mércores. 30.04.2025
El tiempo

Patri Romaní alegra unha amarga xornada do fútbol sala costeiro

Patri Romaní alegra unha amarga xornada do fútbol sala costeiro
Patri Romaní, terceira pola dereita na fila do medio, quedou subcampiona de Espana Sub-23 coa seleecion galega-Foto- Burela SD

Xornada a medias no fútbol sala feminino esta fin de semana. Non había competición na 1ª Estatal polo campionato galego de seleccións, e alí tiñamos unha representante. A muxiá, formada na familia Fisober, Patri Romaní, acadaba o subcampionato estatal caendo na final ante a Selección Valenciana.

Onde si houo ligar foi na Provincial, onde descansaba a Esteirana e onde o Ponteceso FSF caía con rotundidade ante o líder, o Manureva, por 0-10.
Pola súa banda, o filial do Fisober tamén caía ante as Espartanas. Queda só unha xornada e as nosas non se xogan nada. E para pechar a liga, un derbi entre Fisober B e Ponteceso.

Liga Provincial

Imaxe-do-choque-do-Fisober-B
Comentarios