Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para a Liga de Fútbol Sala de Cee 2013/2014

Aberto o prazo de inscrición para a Liga de Fútbol Sala de Cee 2013/2014
O ceense Rivi e Alex do Ameixenda-Foto- Jorge Parri

Un ano máis, e xa van máis de 30 anos, bota a andar a Liga de Fútbol Sala Senior de Cee 2013/14. A Liga comezará o vindeiro 14 de outubro e de novo levaremos un seguemento a través de www.futboldacosta.com.

Máis información e inscrición

A inscrición pódeses facer xa no Pavillón Municipal de Cee ou ben chamando ó teléfono 645.137.338, antes do 4 de outubro.

Haberá unha reunión informativa sobre o desenvolvemento da liga o venres 4 de outubro ás 20:30 horas, no Pavillón Municipal de Cee.

A idade mínima para participar nesta liga é de 16 anos, que terán que presentar unha autorización paterna que será entregada á organización, así como o D.N.I.

Como apunta, o abono da inscrición (250€) deberá ser abonado antes do remate do 4 de outubro.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios