Patri Romaní alegra unha amarga xornada do fútbol sala costeiro
Xornada a medias no fútbol sala feminino esta fin de semana. Non había competición na 1ª Estatal polo campionato galego de seleccións, e alí tiñamos unha representante. A muxiá, formada na familia Fisober, Patri Romaní, acadaba o subcampionato estatal caendo na final ante a Selección Valenciana.
Onde si houo ligar foi na Provincial, onde descansaba a Esteirana e onde o Ponteceso FSF caía con rotundidade ante o líder, o Manureva, por 0-10.
Pola súa banda, o filial do Fisober tamén caía ante as Espartanas. Queda só unha xornada e as nosas non se xogan nada. E para pechar a liga, un derbi entre Fisober B e Ponteceso.
Liga Provincial
- Resultado: ESPARTANAS – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” (5-1).
- FISOBER B: Natalia, Noe, Paula, Inés e Laura ; tamén xogaron : María, Tamara, Mónica, Iria e María Maroñas.
- GOLES: 0-1 Inés, 1-1 Andrea , (descanso) 2-1 Adriana, 3-1 Adriana, 4-1 Laura, 5-1 Laura.
O sábado pola tarde na Coruña o filial do Fisober amosou a súa cara B e nun mal partido perdeu todas as opcións de mellorar un posto na clasificación despois de caer de forma clara e merecida fronte o rival que as precedía na clasificación. Xa dende os primeiros segundos se vía que non ía ser o día do filial. Os cinco minutos apareceu a primeira ocasión local por parte de Cristina.
Aínda así unha xogada individual de Inés os nove minutos puxo en vantaxe as da Costa, pero foi un puro espellismo xa que nin mellorou o xogo , nin deu tranquilidade as visitantes. A resposta local foi cun lanzamento o longueiro de Laura. Os trece minutos Andrea poñía a igualada no electrónico. O xogo empantanouse e pouco máis podemos destacar da primeira metade.Despois do tempo de lecer nada mellorou para as visitantes e os cinco minutos Adriana aproveitaba un erro das da Costa e poñía en vantaxe as locais e solo un minuto despois facía o terceiro. O que foi un duro golpe para as visitantes que xa non foron quen de reaccionar. Mediada a segunda metade dous goles de Laura puxeron unha distancia clara a favor das locais.
Tentou marcar algún gol o filial do Fisober pero con máis empuxe que xogo, solo algunha ocasión aislada de Noe e María puxeron en algún apuro a Sandra que respondeu con solvencia, chegándose o fin do partido cunha clara e xusta vitoria local.
Do pouco de resaltar do filial foi que Natalia debido as lesións tivo que actuar como porteira, algo que solo fixera unha vez en partido oficial.Vindeira cita
2ª División Estatal:
- GUARNIZO FSF - FISOBER F.S.F.: sábado, 16 de marzo de 2013 no Polideportivo Guillermo Cortés de Guarnizo, Cantabria.1ª Autonómica:
- Fisober F.S.F. "B" - Concello de Ponteceso F.S.F.
- Viaxes Amarelle F.S - Esteirana.Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- O Fisober faise a foto de familia e celebra a convocatoria das súas estrellas.
- As nais prantan cara ás mozas do Fisober.
- A bitácora da semana (CXCIV): O blog do Ponteceso FSF.
Crónicas da tempada 2012-2013
- Só a Esteirana suma na xornada de futbol sala feminino costeiro.
- O Fisober volve de baleiro de Bilbao e o Ponteceso FSF vence o derbi á Esteirana.
- O Fisober xa gaña na casa levado pola afección.
- Esteirana e Fisober non poden cos líderes da Liga Provincial.
- O Fisober non pode co novo líder da 2ª Estatal mentres C. Ponteceso e Esteirana seguen sumando.
- Ler máis