Segunda fin de semana de outubro e máis de 60 partidos en liza do Fútbol da Costa.
E comezamos a análise da xornada dende a Preferente, que xa cumpriu a súa 8ª xornada. E a sorpresa saltaba no Municipal vimiancés onde o Soneira sorprendía a todo un Bergantiños. Unha vitoria que necesitaba o cadro de Felipe como auga de maio, e que o saca do descenso. A derrota non impide que o cadro carballés manteña o liderato aproveitando empate do Ribadeo ante o Dubra. O XSC caía ante o San Tirso pero fica na 3ª praza a só 3 puntos do líder. Tampouco sumaba o Dumbría na casa ante o Sada, que queda a 6 do liderato na 6ª, empatado co cadro sadense e co Silva.
Na 1ª Autonómica, a xornada saldouse con 3 vitorias, un empate e unha derrota esperada. A do Ponteceso, que recibía a un Villestro chamado a todo, e que colleu demasiado cedo a un equipo aínda en proceso de adaptación. Polo resto, 3 vitorias tremendas dos nóveles Baio e Esteirana fóra de casa, e que os deixan con 11 puntos, a só 4 do liderato, entre os 6 primeiros. O Camariñas vencía ao Flavia e se coloca 8º, respirando con tranquilidade. E o Malpica se mantén 3º co seu empate ante o Piloño, un empate que así e todo soubo a pouco.
A 6ª xornada da 2ª Autonómica deixa ao Outes no máis alto. Os de Manu Roque segue espectaculares, e hoxe puideron cun Buño moi aguerrido. O Cee, firme, queda a 3 puntos, tras vencer non sen sufrimento ante o San Lorenzo. E a 5 puntos do líder están o Castriz, que goleou ao Cabana, e o Sofán, que fixo o propio co Porteño. O Fisterra non puido pasar do empate en Camelle, e no choque máis igualado da xornada, un solitario gol de penalti de Iván Lagoa deu a vitoria ao Zas ante un Corme que aínda non arrincou.
Por abaixo, preocupa o Corcubión, que saíu cunha goleada de escándalo en Mazaricos. E tanto preocupa que a directiva decidiu destituír a Nito. O seu substituto será Senra.
Nos Xuvenís, o partido da xornada era o Dumbría-XSC. O cadro xalleiro chegaba para romper a imbatibilidade do Dumbría, pero este equipo parece decidido a romper marcas e segue con 5 vitorias en 5 partidos. O Fisterra, que descansaba, e o Cee, que vencía ao Soneira pero conta cun partido máis, se poñen a 3 puntos, un por riba do XSC.
Polo Norte, o Corme segue líder tras vencer pola mínima a un Laxe que quería volver meterse no allo. O Malpica xa vai subindo posicións e se sitúa 2º, a 2 puntos, empatado co Ponteceso. Ambos venceron a teóricos rivais pequenos pero sen facilidade. O Cabana queda 4º tras un fermoso empate cun Baio que tamén quere unirse ao pelotón de cabeza.
En División de Honra Cadete, o Dumbría caía en Santiago, e na Liga Galega Infantil, malos resultados para os nosos, deixando aínda ao XSC sen puntuar, igual que outros 4 equipos.
Na I Copa da Costa Cadete, a falta de unha xornada, xa vai encamiñada cara os Cuartos.
E nos Infantís, Cee e Corme continúa imbatidos.
Os Veteranos, o Baio e o San Lorenzo comandan na 1ª, quedando o novato Dumbría de pechacancelas aínda sen puntos. En 2ª, parece que o Corcoesto e o Milagrosa buscarán o ascenso.
Por último, na Liga Intermunicipios de Bergantiños pon ao Sp- Brea de líder tras unha goleada tremenda ao Sp. Seaia. Segue tamén a boa liña o Baldaio tras unha nova goleada, desta volta ao Peña Galicia, e Rus e Cereo manteñen o ritmo.
Soneira S.D. | 2-1 | Bergantiños C.F |
San Tirso S.D. | 2-1 | Xallas StComba |
C.F. Dumbría | 0-1 | Sp. Sada |
Cordeiro C.F. | 1-2 | C.D. Baio |
Ponteceso S.D. | 0-3 | S.D. Villestro |
Camariñas F.C. | 3-2 | Flavia S.D. |
S.C.D. Malpica | 0-0 | S.D. Piloño |
C.D. Unión | 4-5 | S.D. Esteirana |
Camelle S.D. | 1-1 | S.D. Fisterra |
Mazaricos C.F. | 7-0 | U.D. Corcubión |
Porteño C.F. | 1-4 | S.D. Sofán |
S.D. Castriz | 4-1 | Cabana S.D. |
Indep. Carballo | 1-3 | Muros S.D. |
U.C. Cee | 4-2 | S.D.San Lorenzo |
Outes C.F. | 4-3 | Buño S.D. |
Volantes F.C. | 2-2 | U.D. Carnota |
Sp. Zas | 1-0 | Corme C.F. |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 7
Mazaricos C.F. | 2-3 | Muros S.D. |
Soneira S.D. | 2-4 | U.C. Cee |
C.F. Dumbría | 2-1 | Xallas StComba |
Outes C.F. | 1-1 | S.D. Esteirana |
- Descansan Lira e Fisterra.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 7
S.D. Laxe | 1-2 | Corme C.F. |
S.D. Coristanco | 8-0 | Camariñas F.C. |
C.D. Baio | 3-3 | Cabana S.D. |
S.D. Castriz | 2-3 | S.C.D. Malpica |
Ponteceso S.D. | 2-0 | Muxía C.F. |
S.de Compostela | 3-1 | C.F. Dumbría |
C.D. Lugo | 6-0 | Xallas StComba |
Bergantiños C.F. | 1-1 | Galicia Caranza |
C.D. Calasanz | 1-0 | C.F. Dumbría |
- G1: Cee - Muros (3-2) (descansa As Baleas).
- G2: Fisterra - Baio (7-0) (descansa Esteirana).
- G3: Muxía - Zas (1-6) (descansa Coristanco).
- G.4: Outes - Cabana (2-3) (descansa XSC).
E.D. Os Miudos | 4-3 | S.D. Esteirana |
S.D. Sofán | 2-3 | Outes C.F. |
E.M.F. Vimianzo | 1-9 | U.C. Cee |
Muxía C.F. | 5-4 | S.D. Coristanco |
C.D. Baio | 0-4 | Corme C.F. |
Cabana S.D. | 4-3 | Ponteceso S.D. |
Ligas de Veteranos, xornada 5
C.D. Nantón | 2-3 | Ponteceso S.D. |
S.D.San Lorenzo | 2-3 | Xv. Bergantiños |
C.D. Baio | 1-0 | San Román |
Camariñas Vet | 1-4 | Soneira S.D. |
Bértoa | 1-1 | Sp. Zas |
S.D. Laxe | 1-1 | Cabana S.D. |
S.D. Castriz | 0-1 | S.D. Coristanco |
Muros S.D. | 1-0 | C.F. Dumbría |
Dep. Carballo | 3-4 | Poniente |
Buño | 0-0 | Vimianzo |
Cerqueda | 1-2 | Camelle |
Corcoesto | 2-0 | Sofán |
Agualada | 0-1 | Malpica |
Porteño | 1-5 | At. Milagrosa |
Leiloio | 0-3 | Erbecedo |
Peña Galicia | 0-4 | Baldaio |
Valenza | 3-2 | Xornes |
Laxe | 0-1 | Rus |
A Piña | 0-3 | Cereo |
Sp. Seaia | 1-9 | Sp. Brea |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).