Luns. 29.04.2024
El tiempo

Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa

Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa
Raul do Sofan e Oscar Suarez do Malpica-Pichichis do Futbol da Costa

Volvemos facer números ca axuda de Luís Porto das táboas de goleadores do fútbol da Costa. I é que a realidade é que facemos un traballo conxunto, pois o malpicán saca os datos das nosas crónicas, contrasta coas actas, e nós volvemos ser os que contactamos cos clubes para cerciorar que está ben, se a crónica QPC ou a acta. E non é por nada... pero nun 90% dos casos, acerta QPC.
Unha situación que fai que Luís teña a ben invitar aos delegados do fútbol costeiro a repasar a acta antes da sinatura, algo que coas electrónicas xa case nin se fai.

En todo caso imos ao noso, a repasar os datos dos goleadores dos equipos da costa da 1ª Autonómica e da 2ª Autonómica.

Na 1ª Autonómica, segue o veterano malpicán Óscar Suárez sendo o pichichi da Liga, nada menos que con 17 goles, 3 máis que os esteiráns Róber Pladur e Kike Paluca. Xa lonxe, con 8, atopamos ao pontecesán Dieguito e ao baiés MC, que suman un tanto máis que os camariñáns Mario Toja e Brais Triñares.

Xa na 2ª Autonómica, é Raúl Díaz, o pichichi do Sofán, o que supera ao zaense David Blanco no máis alto da táboa, O sofanista conta con 20 goles polos 18 do zaense. O cormelán Lucas, que non é un goleador nato, conta con 17, dous máis que outro cormelán Juan Chans, que tampouco destaca polo seu olfato, que suma 15 tantos, os mesmos que o fisterrán Aitor.
Atopamos por aí grandes nomes como os do corcubionés Mario, o sofanista Iván Rojo, o fisterrán Mané, o de Verdillo Joaquín, o cormelán Alejo, Charro do Buño, Elías do Outes, os carballeses Juni e Mario, o muradán Yanki, sendo o carnotán Ferreiro un dos primeiros defensas que aparece na táboa con 11 tantos, por dante do tamén defensa, o camellán Matías, con 10.

Taboas dos pichichis do FutboldaCosta-Fonte-Luis Porto

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios