Domingo. 14.08.2022
El tiempo

Ponteceso brilla con 3 medallas nos Campionato de España de Kickboxing

Ponteceso brilla con 3 medallas nos Campionato de España de Kickboxing
Cipriano con Martin Nerea e Gonzalo-Kickboxing Ponteceso Cipriano con Martin, Nerea e Gonzalo-Kickboxing Ponteceso

Impresionante a fin de semana para a familia do Kickboxing Ponteceso. 3 representantes das Escolas Deportivas Municipais, coordinadas pola Fundación Cipri Gomes, participaban no Campionato de España por clubs celebrado Multiusos do Sar de Santiago de Compostela. E non tremeron estes bravos pontecesáns a pesar do nivel dos máis de 400 participantes de máis de 50 clubs chegados de toda a xeografía española.

Competiron ao máis alto nivel, tanto os bergantiñáns como todos os membros da familia Cipri Gomes, que foi unha das entidades que mellores resultados obtivos, con 35 metais, entre eles 10 campións de España.

En todo caso, dos máis notorios foron os da Escola de Ponteceso, unha escola relativamente nova (ten 5 anos e unhas fantásticas novas instalacións), pero cun Gonzalo Suárez, todo un veterano, que demostrou que está entre os mellores de España e alzouse co título estatal.

Ademais, participaban tamén dúas das figuras que demotran a potencia canteira do club pontecesán: Martín García e Nerea Amado. Ambos sufriron a súa falta de experiencia nestas finais (ademais Nerea sufríu un mortón treendo antes da final), quedando con estupendas medallas de prata.

”Teño que confesar que mesmo confiando no bo papel dos pontecesáns, sorprendeume o nivel de competitividade e os resultados dos rapaces”, recoñecíanos o propio Cipriano, co que falaremos longo e tendido esta semana sobre as Escolas Pontecesáns.

Unhas Escolas que serán recibidas polo Concello o vindeiro luns, como recoñecemento á sçua participación. Aí esperan poder felicitar a Gonzalo que se vai examinar esta fi de semana do cinturón Negro 1º Dawn.

Mentres, a Escola, ás ordes do adestrador Ricardo Pereira, xa prepara a próxima cita, que será o Trofeo Internacional de Kickboxing Xove, en Ourense, con presencia de equipos de portugal. E a finais de ano, tamén estarán na Copa Deputación de Pontevedra.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios