Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Ata 10 equipos pendentes do descenso

2ª Autonómica: Ata 10 equipos pendentes do descenso
Cee-Fisterra-Foto-Jorge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Non se moveron as cousas por arriba na xornada 28 da 2ª Autonómica. O Corme, trala complicada vitoria ante o Buño, segue líder con 3 puntos de vantaxe sobre Sofán e 5 sobre o Zas, pero cun partido máis que ambos. O Sofán sumaba os puntos do IDC, e o Zas vencía ao Carnota.
Por detrás, o Fisterra, co permiso do Outes, afianza unha inútil pero honrosa 4ª praza tras vencer nun dos derbis máis fermosos da Liga, no San Paio de Refoxos ante o Cee.

E cómpre xa ir mirando para abaixo, pois cada día máis apretada a zona perigosa. Contando con 4 descensos máis que posibles polos arrastres do Camariñas e Ponteceso na 1ª e pendentes da Esteirana, o Corcubión ten un pé na 3ª, e máis trala derrota ante un rival directo, o Muros. Por agora, Camelle e o propio Muros ocupan esas 2 prazas restantes de descenso, pero é que hai outros 7 equipos que non se poden despistar pois dende o Buño, 9º, con 36 puntos, ata o 16º, o Camelle con 26, hai só 10 puntos de diferencia. Así Volantes, San Lorenzo, Castriz, Porteño, Cabana, Mazaricos e mesmo Buño, non se poden relaxar.

Cee - Fisterra (2-3)

11 do Cee ante o Fisterra-Foto-Jorge Parri
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Dani Freire, Rubén Fiuza (Penedo, min.46), Carlos Leis, Angeliño, Josiño (Yaya, min.82), Llanero, Diego Cespón e Cristian (Rodri, min.63).
11 do Fisterra ante o Cee-Foto-Jorge Parri
  • FISTERRA: Joselu, Munitis (Guardiola), Tati, Robertin, Dani, Santi (Mario), Roa, Tony (Julio), Isma, Guete (Aitor) e Bruno.
  • Goles; 0-1, min.38: Bruno dende fóra da área; 1-1, min.50: Llanero; 2-1, min.58: Llanero a centro de Diego Cespón; 2-2, min.84: Aitor; 2-3, min.90: Isma Leis.
Saque de honra do capi infantil do Cee-Foto.Jorge Parri

Partidazo o vivido no San Paio de Refoxos con emoción ata o final nun deses choques esperados cada temporada debido á rivalidade entre ceenses e fisterráns. Foi un partido con dúas partes diferenciadas, na que o Fisterra dominou os primeiros 45 minutos, o Cee tomou o mando na segunda e deu a volta ao marcador, pero que nos intres finais, o cadro de Juan Jesús conseguía volver a darlle a volta ao resultado e levar os puntos, afianzándose así na 4ª praza.

Llanero anotou dous no Cee-Fisterra-Foto-Jorge Parri

Tras media hora de cor verde, Bruno adiantaba aos visitantes. Pero a segunda arrincaba cun Llanero inspirado, e en apenas 15 minutos asinaba dous tantos que metían ao Cee por diante. Protestaba o Cee un gol anulado a Rodri tras un gran pase de Llanero, e o Fisterra non se daba por vencido. Protestaron os ceenses tamén que o gol do empate, de Aitor faltando 5 minutos, chegaba en posible fóra de xogo, pero a igualada subía ao marcador, e xa co tempo cumplido, un ex xogador do Cee, Isma Leis, asinaba o gol da vitoria.

Aitor marcou no Cee-Fisterra-Foto-Jorge Parri

Camelle - Porteño (2-0)

  • CAMELLE: Ángel, Rubén (Súper, min.60), Matías, Baliña, Adrián de Arteixo, Dido, Miguel Riveiro, Mario, Javi Rañal, Sergio e Barreiro.
  • PORTEÑO: Jimi, Pejo, Maikol, Caamaño, Gabi, Marcos, Piti, Doyle, Varela, David (Esteban, min.55) e Ismael.
  • Goles: 1-0, min.31: Sergio tras un saque de banda que peitea Dido; 2-0, min.90: Sergio.

Partido apretado, típico de derbi, cun gran ambiente como podemos comprobar, pero con moitas interrupcións, e moitas xogadas a balón parado. Comezaba o Porteño apretando cunha gran ocasión de Ismael que quedaba só tras un pase de Doyle ás costas da defensa, pero cruzou demasiado. E sen embargo foi o cadro local o que se metía por diante á media hora tras un saque de banda. Un Camelle que chegaba tocado de efectivos, unha semana máis, e no que mesmo debutaba Rubén, fichado este mesmo xoves.

Varela tamén tivo unha para empatar pero parou Ángel. Xa na segunda metade, tiveron os da Ponte media hora moi boa, achuchando ao cadro camellán, pero non entrou o empate, nin unha ocasión de Varela nin un remate de Doyle a un córner. E xa á contra, no último instante, o Sergio facía o segundo poñendo a puntiña ao derbi.

Completa así unha mala semana o equipo de Roskillero. Cristian Canosa, que chegaba do Soneira na segunda volta, rompíu o escafoides; MeuLar rompíu o peroné e por se fora pouco, Cousillas marchou emigrado para Canarias. Os 3 titulares perderanse o resto de temporada e o equipo non pode esquecer que os arrastres poden levarse á 3ª a 4 ou ata 5 equipos, e se o Camelle o ten moi complicado, con 26 puntos, 3º por abaixo, o Porteño, con 33, non está safo de todo.

Mazaricos - Outes (0-1)

Mazaricos-Outes-Foto-Sara Ramos
  • MAZARICOS: Marcos, Chico (Tuco, min.65), Matías, Martín, Estéfano, Coxo (Ferreiro, min.70), Rodri, Esteban, David (José Ángel, min.55), Molinos (Rodri, min.55) e Kevin.
  • OUTES: Gato, Rafa, Arturo (Yura, min.55), Chúa, Borja, David (Babu, min.65), Poke (Piki, min.40), Martín, Migui (Veleiro, min.75), Elías e Edu (Kin, min.46).
  • Gol: 0-1, min.30: Arturo nunha xogada a balón parado.
  • Lesión: Poke.

Impotente o Mazaricos ante un Outes moi ben plantado no campo, moi serio e creando moito perigo a balón parado. Tras media hora igualada, Arturo, o gran capitán xa de volta, marcaba o único tanto do partido.
Tralo gol desapareceu o Mazaricos que non foi quen de entrar de novo no partido. Iso si, tivo o empate pero a 5 do final do primeiro tempo, Molinos fallou un penalti, o 7º penalti que para Gato dos 10 que sufríu en contra o cadro de Manu Roque. Esa foi a xogada do partido, pois se marcaba o Mazaricos seguro que cambiaba o partido.

O Outes tivo para sentenciar na segunda, pero o partido non se decantaba e contra o final, algún balón colgado dos locais meteu medo no Outes pero sen claridade.

San Lorenzo - Cabana (1-2)

  • SAN LORENZO: Puyol, Rubén, Adrián, Anxo, David Álvarez, Cachizo (David Rey, min.80), Fuentefría, Schuster, Joaquín (Chucho, min.70), Dani e Velo (Juni, min.55).
  • CABANA: Añón, Pepe, Eloy (Ismael, min.55), Charli, David Sande, Eloy Vilas, Eloy Pereira, Mario (Manolo do Cruceiro, min.46), Berti, Manu Guillamet e Fernando (Sandro, min.65) (Diego, min.75).
  • Goles: 1-0, min.50: Joaquín; 1-1, min.55: Pepe; 1-2, min.80: Eloy Pereira.
  • Lesión: Sandro cun problema no xeonllo que veremos se é máis ou menos grave.

Partido tremendamente bregao, coma sempre en Verdillo, moi traballado, moi igualado e que un empate non tería sido inxusto. Pero as xeiras mandaron e se o Cabana suma xa 2 vitorias seguidas e 4 partidos sen perder, o San Lorenzo suma 3 derrotas seguidas e 5 partidos sen gañar.

Comezou o San Lorenzo mandando e tendo ocasións, pero continúa gafado cara gol. A partir do min.25, fíxose o Cabana co dominio, cun balón ao pau de Charli nun saque de esquina e varias xogadas e unha de Eloy Pereira moi clara.

Comezaba a segunda co gol dos locais, que de contado foi respondido polos visitante e Pepe facía o empate. O San Lorenzo foi polo partido pero nunha contra Eloy Pereira anotaba o segundo tanto para os de Periscal. Apretou aí o equipo local, sobre todo con xogadas de estratexia, e tivo dous tiros ao pau de Fuentefría e Joaquín, pero o empate non chegaría.

Foi esta unha xornada de estreas trala retirada do IDC. NO San Lorenzo, debutaba Juni mentres que Fraga quedaba por agora fóra da convocatoria. Ademais, por bando cabanés debutaba Manu Guillamet, tamén procedente do Independiente, e Mario, que xa estaba na disciplina cabanesa pero acaba de estrear ficha.

Muros - Corcubión (3-0)

11 do Muros ante o Corcubion-Foto-Jorge Parri
  • MUROS: Fabio, Ra, Teo, Iván, Juanche, Dani, Saúl, Gelo, Sexo, Samu e Jesús. Tamén xogaron: Santi, Pelos e Veloso.
11 do Corcubion en Muros-Foto-Jorge Parri
  • CORCUBIÓN: Perlón, Alán, Jesús, Disi, Xabi (Checho,m in.85), Gabi (Tito, min.65), Edu, Antón (Lucas, min.45) (Coiradas, min.85), Villar (Toja, min.30), Sebas e Lema.
  • Goles: 1-0, min.15: Samu; 2-0, min.60: Jesús; 3-0, min.75: Sexo.
Lema e Sexo capis do Corcubion e do Muros-Foto-Jorge Parri

Practicamente di adeus á categoría o Corcubión con esta derrota en Muros, que contando cos 2 previsibles arrastres, a día de hoxe aínda estaría en postos de descenso tendo 7 puntos máis que os corcubioneses.

Foi un choque máis igualado do que indica o marcador. Non houbo claro dominador no principio, con moito balonazo e moitas pérdidas de balón. Samu marcaría de cabeza o primeiro gol, e o Corcubión o intentaba sen demasiado perigo, chegando ao descanso co 1-0.

Xa na segunda metade, o Corcubión estirouse pero á contra o Muros sentenciaba cos goles de Jesús e Sexo.

Muros celebrando un gol ante o Corcubion-Foto-Jorge Parri

Castriz - Volantes (1-2)

  • VOLANTES: Vicente, Juan, Néstor, Nimo, Miguel, Moja, Martín, Ivi, Adri, Brais e Cajulo.
  • CASTRIZ: Pablo, Bruno, Alberto (Fabio, min.46), Alex, Cili, Agra, Castro, Chinda (David Pose, min.80), Víctor e Pichín.
  • Goles: 0-1, min.5: Cajulo; 0-2, min.20: Néstor; 1-2, min.65: Pichín.

Levou o Volantes 3 puntos importantes para escapar dos arrastres de San Pedro. E o conseguiu cunha gran primeira parte dos laranxas, que saíron a por todas e Cajulo e Néstor abrían diferencia no marcador.

A segunda foi cor rossonero, pero o gol de Pichín non foi suficiente para conseguir a remontada e os puntos marcharon para Muros.

Zas - Carnota (3-1)

  • ZAS: Dani, Martín, Pereiro (Fabián, min.83), Lagoa (Oli, min.78), Víctor Vecino, Peke, Pablo Lestón, Rubio, Isma (Damián, min.85) e David Blanco (Samuel, min.60).
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Ferreiro, Pumuky, Nakata, Pablo Beiro (Elías, min.70), Pablo Pichín (Andrés Fandiño, min.55) (Urko, min.80), Iván Maceiras, Rodrigo e Manuel Luís.
  • Goles: 1-0, min.8: David Blanco; 2-0, min.20: Rubio; 2-1, min.40: Pablo Beiro; 3-1, min.75: Isma.
  • Lesión: O carnotán Andrés Fandiño.

Partido igualado en San Andrés onde a superioridade na táboa dos locals deixouse ver analizando o partido completo. E iso que o Carnota fixo méritos para sacar algo máis de San Andrés, pero a eficadia dos David Blanco e Rubio na primeira, e de Isma para poñer o broche ao partido a falta de 15 para o final, foron suficientes para manter ao Zas na loita polo título e polo ascenso. Pablo Beiro metía ao Carnota no partido ao fío do descanso, e durante moitos minutos a incertidume estivo no marcador e o cadro visitante puido empatar, pero o foi o Zas o que movería o marcador.

Corme - Buño (2-0)

  • CORME: Suso (Javi, min.90), Dani, Alejandro, Miguel Torrado (Antoniño, min.75), Sergio, Diego (Juanma, min.80), Juan Chans, Adrián Doldán (Josiño, min.60), Alejo (Manu, min.65), Brais e Toniño.
  • BUÑO: Brais, Eloy, Fran Borrazás, Alfredo, Casais, Dani, Gurita, Dourado, Víctor, Charro (Pedro, min.70) e Elías (Juan, min.75).
  • Goles: 1-0, min.44: Alejo aproveita un balón longo; 2-0, min.85: Josiño.

Partido complicado o que sacou o Corme ante un dos que sempre se lle atragantan como é o Buño. O Corme, levando sempre a iniciativa, mesmo puido marcar xa no primeiro minuto Diego. Pero despois se foi metendo no partido o Buño, que acabou dominando a primeira metade. Pero chegaba xogada clave, o gol de Alejo, en posible fóra de xogo e ao fío do descanso.

Na segunda saíu o Buño con gañas de empatar. Tivo Charro un man a man por riba do porteiro pero saí lambendo o pau, e tamén o Buño mandaba un balón ao longueiro nunha falta moi ben botada por Fran Borrazás. E cando peor estaba o Corme, e co empate máis preto, chegaba a sentenza por medio de Josiño a falta de 5 para o final.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios