Ecuador de outubro e parece que chega unha nova fin de semana cargada de Fútbol da Costa.
E a novidade desta semana é o comezo da 3ª Autonómica. Bueno, realmente só terá lugar un partido, pois a 1ª xornada está prantexada para o vindeiro día 27, pero este domingo o Montelouro e o Laxe abrirán a campaña nun encontro adiantado por mor dunha boda!!
Así que, tras repasar o parte de sancións analizamos a previa. E comezamos pola Preferente, na que o Bergantiños buscará manter o liderato recibindo a un frouxo Narón trala derrota da semana pasada ante o Soneira. Mentres, o cadro soneirán quere seguir escapando de abaixo e buscará puntuar en Vivieiro. Ademais, os XSC e Dumbría queren volver á senda da vitoria para manterse na zona alta. Os de Julio Martínez reciben ao Dubra, mentres que os de Canosa terán unha complicada saída ante todo un Ribadeo, 2º na táboa.
Na 1ª Autonómica o choque máis complicado o terá o Camariñas no campo do líder, o Noia. O más necesitado segue a ser o Ponteceso, que buscará meter ao Piloño en descenso de paso que sae do posto de pechacancelas. Ademais, Malpica, Baio e Esteirana terán encontros teoricamente asequibles para seguir na fantástica liña de comezo de campaña.
A xornada na 2ª Autonómica terá un foco de atención en Ara Solis. Dous dos aspirantes ao ascenso se enfrontancon 1 punto de diferencia entre eles. O Fisterra recibe a o Castriz, dous equipos que están collendo o bo ritmo e que seguen os pasos do líder. Un Outes que buscará seguir soñando ante o Volantes. Hai dous partidos adiantados ao sábado, ca zona baixa como protagonista. Os dous pechacancelas, Corcubión e Cabana, reciben a Zas e Mazaricos, e necesitan sumar de 3 en 3. Será ademais a estrea de Senra no banco corcubionés.
En Xuvenís, polo Grupo 3-Sur, descansas XSC e Cee, e non haberá choques directos. O líder imbatido, visitará o Eleuterio Balayo ante un Muros moi mellorado con respecto ao ano pasado. Mentres, no Grupo 4-Norte haberá que estar atentos ao Malpica-Ponteceso, dous dos favoritos fronte a fronte xa nun momento onde as maquinarias teñen que estar ben rodadas.
Chegamos ademais á última xornada da I Copa da Costa Cadete. 8 dos 12 equipos clasificaranse para uns Cuartos de final que se xogan a vindeira semana, deixando para xaneiro as semifinais e para maio a finalísia.