Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisober xa percorre a península

O Fisober xa percorre a península
A expedicion do Fisober aproveitou para visitar a Catedral

Menudo tute se pegou a expedición do Fisober a pasada fin de semana. Máis de 24 horas de viaxe, co partido incluído e apenas sen parada máis que para durmir un par de horas á súa chegada a Bilbao. I é que as mozas do Fisober xogaban a 2ª xornada da 2ª División Estatal na capital vizcaína.

Toda unha experiencia xa non só deportiva, senón vital, que non puido ser referendada cunha vitoria pois de novo “dous minutiños” malos privaron o Fisober de traer algo positivo do seu primeiro partido oficial fora de Galicia. E iso que o tiveron nas súas mans.

2ª División Estatal

Imaxe do Stilio de Bilbao-Fisober
  • Resultado: STILO BERRIO – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (7-5).
  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca; tamén xogaron: Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla e Eva.
  • Goles: 1-0: Sara, 1-1: Barca, 1-2: Noelia, 1-3: Noelia, 2-3: Sara, 3-3: Sara, 3-4: Nuria (descanso) 4-4: Eztizen, 5-4: Enara, 6-4: Eztizen, 7-4: Laura, 7-5: Barca.

Foron dous malos minutos o comezo da segunda metade no que recibiron tres goles os que decidiron un partido tolo en Bilbao, ante un equipo local moi físico.

Non podían comezar peor as cousas xa que os dous minutos se adiantaban as locais con gol de Sara. Tratou de respostar o Fisober pero Barca non conectou co calcaño un disparo de Nuria con todo o seu favor.
As locais facían perigo de calquera perda de balón e así os seis minutos Paula tivo que salvar unha contra de dous xogadoras vascas contra ela. Pero o Fisober pareceu coller o tono do partido os sete minutos cando Barca igualaba. E nese mesmo minuto apiques estivo de marcar tamén Patri. As bilbaínas tamén tiveron a súa opción nese mesmo minuto.

O Fisober púxose en vantaxe cando os oito minutos Noelia marcaba gol no primeiro balón que tocaba . Eran os mellores minutos das da Costa , Nuria case amplía vantaxe e os nove minutos despois dun lanzamento o longueiro de Barca e dunha carambola foi Noelia a que puña o terceiro gol visitante.
As locais deron un paso adiante e Sara facía o segundo gol os doce minutos. E no dezaseis era Eukene a que mandaba o longueiro. E claro de tanto roldar o gol pois chegou de novo por medio de Sara para empatar o partido a tres minutos do tempo de lecer.
Aínda así o Fisober foise en vantaxe o intermedio despois de que Nuria marcara o cuarto para as visitantes a segundos para o fin.

O tempo de lecer foi prexudicial para as da Costa, os tres minutos Eztizen empataba de novo. E na seguinte casi consigue o quinto pero atopouse con Eva despois dun rexeite dun lanzamento de Aiiziber o longueiro. Eran os “dous minutiños “ malos do Fisober, e así os cinco minutos Enara poñía en vantaxe as vascas e nese mesmo minuto Eztizen facía o sexto obrigando as visitantes a pedir tempo morto para parar a sangría.
Minutos de transición sin apenas ocasións ata que Laura facía o sétimo a falta de sete minutos.
Parecía todo perdido pero apareceu a raza do Fisober para tentar o imposible. A falla de seis Barca facía o 7 a 5 que permitía crer. E nese mesmo minuto a mesma Barca de novo erraba co calcaño.

Con tres para o fin Eva facía unha parada que permitía as súas seguir no partido. E a falta de dous Nuria tivo a opción para o sexto con todo o seu favor non foi quen de logralo nunha xogada na que as visitantes pediron gol pantasma e penalti, gol non foi e penalti quizáis, ante unhas xogadoras locais que se lanzaron para evitar o gol. Nos últimos segundos un remate co calcaño de Myrella foi salvado por unha xogadora local baixo paus.

En definitiva segunda derrota do Fisober na tempada despois dunha longa viaxe a Bilbao, nun partido que finalmente si xogou Nuria e no que foi baixa Elsa. E que trouxo dous novos nomes que se estrearon como goleadoras en Segunda, os de Barca e Noelia que o fixeron por partida dobre.

Liga Provincial, xornada 1

Fisober B 2012-2013
  • O Fisober B derrotou ó Club Deportivo Fame Negra por 2-1 no primeiro partido da tempada para as rapazas de Jemisa e Mauro, as goleadoras foron Maria e Natalia.
  • O Ponteceso FSF debutaba con vitorai por 0-2 ante o Mabegondo con tantos de Carmen e Martina.
  • A Esteirana FS caía 3-1 ante o Manureva.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

Comentarios