Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Montelouro acada o ascenso e loitará polo título

3ª Autonómica: O Montelouro acada o ascenso e loitará polo título
O MOntelouro celebra o ascenso-Foto-Jorge Parri A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

Quedan 2 xornadas e todo está aberto nesta 3ª Autonómica. A nova da xornada é o ascenso do Montelouro, que volve á Liga da Costa tralo descenso da temporada pasada.
Pero se os postos de ascenso directo están listos, queda moito por disputar, mesmo o título, que parecía reservado ao Baíñas, pero que co empate de onte en Lira, se disputará a vida ou morte no Agra da Filgueira na última xornada, sempre que non fallen esta semana. Co 1-1 na ida, e con 3 puntos de diferencia entre ambos, se se manteñen as cousas como están trala penúltima xornada, todo se decidirá no Agra da Filgueira o 6 de abril.

A que tamén segue espectacular é a loita pola Promoción. A derrota do Coristanco en Cee ante o Ameixenda apreta aínda a táboa, e se ben segue a ser o equipo con máis opcións, temos 6 equipos en 6 puntos. Cos empates do Seaia en Nantón, a derrota do Muxía en Louro, e o empate do Lira ante o líder, quedan fóra da Promoción Nantón e Muxía, con 31 e 30 puntos respectivamente, pero é que Lira e Seaia teñen 32, Ameixenda 34 (paso de xigante o seu esta xornada) e Coristanco 36.

Na vindeira xornada, o Coristanco pode reservar praza fixa se non falla ante o Castrelo. O Ameixenda tamén pode asinar o seu posto de promoción se vence ao Muxía, ao que deixaría practicamente fóra, pero que se vence en Cee se colocaría de cheo na loita. O Seaia ten a complicada visita dun Montelouro que vai querer pelexar o título, e o Nantón visita ao Baíñas, que ten a loita aberta arriba. Quedan dúas xornadas de infarto.

Ameixenda - Coristanco (2-0)

11 do Ameixenda coa estrea da mascota Relampago-Foto-
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel, Javichu, Camacho, Samuel, Mateo (Jesús, min.55), Iván, Momaño (Jorge, min.77), Borja (Demetrio, min.80), Alex e Rioliño (Paulino, min.75).
Coristanco en Cee-Foto-Jorge Parri
  • CORISTANCO: Fredy, Torreira, Morientes (Añón, min.75), Rubén, Marcos, Mato, Mallón, Sergio (Pazos, min.70), Magovi, Toniño e Benítez.
  • Goles: 1-0, min.60: Mateo de falta dende 25 metros colándose polo medio da barreira; 2-0, min.75: Álex de cabeza remata unha falta.
  • Expulsión: o visitante Rubén (min.80).
Tonino e Alex capis do Coristanco e Cee-Foto-Jorge Parri

Posiblemente un dos mellores partidos do Ameixenda no que vai de temporada para vencer ao Coristanco e evitar que escape e asegure praza de promoción. A primeira metade foi moi igualada. O Coristanco protestou unha xogada na que a defensa sacaba o balón baixo paus, pedindo que o balón traspasara a liña.

Non había demasiado xogo nin ocasións, ata que Mateo abría o marcador aos 15 minutos da segunda cun gol de falta por medio da barreira. Estirouse o cadro verde, pero sen facer ocasións claras, e tras un centro Alex remataba bombeado sorprendendo a Fredy.

Choveu no Ameixenda -Coristanco-Foto-Jorge Parri Afeccion do Ameixenda-Foto-Jorge Parri

Castrelo - Corcoesto (5-1)

  • CASTRELO: Miki (David, min.80), Estebo (RODRI, MIN.65), Luís, Bichón, Mario, Roi, Edreira, Gatusso (Borja, min.46), Félix, Germán (Roberto, min.60) e Estiven (Óscar, min.75).
  • CORCOESTO: Edelmiro, Ángel, Longo, Germán, Daniel, Pablo, Martín, Couto, Cristian e Patelo.
  • Goles: 0-1, min.40: Martín de gran remate a un córner; 1-1, min.50: Félix; 2-1, min.60: Styven; 3-1, min.65: Edreira; 4-1, min.75: Roberto; 5-1, min.80: Luís.
  • Expulsión: o meta cabanés Edelmiro (min.65).

Non foi o partido como sinala o marcador pois a primeira metade foi de dominio visitante, moi aberta, e que mesmo remataba co Corcoesto por diante. Saíra durmido o cadro vimiancés e o Corcoesto, que estaba xogando con 10 por falta de efectivos dende o comezo, marcou un e ata puido caer algún máis.

Pero na segunda, ca expulsión do meta Edelmiro, e cun xogador de porteiro, non hubo rival. Xa tuvo moito mérito ir gañando un partido con 10 pero con 9 e un xogador de porteiro foi imposible sacar nada positivo.

Lira - Baíñas (4-4)

  • LIRA: Simón, Herminio, Brea, Adrián, Josiño, Manu, Suso Perico, Víctor (Cibrán, min.60), Óliver (Saúl, min.55), Cristian e Alex.
  • BAÍÑAS: Campos, Sancho, Luís, Héctor (Iván, min.46), Samuel, Mario, Esteban, Jaime, Cristian, Javi Suárez e Tasky.
  • Goles: 1-0, min.18: Suso Perico de penalti; 2-0, min.20: Álex; 3-0, min.35: Suso Perico; 4-0, min.44: Suso Perico; 4-1, min.55: Mario de falta; 4-2, min.60: Javi Suárez de penalti; 4-3, min.75: Esteban de penalti; 4-4, min.80: Javi Suárez de cabeza.

Partido estrano, moi bonito e moi emocionante, e con 3 penaltis que ata parecía o gran clásico. Empezou durmindo o Baíñas, andando polo campo, e o Lira meteu 4 nunha gran primeira metade. Javi Suárez e Jaime fallaron un par de ocasións nas úlnicas chegadas dos vimianceses, pero o que non fallaba era Suso Perico.

Pero no descanso Pato botou unha boa bronca, cambiou o sistema e o partido mudou radicalmente, saíndo o Baíñas crendo na remontada, e conseguiron remontar e mesmo puido chegar o gol da vitoria co 4-4. Aproveitaron os de Baíñas o baixón físico na segunda do Lira, e Simón tivo que facer boas paradas a Javi Suárez de cabeza e a Cristian. Ademais, nos últimos 10 minutos o Lira tamén se achegou á meta de Campos, pero Saúl esvarou, Suso marrou e o colexiado anulou un tanto por fóra de xogo dos lirachos.

Montelouro - Muxía (3-0)

Montelouro-Muxia-Foto-Jorge Parri
  • MONTELOURO: Isma do Cruceiro, César, Abel (Raúl, min.70), Pablo, Chema, Isma Cosme (Bruno, min.55), Geico, Pedro, David, Benja (Pepe, min.65) e Pesco (Pesi, min.80).
  • MUXÍA: Papi, Currás, Pataca, Martín, Juan, Pereira, Javi, David, Iván, Jonathan e Peski.
  • Goles: 1-0, min.20: Pesco; 2-0, min.40: Pesco; 3-0, min.75: Bruno.

Malia que o cadro loureán quería ter cambiado o partido para o sábado, e malia que xa sabía que estaba matemanticamente ascendido coa derrota do Coristanco do sábado, o equipo de Jurjo gardou forzas para o domingo. E arrincou ben, facendo unha boa primeira metade na que Pesco facía dous goles.

Na segunda botouse atrás o Louro e sentenciou á contra, nun choque no que non houbo tanta diferencia como indica o marcador.

Métese así o Montelouro na loita polo título de novo, aproveitando o empate do Baíñas en Lira, queda 3 puntos por debaixo do líder, pero coa visita do Baíñas a Agra da Filgueira no último partido de Liga, que seguramente será clave.

Celebrando un dos goles do Montelouro-Foto-Jorge Parri

Cerqueda - Laxe (0-3)

  • CERQUEDA: Ángel, Juanjo, Dani, Xabi, Lorenzo, Sergio (Manute, min.40), Javi Pazos, Darío, Rubén, Uru e eliseo.
  • LAXE: Diego, Aarón (Adrián, min.72), Naya, Samu Soneira, Jacinto (López, min.70), Santi, Saleta, Gora, Carrabete (Lolo, min.20), Djamel e Samueliño (Manu Domínguez, min.75).
  • Goles: 0-1, min.73: Samueliño de penalti; 0-2, min.76: Samueliño dende a frontal; 0-3, min.80: Saleta de penalti.
  • Lesión: os laxenses Carrabete cun pinchazo e Jacinto cun problema no menisco.

Partido máis que igualado ata o treito final que decantou para o cadro de Toni. Arrincaba o primeiro tempo igualado, cun Laxe moi ben atrás, con moito oficio, que pegaba un estirón na segunda, na que estiveron moi vivos.

Non abría a alta Samueliño ata o min.73, pero aí xa baixaron os brazos os locais, que esta temporada non é a deles, e chegaron 3 goles rápidos que sentenciaron o partido.

Nantón - Seaia (0-0)

Nanton-Seaia-Foto-CD Nanton
  • NANTÓN: Ernesto, Diego, Eloy, Félix, Manu, Carlos V., Cachi, Amado, Luís, Martín e Iván. Tamén xogaron: Dani B., Pollo e Carlos R.
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Ramón, Vistas, Eme, Parga (Vilariño, min.80), Adra (Guille, min.75), Zala, Camilo, Uru e Richard (Dimaga, min.70).
  • Expulsión: o visitante Zala por doble cartón no minuto 30 e os locais Martín e Diego.

Partido moi reñido entre os dous equipos que se respectaron demasiado. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio polo falecemento do avó de Fabio.

Xa no deportivo houbo unha parte para cada equipo. O Nantón estivo moi ben na primeira parte, meténdolle moita intensidade e tendo máis o balón pero sen crear ocasións de gol, apenas un par de Luís e Manu pero sen demasiado perigo.

Na segunda estivo mellor o cadro malpicán que tivo ata 3 boas ocasións (de Uru, Camiño e Eme de falta) que non acabaron en gol.

Ambos equipos criticaron a actuación arbitral, con 3 expulsados nun choque que non foi para nada duro.

O Colexiado foi protagonista no Nanton-Seaia-Foto-CD Nanton

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios