Mércores. 01.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: 4 equipos en zona noble e un aínda en descenso

1ª Autonómica: 4 equipos en zona noble e un aínda en descenso

Boa xornada para Camariñas, Esteirana e Baio esta 6ª xornada da 1ª Autonómica. O cadro de Berto acadou unha sufrida vitoria ante o Flavia, colocándose xa 8º. Mentres, o Baio e a Esteirana seguen vencendo e sorpredendo no seu debut na categría e quedan 4º e 6º respectivamente.
O Malpica non pasou do empate e colleitou ademais dúas graves lesións polo que a pesar de manter a 3ª praza a xornada non foi positiva.

E tampouco o foi para o Ponteceso, que segue adaptando á categoría aos seus recén chegados de xuvenís. Os de Mato trataron de ti a ti a todo un Villestro, colíder, pero acabaron sucumbindo. A melloría é palpable pero fai falta algo de paciencia.

Ponteceso - Villestro (0-3)

  • PONTECESO: Xurxo, Javi Peón, Dani Pallas, Moscoso (Rubén, min.75), Josito, Dani Cotelo, Mendieta (Yoseph, min.80), Tucho, Dieguito, Nando (Martín Puente, min.70), Toniño (Miki Pose, min.75).
  • Goles: 1-0, min.40; 2-0, min.75; 3-0, min.90.

Derrota previsible do Ponteceso, aínda en proceso de adaptación. Pero así e todo o equipo de Mato fixo un grandísimo partido, con 70 minutos moi bos, prantando cara a todo un Villestro. Pero de cara a portería aínda está verde o cadro pontecesán.

Comezaba o choque co Ponteceso mandando, e chegando, sen demasiada claridade, pero sen recibir tampouco perigo na súa meta. Pero faltaban 5 minutos para o descanso, e un erro do meta Xurxo, que lle deixaba o balón franco ao extremo que lla picaba por riba.

Non decaeu o cadro local que buscou na segunda metade o empate. Dani Pallas Dani Pallas cun taconazo que pegou no pao, e Toniño, que picou un balón que saía rozando o pau, estiveron preto de igualar o choque. Pero a mellor ocasión chegaba dende os 11 metros, aínda co 1-0 no marcador Dieguito marraba un penalti, que puido cambiar o rumbo do partido.
Pouco despois chegaba o inxusto 0-2 e o Ponteceso marchaba aí do partido.

Camariñas - Flavia (3-2)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Conguito, Sergio (Fabián, min.46), Roi (Nico, min.82), Manuel (Wii, min.70), Moriño, Mario Toja, David de Muxía, Martín, Sule, Brais.
  • Goles: 0-1, min.20: tras unha mala cesión; 1-1, min.25: Brais Triñares; 1-2, min.40; 2-2, min.70: Mario Toja de penalti; 3-2, min.80: Wii remachou tras un centro de Brais.
  • Expulsións: dous xogadores visitantes.

Custoulle bastante ao Camariñas deixar os tres puntos na casa. I é que regalou atrás o equipo de Berto, permitindo que se meteran por diante ata dúas veces no partido. Pero os padroneses só buscaban balón longo ao seu dianteiro e o Camariñas soubo esperar o seu momento.

Empatou Brais Triñares o gol inicial dos visitantes tras unha mala cesión atrás. Pero antes do descanso, de novo unha mala acción defensiva permitía que o punta visitante se colase entre a defensa e asinase o 1-2.

Saíu a por todas o Camariñas na segunda. Mario Toja empatou de penalti e o equipo non decaeu ata que Wii marcou un dos seus goles, rematando un centro onde teñen que estar os bos dianteiros. 3 goles e 3 puntos para casa

Malpica - Piloño (0-0)

11 do Malpica ante o Piloño-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Pombo, Adrián, Manu Casal (Quique, min.40), David Castro (Eloy, min.81), Dani García (Alemán, min.36), Fernando Varela, Juan Carlos, Cheo, Óscar Suárez, Ismael, M. Maradona (Abel, min.69).
  • Lesións: graves lesións para os malpicáns Dani García, con problemas no xeonllo e Manuel Casal, cunha brecha na cabeza. Ambos foron trasladados a unha clínica de Carballo.
  • Expulsións: os malpicáns Adrián (min.70) por doble cartón e Cheo (min.85).

Mala xornada para o Malpica que tivo en fronte a un Piloño moi serio e forte. Ademais, as lesións de Dani García e Manu Casal deixan un balance máis que negativo do partido.

Na primeira parte e nos primeiros dez minutos da segunda parte o dominio do xogo foi do Piloño. Mesmo pudo marcar con un penalti a favor que parou Pombo. Do porteiro do Piloño non se tiñan noticias. Xa na segunda o Malpica fíxose co dominio físico e táctico do partido e acabou arrinconando ao rival e tivo ocasións para poder gañar, pero sen acerto.

Mágoa o protagonismo do colexiado que permitiu un xogo demasiado duro aos visitantes, e acabou expulsando a dous xogadores locais. Pero aínda con nove xogadores durante os últimos minutos o Malpica seguiu apretanto para lograr o gol do triunfo.

Imaxe do Malpica-Pilono-Foto-Wash Calvo

Cordeiro - Baio (1-2)

  • BAIO: Anxo, Chema (Eloy, min.55), Yago, Mario, Jose, Norber (Fredi, min.80), Fachal, Bieito, Canay (Christian, min.61), Alberto (Rubio, min.66), MC.
  • Goles: 0-1, min.2: MC; 1-1, min.5; 1-2, min.75: Christian Ordóñez.

Primeira vitoria a domicilio do Baio. E onte tocou sufrir a pesar de que o cadro de Félix foi superior ao tamén recén ascendido Cordeiro. O partido se puña de cara pronto para os baieses co gol de MC, co seu 3º tanto da temorada, pero de contado igualaba o cadro local.

O partido tornouse lento, e ninguén quería arriscar. Chegaba o tanto da vitoria a falta de 15 minutos cando Christian acadaba un tanto que permitía ao equipo baiés replegar filas e gardala roupa.

Unión - Esteirana (4-5)

  • ESTEIRANA: Mj, Roi, Simón, Dani Rama, Sui, Pablo, Varela, Andel, Álex, Kike e Rober Pladur.
  • Goles: 1-0, min.2; 1-1, min.4: Rober Pladur; 1-2, min.17: Kike; 1-3, min.26: Kike; 2-3, min.35; 3-3, min.50; 3-4, min.55: Kike; 4-4, min.60; 4-5, min.75: Rober Pladur.

Menudo partidazo da Esteirana en Rianxo, ante todo un Unión de Asados, no que o cadro de Martín foi pegando primeiro e repoñéndose ás respostas dos locais. Comezaba marcando o equipo da Barbanza, pero en 25 minutos Rober Pladur e Kike Paluca (xa leva 7 con este hast trick), verdadeiros protagonistas neste partido, daban a volta ao marcador poñendo o 1-3. Antes do descanso o Unión recurtaba deixando a incertidume no partido.

E á volta empataba o equipo local, pero lonxe de decaer, os esteiráns volveron lanzarse arriba e Kike metíaos de novo por diante. Pero o Unión resistíase como gato panza arriba e volvía anular a renda. Foi faltando 15 minutos, e tras este espectacular intercambio de golpes, cando Pladur facía o 5º e definitivo tanto, que deixa aos de Esteiro na 6ª praza a só 4 puntos do líder.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios