Primeira fin de semana de outubro e continúa o Fútbol da Costa segue en marcha. Repasamos o parte de sancións, aínda curto, e analizamos a previa da xornada.
Sancionados
Como detalle destacable do parte de sancións, a non aparición do colexiado do choque da I Copa Cadete entre Coristanco e Zas, polo que a Federación pide ao Comité que o identifique.
Preferente
Gonzalo Vilariño (Bergantiños).
2ª Autonómica
David Dourado (Buño).
José Ramón Esmorís (Adestrador Buño - 2 semanas).
Adrián Tajes (Camelle).
Ligas Xuvenís
Diego Mato (Cabana).
Liga Infantil
Julio Vila Torres (Adestrador Baio).
Os partidos da xornada
E comezamos a análise da Previa dende a Preferente, na que o Bergan quere manter o liderato recibindo a un Silva moi reforzado. O XSC recibe ao Lemos para seguir en postos de ascenso, mentres que Soneira e Dumbría terán que sumar fóra da casa; o Soneira en Carral ante o pechacancelas que aínda non sabe o que é sumar; e o Dumbría ante o Residencia.
Na 1ª Autonómica, os nosos terán coches importantes. O Malpica pode achegarse ao líder se consegue superar a imbatibilidade do Villestro no choque máis complicado da fin de semana. O máis importante será o do Ponteceso en Lamela, que o pode sacar dos postos de descenso e osixenar ao equipo de Mato. Ademais, o Camariñas visita o sempre complicado campo do Agolada, mentres que Baio e Esteirana recibirán a Amio e Puebla, dous equipos que están por debaixo deles na táboa.
Tres partidos adiantados ao sábado na 2ª Autonómica. E tres partidazos. O mellor en Ara Solis, entre un Fisterra que vai a máis e un Porteño que se atopa sorprendentemente colíder imbatido tralas 4 primeiras xornadas. Ademais, o Corcubión será unha nova proba para o Castriz e o Cabana necesita gañar ante un Camelle que chega cos deberes feitos por agora. Para o domingo queda un interesante Carnota-Outes, medindo as forzas do outro líder, ou un derbi carballés aguerrido entre San Lorenzo e IDC.
Chegando xa aos Xuvenís, no Gr.3, o Cee e o Fisterra poden aproveitar que o Dumbría descansa para, alomenos, alcanzalo temporalmente. Para iso terán que superar a Outes e Soneira, que non están no seu mellor momento. No Grupo Norte haberá un fermoso derbi entre un Cabana que vén mellorando e un Ponteceso no liderato. O Corme, pegado ao cadro pontecesán, terá que superar a un bo Coristanco.
O Dumbría da División Honra Cadete recibe a un Porriño Industrial igualado a 6 puntos. Mentres, na Liga Galega Infantil os nosos teñen que comezar a gañar, e dumbrieses e xalleiros terán partidos na casa dispares, o Dumbría ante o penúltimo e o XSC ante o líder.
Segue en marcha a I Copa da Costa Cadete con 4 partidos na mañá do sábado. Ademais, en Infantís, o Cee, líder con 4 de 4, descansa, polo que o Corme, 2º con 3 de 3, poderao alcanzar se supera ao Muxía.
E nos Veteranos, Laxe e San Lorenzo buscarán seguir ca súa xeira no máis alto da táboa e o sorprendente San Román e o novato Dumbría buscarán estrear o taboleiro de puntos.