Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega

Xuvenís: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega

Todo o peixe vendido na Liguilla dos de arriba, con Dumbría e Esteirana certificando o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega con 3 xornadas de marxe. Pero falta o marisco por vender, que neste caso é o título da Liga, polo que de seguro loitarán dumbrieses e esteiráns con ansias.

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7

Serán os Dumbría e Esteirana os equipos que representen á Costa da Morte na Fase de Ascenso á Liga Galega. As súas vitorias ante Malpica e Corme, e a derrota do Cabana en Fontenla deixan ao cadro dumbriés con 10 puntos sobre o XSC, polos 9 máis o golaverage que ten a Esteirana sobre o cadro xalleiro.

E ollo, que son dúas propostas que van en serio. Diego Lobelos e Óscar Leis xa saben o que é superar unha Fase de Ascenso, e así deixaron ao equipo cadete na Liga Galega. Este curso quixeron manterse traballando co mesmo bloque pero en categoría xuvenil, e malia que é aínda unha fornada de 1º e 2º ano, teñen potencial para ascender.
E ollo coa Esteirana de Martín, que chegan cunha liña moi parella. Un grupo que o ano pasado xa arrasaran na Liga Cadete, con 26 vitorias en 26 partidos. Non tiveron sorte na Fase pero este ano o bloque, aínda que tamén moi novo para a categoría, ten moitas posibilidades de darnos unha alegría.

Queda pois toda a atención centrada en quen conseguirá o título de Liga. O partido clave, o da penúltima xornada, dentro de 15 días no Xosé Luís Vara, onde a Esteirana recibirá ao Dumbría. Polo de pronto, o empate válelle aos dumbrieses.

Malpica - Dumbría (0-4)

11 do Malpica Xuvenil en Pedra Queimada-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel; Brais, Chols, Canario, Steven, David, Pitís, Gabi (Plejo, min.67), Almeida, Alberto, Kevin.
11 do Dumbria Xuvenil en Pedra Queimada
  • DUMBRÍA: David, Duarte, Roberto, Cabana, Jano, Yeray, Maikel, Adrián, Marcote, Lucas e Martín. Tamén xogaron: Pablo, Javi, Oli, Edu e Iván.
  • Goles: 0-1, min.30: Adrián Alcaina aproveita un pase de Cabana; 0-2, min.35: Adrián Alcaina só a centro de Lucas; 0-3, min.60: Marcote resolve unha xogada persoal; 0-4, min.80: Javi de cabeza a centro de Marcote.
  • Lesión: o malpicán Gabi cun tirón.
Adrian Alcaina e Canario capis do Dumbria e Malpica xuvenis-Foto-Luis Porto

Vai en serio a candidatura deste Dumbría para a Liga Galega. E así o sufríu o Malpica, que chegaba con moitas baixas por sanción, e que non puido superar en ningún momento a un equipo moito máis serio, ordenado e eficaz. O cadro de Diego Lobelos e Óscar Leis completou un partidazo, dominando e só permitindo unha ocasión, de Pitís no comezo da segunda metade xa co 0-2 no marcador. A segunda foi de novo un monólogo visitante.

Corme - Esteirana (1-4)

  • CORME: Rubén, Sergio, Alberto (Isma, min.57), Iván, Eloy (Koeman, min.46), Brais, Antoniño, Kike, Juanma (Eloy Castro, min.70), Manu (Isaac, min.46) e Alejo (Alex, min.70).
  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tiko, Sergio, Rafa, Adri, Damián, Manu, Fabio, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Cristian e David.
  • Goles: 0-1, min.20: Raúl: Adrián; 0-2, min.25: Manu; 0-3, min.37: Adrián; 1-3, min.75: Alex de penalti; 1-4, min.80: Adrián.

Nova vitoria da Esteirana desta volta ante o Corme nun partido pouco vistoso. Moito balón arriba e disputas aéreas, pero a pegada dos blaugrana foi clave e marcou a diferencia. E iso que Martín non puido contar con homes básicos como Pablo, Jose e Code, que forn cos maiores, ou Tobío e Davichi por lesión. Pero os Adrián, Raúl e Manu estiveron acertados cara gol.

Así e todo, o público quedou encantado co reencontro no cadro cormelán de Koeman, irmán de Dani, lateral dos maiores, que volvía aos adestramentos nas últimas semanas e o míster decidía convocalo de novo.

Xallas StComba - Cabana (2-1)

  • XSC: Alvarito, Miki, Parri (Rubén), Carlos, Jacobo, Fabián (Pérez), Torres, Pablo Landeira (Iván Pastoriza),Seteven (Ángel), Tefi e Sergio Barbeira (Ismael).
  • CABANA: Adrián, Aurelio, Raúl (Cristian), Dani Mato, Laik, Diego Cacha, Alberto (Pablo), Sergio Ferreiro, Redondo (Grille), Álex e Iván Mato.
  • Goles: 1-0, min.25: Steven; 2-0, min.60: Iván Pastoriza; 2-1, min.70: Pablo.

Non se adaptaron os xogadores do Cabana á herba natural de Fontenla e escaravaban durante todo o partido. Así e todo intentaron levar o peso os cabaneses ante un XSC máis eficaz e que soubo manexar mellor o choque, pasando ademais poucos apuros en defensa. Metíanse por diante os de Rafa na primeira por medio de Steven, que mesmo tivo para ampliar. Foi á volta dos vestiarios cando Iván Pastoriza facía o segundo. Pablo Landeira puido ampliar pero foi o cabanés Pablo o que recurtou, pero o cadro de Fernando non tiña forzas para a remontada.

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Norte, xornada 4

Está pletórico o Camariñas de Pirucho, que suma 10 puntos neste arrinque da Copa, e se mantén de líder destacado. O sábado superaba a un dos rivais a bater, o Baio, ao que xa supera en 4 puntos. 2º queda o Ponteceso, que non pasaba do empate ante un Porteño que está moi mellorado dende que arrincou esta a súa temproada de estrea na categoría.
O Coristanco, tras unha gran Liga, aínda conseguía o sábado a súa primeira vitoria na Copa, ante o Castriz. Ambos, xunto co Porteño, parece que serán os que se xogarán a última praza, que quedará fóra dos Cuartos.

Camariñas - Baio (3-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Pose, Mateo, Santi, Ariel, Chico, Juan, Martín (Dani, min.75), Carlos, Javi (Chuki, min.60) e Sergi.
  • BAIO: Julián, Jose, Xoel, Pablo, Efe, Kevin, Anxo, David (Guillermo, min.70), Pedro, Cristian (Alfonso, min.70) e Santi Díaz (Oreiro, min.65).
  • Goles: 1-0, min.20: Sergi; 2-0, min.35: Martín; 3-0, min.55: Sergi; 3-1, min.80: Pablo.

Saíron durmindos os de Pastoriza que protagonizaron un mal partido e quedaron a mercé dun Camariñas que pronto se metía por diante a facía oco. Sergi e Martín puñan en vantaxe aos de Pirucho, e o propio Sergi facía a sentenza nada máis comezar a segunda metade. O Baio non se logrou repoñer e só recurtou distancias contra o final, pero xa sen fe na remontada.

Porteño - Ponteceso (2-2)

  • PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo (Damián), Bruno, Manuel, Martín (José Manuel), Álvaro, Rodri, Cristian, Josiño (Antonio) e David Vergari (Pifo).
  • PONTECESO: Damián, Isma, Sánchez, Diego, Alberto Recarey (Javi), Ismail, Diego Pérez, Óscar, Luca, Valle e Pablo.
  • Goles: 1-0, min.15: David Vergari; 1-1, min.40: Luca; 2-1, min.47: David Vergari; 2-2, min.85: Valle.

Partido vibrante na Grixa onde chegaba un Ponteceso moi tocado polas baixas de ata 4 habituas, e Rubén Souto non podía contar con Lorenzo por sanción, e Cristian, Yago e Adrián por lesión). En fronte, Ordóñez, que leva traballando todo o ano e conseguíu formar xa un bloque bastante sólido, empregouse a fondo para manter un puntiño na casa, e iso que tamén tiñas as baixas de Maikel e Matías por lesión e Mario que foi cos grandes a Camelle. E mesmo puido levar o partido o cadro local, pero non aproveitaron as ocasións no treito final.

Saíu o Ponteceso buscando o partido, dominando máis o xogo, como lle gusta ao cadro pontecesán, pero sen poder superar a rede defensiva local. E foi o Porteño, que esperaba atrás buscando as contras, o que se adiantaba na primeira metade, e tras varios mans a mans de David Vergari, foi o propio dianteiro local o que adiantaría aos seus pero Luca, cadete de primeiro ano que foi posiblemente o mellor do partido, ao fío do descanso, empataría.

O partido endurecíase na segunda tralo segundo de Vergari, sobre todo polo bando local e mesmo o míster pontecesán tivo que quitar a Alberto Rercarey tras varias entradas fortes. O Ponteceso non se rendiu e atacou ata o final, tivo varias pero só aproveitaría Valle un balón a falta de 5 minutos para o remate para poñer o 2-2 definitivo.

Castriz - Coristanco (1-4)

  • CASTRIZ: Víctor, Jose, Ángel, Curru, Pablo, Álex, Sergio (Andi), Balsa, Jordi, Miguel, Manu e Joni.
  • CORISTANCO: Nacho, Naya, Varela, Iván, Christian (Abelenda, min.65), Rubén (Mosquera, min.46), Brandón, Bértoa, Suárez (Joaquín, min.60), Fondo e Jonni.
  • Goles: 0-1, min.15: Bértoa; 1-1, min.30: Pablo; 1-2, min.60: Fondo; 1-3, min.65: Joni; 1-4, min.85: Brandón.

Comezaba o partido no campo do Castriz cun Coristanco que tiña que ir a por todas se quería ter aspiracións a estar nos octavos de final da copa, tras colleitar 3 derrotas consecutivas. Comezou o partido con pouco fútbol, e o Coristanco apretando forte e no minuto 15 adiantabase cun gol de Bértoa, pero o Castriz non baixaba os brazos e consegiu empatar no minuto 30, mandaba Varela un tiro de falta ao longueiro e así se sucederon os primeiros 45 minutos.

Comezaba a segunda parte cun Castriz que se puido meter por diante pero Balsa, Manue e Sergio marraban boas ocasións. O Coristanco buscaba arriba o partido e así chegou o segundo gol por medio de Fondo de cabeza, tras unha boa xogada de Joaquín no minuto 60. O Castriz seguía apretando pero o Coristanco poñia o 1-3 no marcador por medio de Jonni. Algunhas chegadas que tivo o Castriz pero que Nacho solventaba, algunha de maneira sobresaliente, pero o Coristanco sentenciaba cun gol de Brandon desde o medio do campo no minuto 80 e poñia o 1-4 no marcador.

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo 2, xornada 4

Non puido o Cee subir ao liderato do grupo sur, pois non puido superar a un Muros que está cunha intensidade fantástica nesta Copa. Os muradáns mantiveron o empate, e seguen por diante, cun punto e un partido máis que os ceenses. Por detrás, o Fisterra parece que espertou ante o Mazaricos, quedando por agora o Muxía, con 3 puntos, e o Lira, sen puntuar aínda, fóra dos Cuartos.

Cee - Muros (1-1)

  • CEE: Paulo, Vilela, Esteban, Jicho, Tivi (Ferrío, min.46), Tebo (Tebo, min.65), Abraham, Rafa (Carlos Leis (min.66), Nanón, Pablo e ÁLex (Michi, min.80)
  • MUROS: Mati, Yeray, Veloso, Samu, Diego, Santi, Miguel, Ramón, Piki, Mancebo e Juanche. Tamén xogaron: Edu, Hugo e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.75: Andrés de falta directa; 1-1, min.80: Santi.

Partido entre os dous primeiros clasificados do Grupo 2, que tras este empate seguen igual, cun Muros por diante con un punto (e un partido máis). I é que non se acabou de sentir comodo o Cee co balón, ademais de contar coas baixas de dous homes importantes como Pikallo e Felipe. Foi o Muros superior pero a vitoria puido caer da calquera lado.

Avisou o Muros nun córner que se pasea por toda a área ata que Veloso o estrela sen oposición ao pau. Rafa devolviulla cun disparo de volea que bate en Samuel para desviar a córner. Unha gran parada de Paulo e unha internada de Piki que ve seu disparo tapado por Abraham serían o mais salientable antes do descanso para o Cee polas dúas chegadas claras de Juanche para o Muros.

Seguiu todo igual na segunda metade pero cun Cee algo mellor ao principio. A falta de 15 minutos para o final, Andrés sorprendía a Matías de falta directa. pero pouco despois Santi empataba o partido para o Muros. O propio Andrés puido meter o 2-1 pero seu disparo bate no longueiro.

Fisterra - Mazaricos (4-0)

  • Goles: 1-0, min.20: Jose; 2-0, min.50: Breixo; 3-0, min.60: Manu; 4-0, min.70: Noé.

Inapelable a vitoria do Fisterra ante o Mazaricos. E iso que arrincaba o partido cun penalti para os amarelos, pero que era marrado por Carreira. O Fisterra se puxo ao mando e marcou un tanto aos 20 minutos e sentenciou no comezo da segunda metade.

Outes - Muxía (6-2)

  • OUTES: Yoel, Rafa, Yura, Samuel, Brión, Babu (Álvaro, min.55), Adrián, Ibra (Xurxo, min.75), Cutu, Zeta (Paulo, min.46) e Veleiro.
  • MUXÍA: Hugo, Fabio (Antonio, min.46), Gerardo, Maca, Andrés, José Ramón (Jose, min.55), Edi, Marcos, Castreje, Paulo (Mario, min.60) e Víctor.
  • Goles: Adrián (2), Paulo (2), Veleiro e Ibra para o Outes; e Víctor de falta e Mario de penalti para o Muxía.

Partido que se lle puxo de cara ao Outes co gol inicial de Ibra nada máis comezar, aproveitando erros da defensa muxiá. A partir de aí, e con boas combinacións o Outes controlaba pero o Muxía aguantou toda a primeira metade, ata que no minuto 40 chegaba o segundo de Veleiro.

Un par de erros garrafais en defensa ao comezo da segunda sentenciaron aos de Javier Lema, logo de facer un bo partido.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios