Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Dumbría cadete aprende a perder

O Dumbría cadete aprende a perder
A convocatoria do Dumbría da División de Honra Cadete en Arosa

O Dumbría de Cadetes desprazábase na mañá do sábado 28 a Arosa, equipo que só tiña 1 punto na súa táboa tras perder o primeiro partido fronte ao Porriño e empatar o segundo na casa do Compostela. O equipo de Juan Porrúa chegaba ao encontro con moita ilusión e con ganas de levarse os tres puntos tras as súas dúas primeiras vitorias nos seus 2 primeiros partidos, pero nesta ocasión non puido ser.

Arosa - Dumbría 2-4

  • DUMBRÍA: Jorge, Tomás (Abuelo, min.76), Miguel (Gabi, min.80), Raúl, Kanario, Jose, Samuel, Mauro (Adrián, min.60), Juan de Dora, Edu, Isma (Borja, min.68).
  • Goles: 1-0, min.7; 1-1, min.17: Isma; 2-1, min.46; 2-2, min.48: Kanario; 3-2, min.70; 4-2, min.80.

Un Arosa que quería poñerlle as cousas difíciles ao Dumbría e o conseguiu, ao ao pouco de empezar o partido se adiantaban no marcador poñendo o 1-0, pero o Dumbría tras o gol botouse arriba e durante a primeira parte o dominio fué claro, pero o gol non chegaba ata o Min. 17 obra de Isma. Seguiron as chegadas a portaría e o dominio do partido por parte do Dumbría durante toda esta metade, pero non materializaban as ocasións e chegaríase ao descanso co resultado de 1-1.

Nada máis empezar a segunda parte un saque do porteiro dende a súa portaría remataría no fondo das mallas do Dumbría grazas á axuda do forte vento que soplaba,el saque dende portaría colleu ao porteiro do Dumbría adiantado, e que este sen esperar ese disparo non puido facer nada,el segundo gol subiría ao marcador para eles. Así se adiantaba o Arosa con gol do porteiro Aaron, poñendo no marcador 2-1.

Este gol desestabilizaba un pouco os homes de Juan Porrúa e Joaquín no cal marcaría un pouco o que ía acontecer na segunda metade, no obstante ao pouco de marcar eles chegaría o empate a 2 grazas a un gran gol de Kanario,pero o xogo durisimodespregado por parte do Arosa e as continuas interrupcións polas faltas acabarían sacando do partido aos dumbrieses que en 2 contras nos minutos finais, matarían o encontro e os tres puntos quedarían na casa.

Agora a pensar no próximo encontro e o próximo rival, o Porriño Industrial CF.

Novas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios