Mércores. 01.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Doble e igualado derbi

1ª Autonómica: Doble e igualado derbi
Escena do Camariñas-Baio-Foto-Jorge Parri

Sitúase o Malpica na 3ª praza con 8 puntos trala 4ª xornada desta 1ª Autonómica, continuando co bo ritmo do ano pasado. Pero a atención da fin de semana estaba centrada nos dous derbis costeiros. No Hermanas Patiño, e tras un choque con dúas partes moi diferentes, os puntos quedaron en casa, ante un Baio que mereceu algo máis sobre todo tras un gran primeiro tempo. Mentres, no Pinguel, reparto de puntos tras un partido bastante bronco.

Camariñas - Baio (2-0)

11 do Camariñas ante o Baio-Foto-Jorge Parri
  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Sergio, Roi, Manuel, Moriño, Congui, Martín, Mario Toja (Wii, min.10) (Pirucho, min.62), Sule, Brais.
11 do Baio en Camariñas-Foto-Jorge Parri
  • BAIO: Anxo, Jose A., Mario, Yago, Eloy, Norber, Fachal, Rubio, Bieito, Martín MC, Canay. Tamén xogaron: Manuel, Costiña, Alberto II, Ramón, Santi Díaz.
  • Goles: 1-0, min.58: Wii; 2-0, min.77: Brais.
  • Lesión: Mario Toja cun pinchazo no abductor.
Capis do Camarinas e Baio cos colexiados-Foto-Jorge Parri

Unha parte para cada equipo e os 3 puntos quedaron en casa. O Baio se puido meter por diante no derbi costeiro da 1ª tras unha gran primeira metade, xogando moi ben ao fútbol pero sen pegada. Tivo Bieito a ocasión máis clara para os de Félix, que deixaron vivo ao Camariñas e ao acabaron pagando.

Na segunda cambiou o panorama. O Camariñas tomou o mando, comezou moi forte e pronto Wii, que substituíra a un lesionado Mario Toja na primeira metade, abría o marcador. Sule e Brais avisaron e foi o propio Brais o que sentenciaba o choque para os de Berto.

Ponteceso - Esteirana (1-1)

Ponteceso-Esteirana-Foto-David Castro
  • PONTECESO: Guille, Rubén (Iago m.62), Dani Pallas, Javi Peón, Moscoso, Dani Cotelo (Lorenzo m.82), Alberto Recarey, Martín Puente (Javi m.87), Mendieta (Tucho m.72), Dieguito (Toniño m.64) e Nando.
  • ESTEIRANA: M.J., Txoqueiro, José Varela (Pablo Rama, min.65), Dani Rama, Siuzo, Pablo Serrano, Juan, Simón, Andel (Alex, min.70), Kike Paluca, Rober Pladur (Josiño, min.65).
  • Goles: 0-1 m.56: Fórmase unha melé dentro da área pontecesana logo dun córner a prol da Esteirana, o balón cáelle a Dani Rama que remata a pracer, libre de marca no segundo pau. 1-1 m.59: Dieguito, tras unha falta lanzada dende a frontal da área.

Partido pouco vistoso para o público, e na que cada equipo dominou unha metade do encontro sen demasiada superioridade, aínda que se alguén mereciu os tres puntos foi a Esteirana polas ocasións de gol que creou.
A primeira metade estivo dominada polo Ponteceso, que intentaba tocar pero sin crear claras ocasións de gol. Aos cinco minutos, teríamos unha xogada con polémica na que os locais pedirían penalti tras a caída de Rubén ante MJ. Chegaríamos ao tempo de lecer co 0-0 e sen ocasións claras de gol.

Á volta do descanso, a Esteirana saldría do vestiario con outra actitude e con intencións de ir a polo partido. Aínda que a primeira ocasión da segunda metade sería para os locais logo dun saque de banda que Rubén mete na área para que Dieguito peine, Nando saca un gran lanzamento pero mellor é a resposta de MJ, que saca un pé para evitar o 1 a 0. No minuto 50, avisaría Simón cun cabezazo que se vai por rozando o longueiro da portería do Ponteceso, logo dun gran centro de Roi.

Tras este aviso, logo dun córner a prol da Esteirana que non é quen de despexar o porteiro local, Dani Pallas saca o balón en línea de gol e tras unha pequena melé, o esférico chégalle a Dani Rama que marca a pracer, libre de marca no segundo pau. Tan só tardaría tres minutos en chegar o empate dos da vila de Pondal. Dieguito, transforma unha falta, protestada polos de Esteiro, dende o borde da área.

A quince minutos do final a Esteirana tería a victoria nas botas de Álex Rama tras unha gran pase de Josiño pero o lanzamento do habilidoso interior esteirán foise a rentes do pau no man a man con Guille.
Co 1-1 chegaríamos ao remate do encontro e ningún dos dous equipos marcharían contentos co resultado colleitado na tarde do domingo.

Ponteceso-Esteirana-Foto-David Castro

Malpica - Lamela (2-1)

11 do Malpica ante o Lamela-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Pombo, Adrián, David Castro, Dani García (Manu Casal, min.46), Mario Casal, Fernando Varela (Tato, min.83), Juan oBello, Cheo, Óscar Suárez, (Abel, min.68), Ismael, M. Maradona (Neucha, min.61).
  • Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.55: David Castro de penalti cometido sobre Cheo; 2-1, min.60: Óscar Suárez remata un centro de Juan oBello tras unha boa combinación con Manu Casal e Martín Maradona.

Fermoso partido en Pedra Queimada que deixa ao Malpica na 3ª praza, seguindo a boa liña que os de David Baña marcaron o ano pasado. Foi un choque no que os dous equipos buscaron a meta rival e foi o Malpica o que pegou de segundo e máis forte.

Comezou o Lamela algo máis afianzado no campo e acabou o primeiro tempo por diante. Antes, iso si, Óscar Suárez remataría un balón ao longueiro.

Saía radiante o Malpica na segunda, e o Lamela tivo que meterse atrás a defender pero sen perderlle a cara ao partido. Pronto Cheo se metería na área forzando un penalti que non desaproveitaría David Castro para igualar a contenda. E sen tempo de reacción, Óscar Suárez, co Malpica completamente volcado, facía o segundo tras unha fermosa xogada colectiva.

Aínda quedaba media hora e o Malpica soubo nadar e gardala roupa, non sen estirarse de cando en vez para seguir creando perigo.

Malpica-Lamela-Foto-Wash-Calvo

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios