Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte

Xuvenís: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte
Dumbria -XSC de xuvenis-Foto-Jorge Parri

7ª xornada xa nas Ligas Xuvenís e as cousas vanse perfilando. I é que cómpre lembrar que son ligas tremendamente curtas e a estas alturas xa hai que estar moi ben situado. E se polo Sur parece que o título vai ter cor branca, polo Norte as cousas parecen moito máis apretadas.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 7

Parece que o Dumbría vai ser implacable esta campaña na categoría. O sábado recibía probablemente un dos rivais máis fortes do grupo, o XSC, e o cadro de Lobelos e Leis volveron gañar. E xa van 5 de 5, con 32 goles a favor e, atención, só 2 goles en contra.

Por detrás agora se sitúan Fisterra, que descansaba, e o Cee, que vencía ao Soneira, con 12 puntos. Preto queda tamén o propio XSC e malia Esteirana, que non facía o seu mellor partido ante o Outes acadando un empate.

Quedan sen sumar Mazaricos, que non podía co Muros por pouco, e o novato Lira, que tamén descansaba.

Dumbría- Xallas StComba (2-1)

11 do Dumbría Xuvenil ante o XSC-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Portu (Martín, min.46), Cabana (Yerai, min.60), Roberto, Pablo, Maikel, Alcaina, Marcote (Lucho, min.65), Antón Lestón (Lucas, min.46) e Javi (Charli, min.82).
11 do XSC Xuvenil no Conco-Foto-Jorge Parri
  • XALLAS DE SANTA COMBA: Coke, Cristian (Alex, min.60), Carlos, Pérez (Sergio, min.60), Torres, Fabián, Miguel, Adrián, Steven (Tefi, min.60), Iván (Isma, min.80) e Pablo.
  • Goles: 1-0, min.35: Roberto; 1-1, min.40: Adrián; 2-1, min.65: Lucho.
  • Expulsión: o xalleiro Miguel por doble cartón mo min.60.
Roberto pelexando un balon a Ivan do XSC-Foto-Jorge Parri

O partido daba comezo no Conco nunha tarde de nubes e claros, unha tarde onde se enfrontaban dous claros candidatos a levarse esta liga e pelexar polo ascenso. Empezaba o partido cunha grada cun bonito ambiente, ambos equipos viñan coa súa afección preparada para apoiar ao seu equipo ao máximo. O partido estivo moi moi tenso durante todo o encontro, eran dous equipos que se coñecían á perfección de todos os enfrontamentos disputados o ano pasado, duelos de rivalidad e onde antigos compañeiros enfrontábanse esta tarde como era o caso do porteiro Couto e do medio Roberto que se enfrontaban aos seus ex do XSC.

Foi un partido trepidante onde ambos conxuntos e ambas afeccións pediron e protestaron varias decisións arbitrais que non foron acertadas. Un partido bastante igualado onde o resultado puido ser un empate moi claro. Un Dumbría que non estivo acertado no seu xogo pero si acertado de cara a portería en cambio o XSC non tivo tanta sorte de cara ao gol. Unha expulsión na segunda parte deixaría ao XSC en inferioridade numérica, pero isto non lles faría baixar os brazos e a partir de aí chegaría o seu mellor xogo. Pero a pegada do Dumbria nunha contra ben levada, desequilibraría o marcador ao lado dumbriés, que se levaría 3 puntos. Ao final do encontro ambos equipos déronse a man como grandes conxuntos que son, non así algún afeccionado que recriminou e increpou a algún xogador e ao árbitro. O partido finalizaría cun resultado moi axustado de 2-1 para os locais..

Celebrando un gol dumbries-Foto-Jorge Parri

Mazaricos - Muros (2-3)

  • Goles: 0-1, min.15: Veloso tras un saque de banda; 1-1, min.20: Carreira de falta dende a frontal; 2-1, min.40: Arturo roubou un pase ao porteiro e batiuno; 2-2, min.86: Adrián; 2-3, min.90: Santi.
  • Expulsión: o central amarelo Bieito (min.20) por falar demais, e a Carreira (min.92).

Partido dominado na primeira metade polo Mazaricos de Casais, que non puido manter o ritmo. E iso que foi o cadro de Bibi o que se adiantaba tras un saque de banda, pero Carreira e Arturo daban a volta ao marcador.

Na segunda baixaron o pistón os amarelos e os celestes foron gañando terreo. Chegaba o Muros pero non conseguía empatar ata que nos últimos intres, por acerto visitante e por falta de picardía e seriedade defensivanos locais, dúas xogadas a balón parado sorprendían para que Adrián e Santi deran a volta ao marcador deixandoao Mazaricos aínda sen puntuar.

Soneira - Cee (2-4)

Xuvenil-Soneira-Cee-Foto-UCCee
  • SONEIRA: Lema, Samu, José, Manuel, Rodri, Adrián (Roberto, min.40), Espi, Samu (Damián, min.62), Aarón, Jordi (Cristian, min.64) e Eloy (Christian, min.71).
  • CEE: Paulo (Argen, min.55), Abraham (Tivi, min.46) (Trillo min77), Jicho, Aitor, Esteban, Tebo, Nanón, Andrés, Ferrio (Alex, min.64), Rafa e Mario (Marco min.82).
  • Goles: 0-1, min.12: Andrés aproveita o rexeite do porteiro a un remate de Mario tras centro de Abraham: 0-2, min.68: Rafa; 1-2, min.69: Espi; 1-3, min.80: Alex; 2-3, min.84: Damián; 2-4, min.90: Rafa.
  • Lesión: o ceense Tivi cunha escordadura de nocello.

Achegase o Cee aos de arriba tras vencer ao Soneira nun partido bastante complicado, que tivo encarrilado boa parte do partido e se lle acabou complicando. Comezaba o cee intentando tocar e o Soneira buscando máis balóns directos. E non chegaban demasiadas ocasións, e só Mario conseguía poñer por diante aos de José Carlos aos 12 minutos.

Na segunda o Soneira parecía máis incisivo, pero foi o Cee o que ampliaba a vantaxe. De contado respondía o cadro local recurtando por medio de Espi e poñendo a incertidume no marcador. Chegaron os mellores minutos do Soneira, cun partido de ida e volta. Puido chegar o empate pero que o chegou foi o terceiro do Cee a falta de 10 minutos. Non decaeu o Soneira que se volvía meter no encontro a falta de 5 para o final, pero nunha contra sentenciaría Rafa.

 Xuvenil-Soneira-Cee-Foto-UCCee 2

Outes - Esteirana (1-1)

  • OUTES: Samuel, Jurado, Rafa, César, Brión, Babu (Adrián, min.50), Álvaro, Ibra, Paulo (Santi, min.65), Zeta (Xurxo, min.70) e Veleiro.
  • ESTEIRANA: Marcos (MJ, min.46), Rafa, David, Sergio (Fabio, min.70), Tobío, Codesido, Damián (Cristian, min.60), Jose, Adrián, Manu e Raúl.
  • Goles: 1-0, min.25: Veleiro; 1-1, min.60: en propia meta.

Moi ben disciplinado o Outes, moi seguro atrás, e con máis intensidade que o rival. Así e todo foi unha parte para cada un, e un empate máis que xusto. Non houbo demasiadas ocasións, apenas unha por cada bando, unha de Abraham só co porteiro para o Outes e unha para Mitri.

Como dicimos, a primeira metade os de Manu Roque estiveron mellor, con Veleiro arriba e unha vez máis o polivalente Samuel baixo paos. Na segunda, con Jose na banda, mellorou o equipo de Martín, que fixo máis dano e estivo mellor prantado. O gol do empate chegaría en propia meta.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 7

Máis igualada está este Grupo Norte. Segue o Corme no máis alto da táboa, pero sen amosar unha gran superioridade. De feito, o sábado sufríu para traer os 3 puntos de Laxe, cos que suma 17, 2 puntos máis que Malpica e Ponteceso. Os malpicáns venceron ao novato Castriz, a pesar de case deixarse levar no último treito de partido, mentres que o Ponteceso tampouco o tivo fácil ante o Muxía.

O Cabana sacou un punto do Platas Reinoso nos últimos intres, e queda a 4 do liderato, deixando ao Baio, que non está tendo a sorte de cara neste comezo de temporada, con só 6 puntos, a pesar do seu bo xogo.

Para a semana tócalle descansar ao líder, o Corme, e Malpica e Ponteceso enfrontaranse para ver quen colle o relevo.

Laxe - Corme (1-2)

  • LAXE: Martín, Sergio, Diego, Sergio, Pibe, Djamel, Santi, Adrián, Ferri, Elías, Saleta.
  • CORME: Rubén, Sergio, Eloy, Cristian, Iván (Fra, min.46), Yoshua, Antonio, Isma (Manu, min.60), Juanma, Brais (Quique, min.46), Alejo (Isaac, min.80).
  • Goles: 0-1, min.30: Alejo; 1-1, min.35: Saleta; 1-2, min.80: Manu.

Partido moi igualado, que se decantou para os visitantes. Bo partido do Laxe, sobre todo na primeira metade, que puido levar o partido, e que segue a demostrar que pode competir con calquera. Pero o Corme está moi ben e ca sorte de cara como o demostra o feito de estar no máis alto da táboa.

Adiantábase o cadro cormelán cun tanto de Alejo pero pronto Saleta acadaba o empate. Foi o cadetes O Laxe tivo algunha ocasión para empatar, cunha falta directa de Adrián que saíu pegada ao pau e unha parada do porteiro a tiro de Saleta. Pero ao final o marcador non se moviu e o Corme quedou cos 3 puntos.

Castriz - Malpica (2-3)

Plantel do Castriz Xuvenil-Foto-Luis E Porto
  • CASTRIZ: Víctor, Bolita, Johny, Ternande, Adrián, Andi (Sergio, min.42), José Ángel (Iván, min.63), Balsa (Javier, min.72), Javi (Marcos, min.58), Yordi e Miguel.
11 do Malpica xuvenil ante o Castriz-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel, Víctor Novo (Plejo, min.87), Kevin, Canario, Steven, Diego (Cholo, min.84), Pitís (Gabi, min.74), Guille (Brais, min.69), Almeida, Alberto e Eloy (Mouri, min.69).
  • Goles: 0-1, min.13: Pitís tras un rexeite; 0-2, min.30: Pitís; 0-3, min.50: Almeida tras un córner; 1-3, min.75: Johny; 2-3, min.92: Johny.
Os capis Almeida, do Malpica, e Jordi, do Castriz-Malpica-Foto-Luis E Porto

Mellora partido a partido este Castriz de Lorenzo e Evaristo. Pero o sábado tiñan en fornte a todo un Malpica. Os malpicáns comezaron demostrando a súa superioridade, pero o combativo Castriz non se deixaba levar. Ao descanso o marcador sinalaba 0-2, cun Malpica que só buscaba gol en xogadas demasiado individualistas.
A segunda comezaba co terceiro gol, pero o Castriz tampouco desistiu. Aí relaxouse demasiado o equipo visitante e a piques estivo de costarlle caro pois os xalleiros meteron dous goles nos últimos minutos metendo algo de medo.

Coristanco - Camariñas (8-0)

  • CORISTANCO: Nacho, Naya (Iván, min.50), Navarro, Rubén, Javi (Mosquera, min.70), Jorge, Brandón, Joni, Fondo (Abelenda, min.50), Bértoa (Cristian, min.48) e Joaquín (Suárez, min.60).
  • CAMARIÑAS: José Luís, Chicote, Brian, Santi, Pose, Mateo, Manuel, Juan, Carlos, Jose e Javi. Tamén: Aitor.
  • Goles: 1-0, min.3: Joaquín; 2-0, min.20: Jorge de penalti sobre Joaquín; 3-0, min.40: Bértoa; 4-0, min.55: Brandón a pase de Joni; 5-0, min.70: Brandón; 6-0, min.75: Suárez; 7-0, min.80: Jorge dende lonxe; 8-0, min.85: Rubén nun córner.

Non hai tanta diferencia entre estes dous equipos, pero as casualidades se puxeron de cara para os de Da Silva e deron as costas aos de Pirucho. Os camariñáns chegaba con porteiro lesionado, e aínda por riba, cada chegada local acaba en gol. En estado de gracia estaban os Joaquín, Bértoa, Brandón ou Jorge. Ao descanso o partido marchaba xa 3-0 e na segunda, tralo 4º, o Camariñas baixou os brazos.

Baio - Cabana (3-3)

Baio-Cabana Foto-Alejandro Mel
  • Goles: 0-1, min.15: Sergio Ferreira; 1-1, min.30: David roubando unha mala cesión ao porteiro cabanés; 1-2, min.40: Iván Mato; 2-2, min.55: Santi Díaz; 3-2, min.65: Costiña; 3-3, min.90: Pablo Pose.

Non está tendo a sorte o equipo de Pastoriza e parece que se escapa a zona alta ao Baio merecendo moito máis. O sábado mereceu gañar ante un potente Cabana, que soubo repoñerse aos golpes baieses e esperar o seu momento. E precisamente o momento chegaba ao final do partido, case que na última xogada, e cando o Baio parecía máis cómodo, tras remontar por dúas veces e colocarse 2-3 no marcador, e mesmo dominando. Pero un chut de Pablo Pose no min.90 daba o empate aos cabaneses 4º con 13 puntos e ao Baio 7º con 6.

Baio-Cabana Foto-Alejandro Mel

Ponteceso - Muxía (2-0)

  • Goles: 1-0, min.10: Iago; 2-0, min.75: Ismail.

Partido despois de festas para o Ponteceso, polo que os rapaces de Dani Pallas chegaban algo tocados. Así e todo se puñan cedo por diante co gol de Iago, e durante a primeira metade controlaron o partido.
Pero o Muxía apretou bastante, sobre todo na segunda metade, co 1-0 no marcador, achuchando moito, tendo o balón e arrinconando aos pontecesáns no seu campo, pero sen demasiada claridade cara gol. Ata que chegou a sentenza, a falta de 15 minutos co tanto de Ismail.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios