O Fisober acusa o salto


DemasiadoTecuni Bilbo para o Fisober Concello de Vimianzo. I é que as vascas, unha das favoritas, chegaban a Vimianzo ca obrigación de gañar senón querían deixar escapar as súas opcións de título na xornada 3 e así o fixo, amosando as credenciais do grandísimo equipo que é. As costeiras non puideron aguantar e sumaron a 3ª derrota en sendos partidos.
Como notas positivas para o Fisober do encontro destacamos a volta en partido oficial despois de seis meses e medio lesionada de Elsa que ademais o fixo co seu primeiro gol en Segunda División, e outra que tamén fixo o seu primeiro gol en Segunda foi Patri.
Polo demais, en Liga Provincial había derbi entre Esteirana e Fisober B. Como dato curioso cómpre destacar que os tres últimos derbis entre os dous equipos remataron co mesmo resultado: un 6 a 0 a favor do Esteirana.
Ademais, o Concello de Ponteceso FSF caeu 0-4 ante o 5 Coruña FS, líder da categoría.
2ª División Estatal, xornada 3
- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO“ – TECUNI BILBO (3-7)
- Goles: 0-1 Esti, 0-2 Aroa, 0-3 Vicky, 1-3 Barca, (descanso), 1-4 Esti, 1-5 Vicky, 2-5 Elsa, 2-6 Aroa, 2-7 Aroa, 3-7 Patri.
As bilbaínas saíron a por todas cunha presión asfixiante e a busca das locais. Así xa os tres minutos era Esti a que tiña a primeira ocasión.
Pero si o Fisober conseguía combinar e saír da presión tamén creaba perigo e así foi os catro minutos por medio de Nuria. Pero nese mesmo minuto Esti non desaproveitou unha contra para poñer o primeiro gol visitante.
Por terceira xornada consecutiva tocáballe remar as da Costa, os minutos pasaban sen ocasións destacadas para ningún dos dous equipos. Mediada a primeira metade tomaron de novo o mando as visitantes, primeiro Di mandaba o pau , e despois tiña que ser a porteira local Paula a que desfixera cas súas intervencións dúas ocasións clarísimas visitantes. Todo estivo a piques de cambiar os trece minutos cando Ylenia tivo preto o gol.
E claro, as do Tecuni non facían moitas concesións e primeiro Aroa nunha triangulación os catorce minutos e un minuto despois Vicky poñían un duro cero a tres, e casi Di fai o cuarto.
Nestes últimos minutos melloraron algo as locais, tiraron de casta e Patri case consigue reducir diferenzas. Quen si o logrou foi Barca a vinte segundos do tempo de lecer despois dunha gran combinación de todo o equipo para poñer o 1 a 3 e abrir un raio de esperanza.
Algo que se truncou a saída de vestiarios cando un erro defensivo supuxo o cuarto gol visitante por medio de Esti. Tentou respostar a seguinte Nuria pero non logrou o seu obxectivo. Foron pasando os minutos sen un dominador claro, ocasións nos dous lados desbaratadas polas porteiras, eso si os minutos corrían a favor das visitantes e máis cando os oito minutos desta segunda metade de novo un erro e a mala sorte que acompaña o Fisober en todos os rexeites esta tempada provocaba que Vicky fixera o quinto.
Despois deste gol chegaron de novo uns bos minutos locais, con ocasións claras para Noelia e tamén para Elsa. Unha Elsa que conseguía marcar no minuto trece.
Pero cada vez que se acercaban as locais resposta inmediata visitante e nos minutos dezaseis e dezasete Aroa marcaba dous novos goles.
Os últimos minutos o Fisober tentou facer algún gol máis con Patri como estilete, unha Patri que marcou un gol e tivo dúas magníficas ocasións nos minutos finais.
Liga Provincial, xornada 2
- Resultado: ESTEIRANA - FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO“ (6-0).
- ESTEIRANA: Maruxa, Inés, Terre, Alicia, Sandra; tamén xogaron: Merche, María e Leticia.
- FISOBER B: Martina, Iria, María, Inés e Laura; tamén xogaron: Cris, Paula. , Natalia, María Maroñas e Mónica.
- Goles: Alicia (3 goles), Sandra (2) e Leticia, todos entre o 15 e o fin da primeira metade.
O filial do Fisober aguantou quince minutos sin recibir nin un gol cunha boa defensa e despois ata o tempo de lecer perderon o rumbo e o sitio tirando co partido, recibindo 6 goles consecutivos no derbi.
Pouco se pode falar do encontro o dominio foi das locais pero as do filial do Fisober non pasaban excesivos problemas ben colocadas atrás e tentando saír aínda que non o lograban con excesivo perigo a contra.
Todo mudou os quince minutos cando caía o primeiro gol a favor das locais. O equipo visitante entrou en zozobra e non sabía onde se atopaba, catro goles casi consecutivos obrigaron as visitantes a pedir tempo morto.
E a volta do tempo morto lonxe de mellorar caeron nos mesmos erros, saque de centro e case a continuación gol. Co 6 a 0 final se chegou o tempo de lecer.
Na segunda parte pouco que contar, o filial do Fisober voltou a estar entonado en defensa e non encaixou ningún gol máis e as locais tentárono pero non conseguiron aumentar a renda.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.
Crónicas da tempadas 2012-2013
- Xornada 2: O Fisober xa percorre a península.
- Xornada 1: O Fisober estrea categoría de mudanza.
Novas relacionadas
- 04-09-12: O Fisober caeu na Copa Xunta.
- 30-08-12: O Fisober xa está de pretempada.
- O Fisober afronta a invasión do norte da península.
- O Fisober ten canteira.
- O Fisober fai historia co Subcampionato de España.
- O Fisober fai historia co título de Campionas Galegas.
Fonte
- Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.