Luns. 29.04.2024
El tiempo

Crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta

Crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta
Ascenso do Montelouro-Foto-Jorge Parri

Primeira fin de semana de primavera e parece que o tempo aguantou para ver unha xornada completísima, mesmo cunha nova celebración de ascenso.

E arrincamos pola Preferente cos malos resultados dos nosos. Por arriba, o Dumbría non pasaba do empate ante un dos de abaixo, o Val, e permite que o Silva o alcance nesa 4ª praza que dá acceso á Promoción. Un Silva que vencía precisamente en Vimianzo, afundindo ao cadro soneirán.
Tampouco tivo sorte na súa estrea Rubén Coméndez no banco do XSC, caendo en Sada pola mínima, e deixando as cousas moi complicadas, pois parece que os arrastres van ser varios, e o cadro xalleiro ten agora mesmo a 14ª praza, que parece que pode ser a última da permanencia, a 7 puntos.

Non foi boa, unha fin de semana máis, a xornada para os equipos costeiros na 1ª Autonómica. Camariñas e Ponteceso, tralas esperanzas da semana pasada, caían de novo e deixan a salvación moi costa arriba. A Esteirana, que tampouco se pode despistar, non pasaba do empate ante o Sigüeiro pero polo menos o mantén 4 puntos por debaixo. Mentres, o Baio caía ante un Unión que case o alcanza na 6ª praza, e o Malpica era quen de sacar un empate ao líder, o Noia, pero que non lle vale demasiado, pois o Arzúa escapaba e deixa a súa 2ª praza de promoción a 4 puntos dos malpicáns.

E tralos cambios que tivemos que facer esta semana na 2ª Autonómica, queda o Corme no máis alto, con 3 puntos de vantaxe sobre o Sofán e 5 sobre o Zas, pero cun partido máis que ambos conxuntos. O Sofán esta xornada tiña libre pois tocáballe co IDC, mentres que o Corme non fallaba ante o Buño, o propio que o Zas ante o Carnota. Por detrás, o Fisterra vencía en Cee nun dos partidos da xornada e se afianza co 4º posto.
Por abaixo, o Corcubión perdía un dos últimos trens caendo en Muros, pero ollo que nin Muros, nin Camelle, nun mesmo Volantes, Castriz, Porteño, Cabana ou Mazaricos se poden despistar por mor dos arrastres.

O Montelouro, novo equipo da Liga da Costa

E o Montelouro é novo equipo da Liga da Costa, acompañando ao Baíñas, tras finiquitar o ascenso a falta de 2 xornadas para o remate desta curta 3ª Autonómica.
Polo demais, na fantástica loita pola Promoción, o Coristanco caía ante o Ameixenda e perde a vantaxe que tiña cos outros 5 equipos que loitarán nas dúas últimas xornadas. Ten 2 sobre o equipo ceense, e 4 sobre Lira e Seaia, tralos empates do Lira ante o Baíñas (logo de ir gañando 4-0) e do cadro malpicán ante o Nantón, nun dos duelos directos desta tarde. O Nantón queda nestes momentos, xunto co Muxía, que caía ante o Montelouro, fóra dos postos de Promoción, pero quedan dúas xornadas espectaculares.

Xa nos Xuvenís, Dumbría e Esteirana certificaron a súa clasificación para a Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Ambos vencían con solvencia a Malpica e Corme fóra de casa, e aproveitaron a derrota do Cabana fronte ao XSC para sumar xa 10 e 0 puntos máis que o 3º, o cadro xalleiro, polo que a falta de 3 xornadas xa son matematicamente os que nos representarán na loita pola Liga Galega.

Sorpresa relativa na 1ª Cadete, coa primeira derrota dun XSC que parecía ía levar o campionato sobrado. Pero o Cee, 6º, vencíalle pola mínima en Fontenla. Xa na División de Honra Cadete o Dumbría caía en Areosa, se ben vencían os Infantís mantendo practicamente así a categoría. Ao que se lle complica é ao XSC, que caía ante o Orillamar, que marca a salvación, e conta xa con 11 puntos máis que os xalleiros.
Cómpre salientar o pasillo que lle facían aos Infantís do Cee no choque dos maiores do sábado celebrando o seu título de Liga, acadado a semana pasada, na penúltima xornada.

Pasillo do Cee e Fisterra aos infantis do Cee -Foto-Jorge Parri

Continúa a pelexa na Ligas de Veteranos con Coristanco en cabeza con 4 puntos sobre o Soneira, 6 sobre o Bértoa e 7 sobre o Laxe. Ningún fallaba e todo queda pendente das últimas 4 xornadas por arriba, pois por abaixo Nantón e Camariñas son xa os equipos descendidos, sendo probablemente o At. Milagrosa (fáltanlle 2 puntos para ser matematicamente equipo de 1ª) e o Corcoesto (conta con 6 puntos sobre o Erbecedo) os que ocupen o seu lugar.

Preferente, xornada 30

Sada 1-0 Xallas StComba
Soneira 1-2 Silva
Dumbría 0-0 O Val

1ª Autonómica, xornada 28

Malpica1-1 Noia
Ponteceso 21-2 Flavia
Arzúa 2-0 Camariñas
Unión 4-1 Baio
Esteirana2-2 Sigüeiro

2ª Autonómica, xornada 28

Cee2-3 Fisterra
Camelle 2-0 Porteño
Mazaricos 0-1 Outes
San Lorenzo 1-2 Cabana
Muros 3-0 Corcubión
Castriz 1-2 Volantes
Zas 3-1 Carnota
Corme 2-0 Buño
  • Descansa Sofán que vé como o seu partido ante o retirado IDC queda de antemán 3-0.

3ª Autonómica, xornada 20

Ameixenda 2-0 Coristanco
Castrelo5-1 Corcoesto
Lira 4-4 Baíñas
Montelouro3-0 Muxía
Cerqueda 0-3 Laxe
Nantón0-0 Seaia

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7

Malpica0-4 Dumbría
Corme 1-4 Esteirana
Xallas StComba 2-1 Cabana

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Norte, xornada 4

Camariñas3-1 Baio
Porteño 2-2 Ponteceso
Castriz 1-4 Coristanco

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo 2, xornada 4

Cee 1-1 Muros
Fisterra 4-0 Mazaricos
Outes 6-2 Muxía
  • Descansa Lira.

División de Honra Cadete, xornada 25

Areosa 2-1 Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 6

MIlladoiro 1-2 Dumbría
Orillamar 3-0 XSC

1ª Cadete, xornada 19

Xallas StComba 0-1Cee
Fisterra 5-0 Coristanco
Zas 5-1 Outes
Cabana 3-2 Esteirana
Baio 0-10 Muros
As Baleas5-0 Corcubión
  • Descansa Muxía.

1ª Infantil, xornada 26

Muxía 4-0 Vimianzo
Ponteceso 2-3 Cee
Cabana 8-4 Sofán
Corme 2-1 Os Miudos
Coristanco 2-6Fisterra
Esteirana 6-2 Outes
  • Descansa Baio.

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 6

Sofán 2-3 Muxía
As Baleas 3-0 Coristanco
Baio 2-10 Cabana
Corme 26/03 - 18:45 Vimianzo
  • Descansa EFB Corcubión.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 17

Cee 1-5 Fisterra
Os Miúdos B 0-16 Dumbría
Esteirana 3-4 XSC B
Lira 1-3 XSC A
Outes 3-0 Zas

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 6

Sofán 3-2 Muxía
Baio 1-7 Cabana
As Baleas A 0-8 Coristanco
Ponteceso 1-4 As Baleas B
Corme 26/03 - 17:45 E.M.F. Vimianzo

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 17

Os Miúdos B 6-6 Dumbría
Cee 2-3 Fisterra
Esteirana A 2-2 XSC B
Esteirana B 6-5 Os Miúdos A
Lira1-6 XSC A
Outes9-0 Zas

Prebenxamín F-8 Costa Este, xornada 5

Baio 3-3 Xallas StComba
Cee B 1-5 Outes
  • Descansa Esteirana.

Prebenxamín F-8 Costa Oeste, xornada 5

Dumbría 3-6 As Baleas
Fisterra 6-5 Cee A
  • Descansa EFB Corcubión.

Ligas de Veteranos, xornada 26

1ª División

Soneira 2-0 San Román
Zas 3-4 Xv. Bergantiños
Cabana 0-1 Ponteceso
Coristanco 6-0 Nantón
Dumbría 1-1 San Lorenzo
Castriz 0-2 Baio
Laxe 4-0 Camariñas Vet
Bértoa 4-0 Muros

2ª División

Sofán 5-0 Camelle
Malpica 6-2 Vimianzo
At. Milagrosa 3-1 Dep. Carballo
Erbecedo 4-0 Buño
Porteño 3-1 Cerqueda
Agualada 0-1 Leiloio
  • Descansan Poniente e Corcoesto.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios