Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Preferente: 3 moi arriba e un rezagado

Preferente: 3 moi arriba e un rezagado

6ª xornada xa na Preferente, e os nosos equipos seguen collendo posicións. Polo de pronto, 3 dos 4 equipos da zona se sitúan moi arriba, mentres que o Soneira parece algo máis rezagado tras colleitar a súa terceira derrota en casa, e quedar en postos de descenso.
Así, o novo líder é o Bergantiños, que suma 6 de 6 con apenas 2 goles encaixados. Por detrás xa chega o Xallas de Santa Comba, con 13 puntos na 3ª praza, tras golear ao Castro. Ademais, o Dumbría sitúase 5º con 10 puntos despois de traer 3 puntos de Dubra.

Soneira - Chantada (1-2)

Soneira-Chantada-Foto-SDSoneira
  • SONEIRA: Víctor, Brais (De la Sierra, min.65), Fran de Urroa (Quilmes, min.80), Sito, Maikel, Mayuyo, Riki (Canosa, min.65), Richi (Chans, min.70), Basti, Javi (Leo, min.80), Baba.
  • Goles: 0-1, min.30; 1-1, min.37: Riki; 1-2, min.75.

Terceira derrota da casa dun Soneira que non sabe o que é puntuar no Municipal. E iso que os chantadinos chegaban cunha mala xeira de resultados, pero este Soneira aínda necesita mellorar.

Os de Felipe comezaron mellor no partido pero un erro defensivo, un pase de cabeza de Maikel ao meta Víctor foi interceptado polo punta visitante Adri, protagonista da tarde, para facer o primeiro. Reaccionou pronto o Soneira, e Rike remataba un centro de Javi peinado por Brais para facer unhas xustas táboas, tralo visto no primeiro tempo, logo de que Fran de Urroa avisase cun córner tan pechado que petaba no longueiro.

Pero na segunda metade faltou intensidade no cadro local e os chantadinos se aproveitaron nunha xogada rápida para facer o segundo ante un Soneira incapaz de crear perigo.

Castro - Xallas StComba (0-4)

  • XSC: Diego, Rubén Forján, Cristian, Rubio, Richi (Toño,m in.60), Alberto, Darío, Jesús (Maneiro, min.75), Marcos, Arnejo (Ismael, min.78), César.
  • Goles: 0-1, min.10: Arnejo; 0-2, min.60: Darío; 0-3, min.70: Rubén Forján; 0-4, min.83: Darío.

Segunda vitoria consecutiva dun Xallas de Santa Comba que se coloca 3º. Os de Julio Martínez están facendo un espectacular comezo de campaña a pesar da tremenda renovación tanto na directiva coma nos vestiarios, e onte o demostraban goleando fóra da casa.

As cousas púñanse ben para os xalleiros co gol inicial do santiagués Diego Arnejo. O Castro decaeu e o XSC comandaba o partido. Aguantou o Castro a primeira metade pero dúas aparicións de Darío e unha de Rubén mataban un partido que nun perigou. De feito, Diego apenas tivo traballo.

Dubra - Dumbría (0-1)

  • DUMBRÍA: Julián, Rudi, Óscar, Aarón Fdez., Pablo Conde, Aarón López, Adrián Makaay (Jose, min.90), Jota, Luisito (Cote, min.67), Iago (Dani Casal, min.85), Doro (Lourido, min.80).
  • Gol: 0-1, min.75: Jota.

Segue crecendo este Dumbría, chamado este curso a grandes cousas. Os de Canosa seguen afianzando a súa fortaleza defensiva e aproveitando toda a dinamita que teñen arriba. Onte, en Dubra, aguantaron moi ben defensivamente e aproveitaron un solitario gol de Jota para traer de volta os 3 puntos e colocarse na 5ª praza.

Foi un partido moi intenso, con moito xogo no medio campo pero poucas ocasións de gol. Sen riscos, o partido só se decantaría nunha xogada illada, e así foi, e desta volta foi Jota o autor do gol da vitoria.

Gal. Mugardos - Bergantiños (0-1)

  • BERGANTIÑOS: Christopher, Álex Figueiras, Dany Becerra, Álex Canedo, Sergio, Toni, Gonzalo, Souto (Michi Castro, min.70), Alexandre, Luis (Chechu, min.93), Josiño (Iván Amor, min.70)
  • Goles: 0-1, min.60: Centro de Luis que cabecea o capitán Josiño, ao fondo das mallas.
  • Expulsións: O carballés Gonzalo por dobre amonestación no minuto 91.

Na tarde deste domingo, o Bergantiños, que contaba coa importantísima baixa de Roberto Piñeiro, visitaba o municipal de A Pedreira para enfrontarse ao Galicia Mugardos, equipo que levaba un ano sen perder como local.

O Bergantiños dominaría pero sen demasiada superioridade, xa que se encontrou cun Galicia Mugardos moi loitador, que lle prantou cara durante todo o partido. Comezarían os visitantes avisando das súas intencións, cun lanzamento de Alexandre que repele o longueiro cando tan só transcorreran dous minutos de encontro. Dominarían os locais pero sen crear demasiado perigo. Co 0-0 e escasas ocasións de gol chegaríamos ao descanso.

Tras a reanudación, de novo Alexandre faría tremer a portería cun lanzamento ao longueiro, esta vez aos sete minutos. Ao cuarto de hora desta segunda metade, Josiño faría o único gol do encontro ao cabecear un centro de Luis.
A partir do gol, o Galicia Mugardos buscaría o empate ata o final do partido pero o gol non chegaría. No minuto 91, sería expulsado Gonzalo por dobre cartón amarelo.

Con esta sufrida vitoria, os carballeses colócanse como líderes en solitario tras o empate do Ribadeo en Morforte de Lemos.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios