mércores. 30.04.2025
El tiempo

Previa da primeira fin de semana futboleira de outubro

Previa da primeira fin de semana futboleira de outubro
Imaxe do IDC-Cee-Foto-UC Cee

Primeira fin de semana de outubro e continúa o Fútbol da Costa segue en marcha. Repasamos o parte de sancións, aínda curto, e analizamos a previa da xornada.

Sancionados

Como detalle destacable do parte de sancións, a non aparición do colexiado do choque da I Copa Cadete entre Coristanco e Zas, polo que a Federación pide ao Comité que o identifique.

Preferente

  • Gonzalo Vilariño (Bergantiños).

2ª Autonómica

  • David Dourado (Buño).
  • José Ramón Esmorís (Adestrador Buño - 2 semanas).
  • Adrián Tajes (Camelle).

Ligas Xuvenís

  • Diego Mato (Cabana).

Liga Infantil

  • Julio Vila Torres (Adestrador Baio).

Os partidos da xornada

E comezamos a análise da Previa dende a Preferente, na que o Bergan quere manter o liderato recibindo a un Silva moi reforzado. O XSC recibe ao Lemos para seguir en postos de ascenso, mentres que Soneira e Dumbría terán que sumar fóra da casa; o Soneira en Carral ante o pechacancelas que aínda non sabe o que é sumar; e o Dumbría ante o Residencia.

Na 1ª Autonómica, os nosos terán coches importantes. O Malpica pode achegarse ao líder se consegue superar a imbatibilidade do Villestro no choque máis complicado da fin de semana. O máis importante será o do Ponteceso en Lamela, que o pode sacar dos postos de descenso e osixenar ao equipo de Mato. Ademais, o Camariñas visita o sempre complicado campo do Agolada, mentres que Baio e Esteirana recibirán a Amio e Puebla, dous equipos que están por debaixo deles na táboa.

Tres partidos adiantados ao sábado na 2ª Autonómica. E tres partidazos. O mellor en Ara Solis, entre un Fisterra que vai a máis e un Porteño que se atopa sorprendentemente colíder imbatido tralas 4 primeiras xornadas. Ademais, o Corcubión será unha nova proba para o Castriz e o Cabana necesita gañar ante un Camelle que chega cos deberes feitos por agora.
Para o domingo queda un interesante Carnota-Outes, medindo as forzas do outro líder, ou un derbi carballés aguerrido entre San Lorenzo e IDC.

Chegando xa aos Xuvenís, no Gr.3, o Cee e o Fisterra poden aproveitar que o Dumbría descansa para, alomenos, alcanzalo temporalmente. Para iso terán que superar a Outes e Soneira, que non están no seu mellor momento.
No Grupo Norte haberá un fermoso derbi entre un Cabana que vén mellorando e un Ponteceso no liderato. O Corme, pegado ao cadro pontecesán, terá que superar a un bo Coristanco.

O Dumbría da División Honra Cadete recibe a un Porriño Industrial igualado a 6 puntos. Mentres, na Liga Galega Infantil os nosos teñen que comezar a gañar, e dumbrieses e xalleiros terán partidos na casa dispares, o Dumbría ante o penúltimo e o XSC ante o líder.

Segue en marcha a I Copa da Costa Cadete con 4 partidos na mañá do sábado.
Ademais, en Infantís, o Cee, líder con 4 de 4, descansa, polo que o Corme, 2º con 3 de 3, poderao alcanzar se supera ao Muxía.

E nos Veteranos, Laxe e San Lorenzo buscarán seguir ca súa xeira no máis alto da táboa e o sorprendente San Román e o novato Dumbría buscarán estrear o taboleiro de puntos.

E arrinca a Liga Intermunicipios de Bergantiños, que este ano cubriremos a través da palataforma ww.futboldacosta.com.

Preferente, xornada 7

Bergantiños C.F 06/10 - 17:00 Silva S.D.
Xallas StComba 06/10 - 17:00 Club Lemos
U.D. Carral 06/10 - 17:30 Soneira S.D.
S.D. Residencia 06/10 - 18:00 C.F. Dumbría

1ª Autonómica, xornada 5

C.D. Baio 06/10 - 16:30 Amio C.F.
S.D. Esteirana 06/10 - 16:30 Puebla F.C.
S.D. Agolada 06/10 - 17:00 Camariñas F.C.
C.F. Lamela 06/10 - 17:30 Ponteceso S.D.
S.D. Villestro 06/10 - 18:00 S.C.D. Malpica

2ª Autonómica, xornada 5

S.D. Fisterra 05/10 - 16:30 Porteño C.F.
U.D. Corcubión 05/10 - 17:00 S.D. Castriz
Cabana S.D. 05/10 - 18:00 Camelle S.D.
U.D. Carnota 06/10 - 16:30 Outes C.F.
S.D. Sofán 06/10 - 16:30 Volantes F.C.
Corme C.F. 06/10 - 16:30 Mazaricos C.F.
S.D. San Lorenzo 06/10 - 16:30 Indep. Carballo
Buño S.D. 06/10 - 17:00 U.C. Cee
Muros S.D. 06/10 - 17:30 Sp. Zas

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 6

U.C. Cee 05/10 - 16:30 Outes C.F.
S.D. Esteirana 05/10 - 16:30 Lira C.F.
Xallas StComba 05/10 - 17:00 Mazaricos C.F.
S.D. Fisterra 05/10 - 18:30 Soneira S.D.
  • Descansan Muros e Dumbría.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 6

Cabana S.D. 05/10 - 16:00 Ponteceso S.D.
Corme C.F. 05/10 - 16:30 S.D. Coristanco
Camariñas F.C. 05/10 - 16:30 C.D. Baio
Muxía C.F. 05/10 - 16:30 S.D. Castriz
S.C.D. Malpica 05/10 - 16:30 Porteño C.F.
  • Descansa Laxe.

División de Honra Cadete, xornada 4

C.F. Dumbría 05/10 - 16:30 Porriño Ind.

Liga Galega Infantil, xornada 4

Dumbría 05/10 - 11:00 Orillamar S.D.
Xallas StComba 05/10 - 11:00 E.F. Lalín
R.C. Deportivo 06/10 - 11:30 Bergantiños C.F

I Copa da Costa Cadete, Xornada 4, (05-10-13)

  • G1: As Baleas - Muros (10:30h) (descansa Cee).
  • G2: Esteirana - Fisterra (10:30h) (descansa Baio).
  • G3: Coristanco - Muxía (10:30h) (descansa Zas).
  • G.4: XSC - Outes (11:00h) (descansa Cabana).

Liga Infantil, xornada 5

Outes C.F. 05/10 - 18:30 E.M.F. Vimianzo
Ponteceso S.D. 06/10 - 10:00 S.D. Sofán
S.D. Fisterra 06/10 - 10:30 E.D. Os Miudos
Corme C.F. 06/10 - 10:30 Muxía C.F.
S.D. Esteirana 06/10 - 10:30 C.D. Baio
S.D. Coristanco 06/10 - 12:00 Cabana S.D.
  • Descansa UC Cee.

Ligas de Veteranos, xornada 4

1ª División

C.D. Nantón 06/10 - 11:00 Muros S.D.
Ponteceso S.D. 06/10 - 12:00 S.D. San Lorenzo
Xv. Bergantiños 06/10 - 11:00 C.D. Baio
San Román 06/10 - 11:00 Camariñas F.C.
Soneira S.D. 06/10 - 10:00 Bértoa
Sp. Zas 06/10 - 11:00 S.D. Laxe
Cabana S.D. 06/10 - 11:00 S.D. Castriz
S.D. Coristanco 06/10 - 10:00 C.F. Dumbría

2ª División

Dep. Carballo 06/10 - 11:00 Leiloio
C.D. Poniente 06/10 - 12:00 Buño S.D.
S.D.U. Vimianzo 06/10 - 11:00 U.D. Cerqueda
Camelle S.D. 06/10 - 11:00 SDC Corcoesto
S.D. Sofán 06/10 - 12:00 Agualada
S.C.D. Malpica 06/10 - 11:00 Corme C.F.
At. Milagrosa 06/10 - 9:30 Erbecedo
  • Descansa Porteño.

Liga Intermunicipios, xornada 1

Xornes06/10 - 16.45Cances
Rus06/10 - 16.45Valenza
Baldaio 06/10 - 16.45 Laxe
Cereo06/10 - 16.45P. Galicia
A Piña 06/10 - 16.45 A Brea
  • Descansa Sp. Seaia.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios