Nova fin de semana deportiva esta última do mes de marzo e segunda da primavera. E parece que o final do inverno viña mellor que o comezo desta nova estación, pero aguantaremos o chaparrón.
Antes de ir ca Previa, analizamos o partte de sancións e un par de novidades das Ligas costeiras que nos trouxo a Federación:
Novidades nas Ligas Costeiras
Novidades da Federación ante a disputa do Campionato de Seleccións que acollerá Ferrol, que non á Costa... desta volta. I é que A División de Honra Cadete, do Dumbría en liza, ve modificadas as datas das súas últimas 5 xornadas (xa actualizadas enwww.futboldacosta.com).
Ademais, a Federación envía as datas das Fases Finais das Categorías Xuvenil, Cadete e Infantil, na que estarán 5 equipos costeiros: Dumbría e Esteirana en Xuv.; En cadetes aínda falta por decidirse a liga con XSC, Cabana e Fisterra como grandes favoritos; e o Cee de Infantís. O luns 18 de maio en San Lázaro ás 19:00, se celebrará o sorteo das mesmas.
Parte de sancións
Preferente
Adrián Lema Pichi (Soneira).
José Sito Muñiz (Soneira).
Sergio Prego Doro (Dumbría).
Adrián Makaay (Dumbría).
Cristian Caamaño (XSC).
1ª Autonómica
Roy Carril (Camariñas).
Andrés Garrido (Malpica).
Juanjo Rabuñal (Malpica).
Manuel Recare7 (2º Adest. Ponteceso).
Diego Collazo (Ponteceso).
Aperc. 1ª: - Abel García (Ponteceso). - Norber González (Baio). - Pablo Fdez. Brea (Esteirana). - Roberto Pladur (Esteirana).
2ª Autonómica
Javier Bonano (Porteño).
Javi Rañal (Camelle).
Martín Baíñas (Mazaricos).
Sergio Vázquez Chúa (Outes).
Rodrigo Lobelos (Carnota).
Javier Cives (Cee).
José Carlos Llanero (Cee).
Óscar Penedo (Cee).
Jesús Eirís Schuster (San Lorenzo).
Adrián Varela (San Lorenzo).
Eloy Vilas (Cabana).
Juan Genaro (Adest. Corme).
Aperc. 2ª: - Carlos Santos (Porteño). - Sergio Varela (Porteño). - David Agra (Castriz). - Carlos Leis (Cee). - Manuel Cartamil (Fisterra). - Dani Marcote (Fisterra). - Tati (Fisterra). - Charro (Buño). - David Dourado (Buño).
3ª Autonómica
Rubén Rial (Coristanco).
Jesús Marquez (Ameixenda).
Edelmiro García (Corcoesto).
David Carballo (Lira).
Martín Suárez (Nantón - 3 partidos).
Fran Rodríguez (Del. Nantón).
Alberto Verdes (Adest. Seaia).
Gonzalo Santos (Seaia).
Aperc. 3ª: - Herminio Leis (Lira). - Oli Martínez (Lira). - Mario García (Baíñas). - Cristian Hermida (Baíñas). - Manuel Santos (Nantón). - Abel Suárez (Montelouro). - Pedro Sánchez (Montelouro).
Xuvenís
Iván Mato (Cabana).
David González Santos (Adest. Muros).
A Previa
E comezamos a previa pola Preferente, na que o Dumbría ten que sumar 3 puntos para seguir nos postos de ascenso. Ademais, XSC e Soneira non poden perder máis trens, pero non van a ter fácil. O cadro xalleiro recibe ao colíder, o Ribadeo, mentres o Soneira visita a un Residencia na zona media-alta.
Temos doble derbi na 1ª Autonómica. O Baio recibe a unha Esteirana que non se pode despistar. Pero máis grave é a situación do Camariñas, que recibe a un Malpica que ten que seguir sumando se quere loitar pola Promoción. De UCI tamén é a situación do Ponteceso, que viista nada menos que ao intratable líder, o Noia.
O Cee-Sofán e o Outes-Zas serán os choques máis intensos da 2ª Autonómica. Unha Liga da Costa que tamén ten lío na zona de descenso, con ata 10 equipos mirando para abaixo. O Cabana-Muros, o Volantes_Mazaricos ou o Porteño-Castriz serán choques directos.
Penúltima xornada na 3ª Autonómica co título e a Promoción como grandes loitas. Dúas loitas que se mesturan esta fin de semana, pois Baíñas e Montelouro non poden perder para ter opcións na última xornada, pero terán que enfrontarse a equipos que loitan pola Promoción como Nantón e Seaia. Ademais, o Ameixenda-Muxía é choque directo, que pode deixar ao Muxía fóra da guerra.