Previa dunha fin de semana futboleira de infarto

Xornada clave esta primeira de abril no Fútbol da Costa, con dous títulos en liza, e moitas posicións de descenso en xogo, traendo partidos de infarto.

Parte de sancións

O detalle máis salientable, os 6 partidos para o xogador do Porteño, Caamaño, e os 50€ de multa para o club, tras desestimar o Comité as alegacións.

Preferente

  • Iago Castro (Dumbría).
  • Pablo Muíño (Dumbría - 2 partidos).
  • Héctor Sarcedo (XSC).

Aperc. Pref.:
- Aarón Fdez. (Dumbría).


1ª Autonómica

  • Berto Suárez (Adest. Camariñas).
  • Francisco Bermúdez (Del. Camariñas - 3 partidos).
  • Manuel Mouzo (Del. Baio).
  • Norber González (Baio).

Aperc. 1ª:
- Fernando Varela (Malpica).
- David Lema (Camariñas).
- Kike Paluca (Esteirana).
- Andel Fdez. (Esteirana).


2ª Autonómica

  • David Dourado (Buño).
  • Alberto García (Castriz).
  • David Agra (Castriz).
  • José Caamaño (Porteño - 6 partidos).
  • Sergio Varela (Porteño).
  • Brais Sendón (Volantes).
  • Elías Ruso (Outes).
  • Iván Caamaño (Muros).
  • Juan José Armental (Del. Muros).
  • Mateo Fernández (Muros).
  • Eloy García (Cabana).
  • Alan Insua (Corcubión).
  • Toniño Veiga (Corme).
  • Dani Cousillas (Corme).

Aperc. 2ª:
- Adrián Ramos (Camelle).
- Felipe Barreiro (Camelle).
- Marcos Cili (Castriz).
- Quin Martín (Outes).
- Piki Sanmpedro (Outes).
- Angeliño Insua (Cee).
- Pablo Martínez (Sofán).
- Adrián Fraga (San Lorenzo).
- Sergio París (Muros).
- Sandro Carballo (Cabana).
- Sebas Cortejoso (Corcubión).


3ª Autonómica

  • Jonathan Tajes (Muxía).
  • Fran Roget (Castrelo).
  • Roi Caamaño (Castrelo).
  • Diego Filgueiras (Laxe).
  • Manuel Santos (Nantón).
  • Víctor Amado (Nantón).
  • Pablo Vidal (Montelouro).
  • Alberto Verdes (Adest. Seaia - 2 partidos).
  • Alexandre Carballo (Seaia).
  • Martín Pradini (Seaia).

Aperc. 3ª:
- Sergio Tarrela (Muxía).
- Mateo Caamaño (Ameixenda).
- Eloy Moreira (Nantón).
- Gabriel Hermida (Montelouro).
- David Lestón (Montelouro).


Xuvenís

  • Dani Mato (Cabana).
  • Alejandro Vázquez (Dumbría).
  • Diego Lobelos (Adest. Dumbría).
  • Juan Brea (Muros - 5 partidos).
  • Eduardo Lariño (Muros).
  • José Pastoriza (Adest. Baio).
  • Pablo Ternade (Baio).

Cadetes

  • Juan Tuñas (Dumbría).
  • Manuel Suárez (Cabana).
  • Javier Sieira (Muros).

Aperc. Cadetes:
- Sameul Quintáns (Dumbría).


A Previa

E arrincamos o repaso pola Preferente, con 3 partidos vitais para os nosos. Por arriba, o Dumbría ten que vencer a un Chantada que non se xoga nada e esperar que o Silva tropece ante o Estudiantil para volver a meterse nos postos de Promoción. Por abaixo, máis urxencias ten o Soneira, ao que pode que lle chegue o último tren, unha visita a un Narón aínda en postos de descenso directo pero con 9 puntos máis que os vimianceses. O XSC tamén necesita sumar para saír dos máis que probables postos de arrastres e para iso recibirá a un Residencia na zona morna.

Un dos partidos da xornada será o derbi da 1ª Autonómica. Un derbi de UCI. O Ponteceso, con 21 puntos, recibe ao Camariñas, con 23. A día de hoxe están a 7 da permanencia, contando con algún arrastre fixo, polo que a falta de 5 xornadas o que non sume os 3 puntos case que se pode despedir da categoría.
Polo demais, o Malpica ten que facerlle un favor aos compañeiros de abaixo e vencer ao Amio para seguir loitando co Arzúa pola 2ª praza. Ademais, o Baio visita ao Lamela, outro dos de abaixo, e a Esteirana quere sumar 3 puntos que lle dean a tranquilidade necesaria para afrontar as últimas xornadas.

Importante, xa o son todas, a xornada na 2ª Autonómica. Por arriba, a loita entre Corme e Sofán contunúa aberta. Os cormeláns reciben ao Cabana mentres o Sofán terá un derbi carballés sempre complicado e intenso en Verdillo. Un deses partidos para disfrutar da esencia do Fútbol da Costa.
Pero máis importante é a xornada por abaixo. Os máis que posibles dous arrastres da 1ª fan que as 3 prazas de descenso estean candentes. O Corcubión pode case que dicir adeus esta xornada se non gaña a un Buño que quere 3 puntos que lle deixen case safo. O Muros recibe a todo un Fisterra e o Camelle terá un duelo fraticida ante o Castriz, con só 3 puntos de diferencia entre ambos. O Volantes ten que visitar a un Zas aínda na loita polo título. E en Mazaricos, o cadro amarelo e o Porteño buscarán 3 puntos que tamén lles dean a tranquilidade.

Moito en xogo na 3ª

Con este fantástico vídeo chega a derradeira xornada na 3ª Autonómica co título en xogo, e moito máis, con horario unificado. O domingo, o Agra da Filgueira acollerá un Montelouro-Baíñas que se presenta como unha finalísima. O empate lle vale ao cadro vimiancés pero o Louro, se gaña, arrebataríalle un título que leva traballando o Baíñas toda a temporada, pois leva 18 xornadas de líder. Así, os afeccionados vimianceses que queiran acodir poderán facelo no bus que fleta o equipo, que sairá ás 15:30h de diante da nave de Autos Costa, en fronte do Supermercado Muíño.
Pero ademais, a atención centrarase en Arliña. O Muxía recibe ao Seaia, e quen venza se meterá na Promoción, se ben o empate pode que non lle sirva a ninguén, xa que se o Nantón gaña ao Laxe e muxiáns e malpicáns empatan, sería o Nantón o que se metería na promoción. En caso de que ademais o Ameixenda caese co Castrelo, habería un triple empate no que quedarían fóra o Seaia e o Ameixenda, meténdose Nantón e Muxía, acompañando a Coristanco e Lira.
O que parece que non se vai disputar é o Lira-Corcoesto, pois tras varias semanas con problemas de efectivos, asuntos laborais, lesións e sancións impiden que o cadro cabanés consiga xuntar 11 xogadores. A Federación xa está avisada de que o Corcoesto non sei vai presentar en Lombáns.

Clave tamén a penúltima xornada da Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. A Esteirana recibe ao Dumbría e o que venza terá o título da Liga Xuvenil na man. Ambos serán os representantes costeiros na Fase.
E se xa rematou o Grupo Norte da Liga da Copa da Costa Xuvenil co Castriz fóra, quedan dúas xornadas no Grupo Sur. A atención, ver quen acompaña ao Lira fóra dos Oitavos, con Muxía e Mazaricos como principais competidores.

Teremos ademais a Volta da Previa da I Copa da Costa Infantil, con 3 partidos.
E ollo ás Ligas Sur das categorías inferiores, pois xa se achegan ao final, cando faltan 4 xornadas para o final. En Alevíns, o Fisterra pode alcanzar ao Dumbría aproveitando o seu partido de descanso. E en Benxamíns, o Outes, se gaña en Cee, será matematicamente campión.

E para rematar, pode o Coristanco asestar un golpe final ao título da Liga de Veteranos se vence ao Xuventud de Bergantiños. Quedarían 2 xornadas e alomenos 6 puntos de distancia ante Bértoa e Soneira, aínda con algún choque directo en cernes.
En 2ª División, o Corocoesto poderá celebrar o ascenso se vence ao Leiloio.

