Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Esteirana e Concello de Ponteceso seguen tralos líderes na Liga Provincial

Esteirana e Concello de Ponteceso seguen tralos líderes na Liga Provincial
Concello de Ponteceso FSF

Nova xornada da Liga Provincial de Fútbol Sala Feminina a disputada esta pasada fin de semana. E balance distinto para os 3 equipos costeiros. Se ben o Fisober B caía na Coruña ante o líder, Esteirana e Concello de Ponteceso sumaban novas vitorias.

A Esteirana FS vencía 0-3 na pista da Fame Negra, quedando con 9 puntos na 4ª praza. Pola súa banda, o Concello de Ponteceso FSF (do que coñeciamos o seu blog na Bitácora da Semana), tamén quedaba cos 3 puntos tras vencer na casa ao Viaxes Amarelle. As de Barca quedan na 3ª praza con 12 puntos, aínda a 6 dos líderes, BeArt 5 Coruña, e Manureva.

Liga Provincial, xornada 7

  • Resultado: BeART 5 Coruña - Fisober B Concello de Vimianzo (3-0).
  • FISOBER B: Martina, Iria, Paula, María e Inés; tamén xogaron: Noe, Mónica, María Maroñas e Natalia.
  • Goles: 1-0 Ana; 2-0 Leny; 3-0 Gloria; todos eles na primeira metade.

Visitaba na tarde do sábado o filial do Fisober a pista do líder e a pesares da derrota amosou unha boa imaxe, sobre todo defensiva baseada na actuación da súa porteira Martina. Saían algo nerviosas a pista as da Costa o xogar contra o actual líder e dominador da competición xunto co invicto Manureva.
As locais foron as que levaron en todo momento o peso do partido, e o filial tentaba saír a contra cando llo deixaban. Nos primeiros minutos apenas foron quen de facelo, pero o dominio local non lle creaba excesivos problemas a meta defendida por Martina.
Pasaban os minutos e as locais non eran quen de marcar. A mellor ocasión visitante nestes primeiros minutos foi unha contra levada por Inés quen cunha posibilidade franca de lanzamento decidiu dar un pase máis en vez de lanzar a porta.

O equipo coruñés con xogadoras con moita experiencia sobre todo no fútbol e con pasado ou presente orzanista e algunha outra no futsal como Leny a ex do Riazor ou Sofía ex do Ribadeo entre outras, non eran quen de sorprender a Martina.
Ata que os catorce minutos Ana aproveitaba un balón perdido no área despois dun desafortunado rexeite para rematar de cabeza e poñer por diante as locais. E como outras moitas veces entroulle o desacougo o filial.
Só un minuto máis tarde unha combinación das locais rematou co segundo gol obra de Leny. E os dezaoito minutos foi Gloria quen no segundo pau e de maneira inverosímil facía o tres a cero que xa foi definitivo.
De novo uns malos minutos poñían unha lousa sobre o filial. E aínda puido ser peor xa que as coruñesas tiveron un libre directo o seu favor despois de que Martina tardase en sacar, que non aproveitaron xa que marcaron gol pero sen que nadie tocase, conseguintemente saque de porta.
Preto do intermedio tivo unha gran ocasión o filial cando un centro-chut de Paula o cal non foi quen de pescalo Natalia no segundo pau por centímetros.

A volta do intermedio seguiu o dominio do 5 Coruña, pero parece que as da Costa quitáronse algo os complexos e tentaron combinar máis. Facendo que o partido fose un pouco máis entretido.
Así, ós catro minutos un lanzamento de Paula foise o longueiro. As locais seguían poñendo a proba a unha moi inspirada Martina que freaba calquera opción facendo paradas de mérito.
Os minutos pasaban co mesmo guión. Mesmo as coruñesas erraron unha ocasión clarísima. Pero as xóvenes xogadoras do Fisober tamén daban algún susto de vez en cando , como foi o caso dun balón que loitou Paula ata o final e o rexeite da porteira chegou a capitana María que disparou a rentes do pau.
Era curioso que a segunda parte que foi moito máis vistosa e con ocasións máis claras o balón non quixese entrar en ningunha das dúas porterías. As locais topábanse ca madeira e as últimas ocasións visitantes eran con tiros lonxanos.

Chegouse así o fin dun partido no que as locais foron mellores pero no que o filial deu a cara e na segunda metade tentou combinar e non rifou tanto o balón.

Vindeira cita

2ª División:
- C.F.S. Calceatense - Fisober F.S.F.: Sábado 15 de decembro.

1ª Provincial:
-Fisober F.S.F. "B" - Espartanas F.S.
- Manureva Suevos - Concello de Ponteceso F.S.F.
- Descansa Esteirana.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da tempadas 2012-2013

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

Comentarios