Un Fisober en cadro volve cos 3 puntos de Logroño

Un Fisober que viaxou A Rioxa lastrado pola praga de baixas e con só seis xogadoras sobrepúxose a circunstancia e o dous a cero inicial para remontar o partido e traer de Logroño os tres puntos para a Costa despois dun esforzo titánico, amosando a súa boa xeira a domicilio onde gañaron nas tres últimas saídas.
Ademais, en Liga Provincial mala xornada para os nosos. Descansaba a Esteirana e o Concello de Ponteceso FSF caía 6-0 ante o implacable líder, o Manureva. Ademais, o filial do Fisober caía na casa ante as Espartanas pero polo menos tiñan a boa nova da volta ás pistas de Tamara, despois do seu paso por quirófano e que a tivo uns meses apartada.
2ª División Estatal, Gr.2

- Resultado: Calcetaense - Fisober “CONCELLO DE VIMIANZO” (3-5).
- FISOBER : Eva, Patri, Ana, Barca e Myrella; tamén xogou: Elsa.
- Goles: 1-0 Verónica, 2-0 Tania , 2-1 Barca, 2-2 Patri, (descanso), 2-3 Barca, 2-4 Elsa, 2-5 Barca, 3-5 Carla.
Non podía ser peor a saída a pista para as visitantes xa que un lanzamento de Verónica se convertía no un a cero os poucos segundos do comenzo.
O Fisober non se atopaba cómodo na pista, non eran quen de aclimatarse a ela e era superado unha e outra vez polas rioxanas. Así os cinco minutos unha combinación local servía para que Tania fixera o dous a cero. Daba a impresión que o partido podía ser un pesadelo para as poucas xogadoras do Fisober.
Pero co paso dos minutos foron serenándose e tentando facer o seu xogo habitual. Así os oito minutos unha boa xogada acabou cun lanzamento cruzado de Barca que se foi lambendo o pau e o cal tampouco chegou Patri no segundo pau por centímetros.
Pero as locais seguían chegando co seu xogo directo. Os nove minutos un lanzamento de Carla foise o pau e pouco despois a mesma Carla tiña outra clara ocasión.
Todo mudou cando ós doce minutos Barca aproveitaba un balón para facer o dous a un. Serviu para serenar aínda máis as da Costa e asustar as rioxanas. E así foi porque o dominio cambiou de bando e comenzaron a chegar as ocasión visitantes. Ana tiña dúas ocasións con dous lanzamentos dende a frontal en poucos minutos que foron desbaratados pola porteira. E a tres para o fin eran Myrella e Patri as cales non eran capaces de marcar. Pero a dous para o fin desta primeira metade , foi Patri a que nun lanzamento de falta dende a frontal poñía a igualada no electrónico ca que se chegou o tempo de lecer.
E a volta o Fisober seguiu o seu e os dous minutos de novo Barca era a que facía o terceiro e volteaba o marcador. Pouco despois unha xogada individual de Patri era freada pola porteira local e evitaba que se aumentara o marxe.
A resposta local foi por parte de Carla. Pero de novo Patri tiña unha inmellorable ocasión aínda que non era quen de definir correctamente ante a porteira.
Os minutos pasaban e o Fisober atopábase moi cómodo co seu xogo e co seu papel. Aínda así as locais lanzaban perigosos zarpazos e foron Verónica e María as que tiñan ocasións para elas.
A falta de nove minutos Patri de novo tiña unha inmellorable oportunidade pero non acertaba co gol. E foi despois desta ocasión cando as locais tentaron cambiar o dominio no xogo e no marcador do Fisober optando con Carla como porteira-xogadora.
Algo que de novo aproveitou o Fisober. Xa que a sete para o fin unha contra do Fisober foi finalizada por Elsa para poñer o 2 a 4. As da Costa atopábanse cómodo defendendo o ataque de cinco e as mellores ocasións eran súas. As locais foron aínda máis directas e un cabezazo de Tania puxo en serios apuros a Eva.
Pero o Fisober non estaba disposto a perdoar e unha nova contra era finalizada por Barca para poñer o dous a cinco e o terceiro gol na súa conta a solo tres para o fin.
As locais decidiron voltar a normalidade e deixar a situación de porteira-xogadora. O Fisober aínda puído aumentar máis o electrónico cunha dobre ocasión de Barca e Patri.
Foron as locais as que reduciron o oco cun gol de Carla a dous para o fin. O Fisober tentou tocar e conservar balón para chegar con tranquilidade a bo porto.
Pero aínda tocaba sufrir xa que a trinta segundos para o fin os colexiados sinalaron un discutido penalti moi protestado polas visitantes. Eva foi quen de paralo deixando que os últimos segundos foran máis tranquilos e traendo tres novos puntos para a Costa.
Liga Provincial
- Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – ESPARTANAS (2-4).
- FISOBER B: Martina, Iria, María, Mónica e Laura; tamén xogaron: Inés, Noe, María Maroñas, Cris, Natalia e Tamara.
- Goles: María e Inés para o Fisober B; Adriana (2), Patricia e María para as Espartanas.
Xogaba o filial do Fisober na tarde do sábado en Baiñas e volveu a irregularidade que o caracteriza , facendo un mal partido despois da melloría que viña ofrecendo nas últimas xornadas. Non puido facer completo o fin de semana do Fisober despois da vitoria do primeiro equipo en Santo Domingo de la Calzada.
Ó igual que na tempada pasada no pavillón da Ponte do Porto, Adriana foi un pesadelo para o filial e levou as súas a poñerse por diante por cero a dous. Aínda que foi quen de reaccionar o filial e igualar o partido a dous despois dos goles de Inés e da súa capitana María, pero quedouse nun mero espellismo as do filial volveron a baixar o ritmo e caeron froito dos seus erros.
De novo as visitantes poñían dous goles de marxe que desta vez si que non foron capaces de remontar as xogadoras locais, deixando que o partido rematara co dous a catro final.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
Crónicas da tempadas 2012-2013
- Esteirana e Concello de Ponteceso seguen tralos líderes na Liga Provincial.
- A Esteirana frea a potencia das xogadoras do Ponteceso FSF.
- Xornada 6: As xogadoras do Fisober acostúmanse a gañar de vermello.
- Xornada 5: O Fisober segue medrando na 2ª División Estatal.
- Xornada 4: O Fisober segue coñecendo a península… e ademais xa gaña.
- Xornada 3: O Fisober acusa o salto.
- Xornada 2: O Fisober xa percorre a península.
- Xornada 1: O Fisober estrea categoría de mudanza.
Novas relacionadas
- 04-09-12: O Fisober caeu na Copa Xunta.
- 30-08-12: O Fisober xa está de pretempada.
- O Fisober afronta a invasión do norte da península.
- O Fisober ten canteira.
- O Fisober fai historia co Subcampionato de España.
- O Fisober fai historia co título de Campionas Galegas.
Fonte
- Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.