado: ACB Costa da Morte - C.B Culleredo (38-35).

Partido moi igualado no que as nosas rapazas sacaron a coraxe que temos todos nesta zona e gañaron o encontro a poucos segundos do final. Manteñense na zona alta da clasificación sendo un equipo moi incomodo, e que da moitos problemas a todos os equipos aos que se enfrenta.

2ª División Sénior Femenina

O choque entre o C. B Sarria e Estación de Servicio Bazarra Acb Costa da Morte foi aplazado por falta de xogadoras no equipo visitante.

4ª División Senior Masculina

O equipo ten dúas semanas de descanso ata que comeze a segunda fase da liga provincial, que enfrentará o equipo do ACB contra equipos da Coruña e Ferrol.

2ª División Sénior Masculina

  • Resultado: Carballo Basket - CDR Ferrol (69 - 53).
  • Carballo Basket: Fabian (8), Hector (8), Fran (6), Abrahám (9), Roi (5), Juan (baixa), Tato (9), Luís (14), J. Argüelles (10)

Un paso máis do equipo senior, que sigue lastrado polas lesións (Juan sigue sendo baixa), sendo de moito mérito a entrega dos xogadores, máis agora con un plantel máis corto. Superaron sen deficultade ao CDR Ferrol, equipo moi xoven, grazas oa traballo en defensa e á boa lectura de oportunidades no campo de ataque. Pasado o primeiro cuarto inicial asentáronse no campo impoñendo o dominio no xogo e só se deixaron ir nos últimos minutos, grazas tamén ao último empuxón dos ferrolanos.

Como nota negativa, Javier Argüelles foi sustituído cunha pequena dor na perna dereita, esperemos confirmar nos próximos días a súa plena recuperación. O Carballo Basket, ponse así, despois desta victoria (a terceira consecutiva) no quinto lugar da táboa clasificatoria, con oito victorias e seis derrotas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do ACB Costa da Morte e do Carballo Basket.
  • Comentarios