Preferente, xornada 32

Narón 05/04 - 17:00 Soneira
Xallas StComba 05/04 - 17:00 Residencia
Dumbría 06/04 - 17:00 Chantada

1ª Autonómica, xornada 30

Ponteceso 05/04 - 18:00 Camariñas
Malpica 06/04 - 17:00 Amio
Esteirana 06/04 - 17:00 Agolada
Lamela 06/04 - 17:00 Baio

2ª Autonómica, xornada 30

Corcubión 05/04 - 17:00 Buño
Castriz 06/04 - 17:00 Camelle
Mazaricos 06/04 - 17:00 Porteño
Zas 06/04 - 17:00 Volantes
Cee 06/04 - 17:00 Carnota
San Lorenzo 06/04 - 17:00 Sofán
Muros 06/04 - 17:00 Fisterra
Corme 06/04 - 17:00 Cabana
  • Descansa o Outes.

3ª Autonómica, xornada 22

Castrelo 06/04 - 17:00 Ameixenda
Cerqueda 06/04 - 17:00 Coristanco
Lira 06/04 - 17:00* Corcoesto
Nantón 06/04 - 17:00 Laxe
Montelouro 06/04 - 17:00 Baíñas
Muxía 06/04 - 17:00 Seaia
  • * O Lira-Corcoesto probablemente non se dispute, pois o cadro cabanés xa avisou ao clube liracho e á Federación de que non xunta efectivos suficientes para presentarse en Lombáns.

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9

Esteirana 05/04 - 17:00 Dumbría
Cabana 05/04 - 18:00 Corme
Xallas StComba 05/04 - 20:00 Malpica

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Sur, xornada 6

Fisterra 05/04 - 17:00 Muxía
Mazaricos 05/04 - 17:00 Muros
Cee 05/04 - 18:00 Lira
  • Descansa Outes.

División de Honra Cadete, xornada 26

Orillamar 05/04 - 17:00 Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 8

Bergantiños 05/04 - 16:30 Dumbría
Xallas StaComba 05/04 - 12:00 Lalín

1ª Cadete, xornada 21

Cee 05/04 - 10:30 Muxía
Baio 05/04 - 10:30 As Baleas
Fisterra 05/04 - 12:00Corcubión
Cabana 05/04 - 16:00 Outes
Zas 05/04 - 16:00 Muros
Xallas StComba 06/04 - 12:30 Esteirana
  • Descansa Coristanco.

Copa da Costa Infantil, Volta da Previa

4-3Muxía - Ponteceso06/04 - 11:00
2-7Baio - Fisterra04/04 - 18:30
6-0Corme - Coristanco06/04 - 12:00

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 8

As Baleas 0-1 Corcubión
Baio 04/04 - 19:00 Muxía
Vimianzo 04/04 - 19:15 Cabana
Corme 05/04 - 18:00 Coristanco
  • Descansa Sofán.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 19

Os Miúdos A 05/04 - 12:00 XSC B
Os Miúdos B 05/04 - 12:00 XSC A
Lira 05/04 - 12:00 Zas
Esteirana 05/04 - 13:15 Fisterra
Cee 05/04 - 17:00 Outes
  • Descansa Dumbría.

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 8

Baio 04/04 - 18:00 Muxía
Vimianzo 04/04 - 18:00 Cabana
As Baleas B 05/04 - 10:30 Sofán
As Baleas A 05/04 - 11:30 Ponteceso
Corme 05/04 - 17:00 Coristanco

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 19

Esteirana B 05/04 - 11:00 Dumbría
Os Miúdos A 05/04 - 11:00 XSC B
Os Miúdos B 05/04 - 11:00 XSC A
Esteirana A 05/04 - 12:15 Fisterra
Lira 05/04 - 13:00 Zas
Cee 05/04 - 16:00 Outes

Prebenxamín F-8 Costa Este, xornada 7

Esteirana 05/04 - 15:45 Cee B
Xallas StComba 05/04 - 18:00 Outes
  • Descansa Baio.

Prebenxamín F-8 Costa Oeste, xornada 7

As Baleas 2-3 Cee A
EF Corcubión 05/04 - 12:30 Fisterra
  • Descansa Dumbría.

Ligas de Veteranos, xornada 28

1ª División

Zas 06/04 - 11:00 Soneira
Cabana 06/04 - 11:00 San Román
Coristanco 06/04 - 10:00 Xv. Bergantiños
Dumbría 06/04 - 11:00 Ponteceso
Castriz 06/04 - 11:00 Nantón
Laxe 06/04 - 11:00 San Lorenzo
Bértoa 06/04 - 12:00 Baio
Camariñas Vet 06/04 - 10:00 Muros

2ª División

Malpica 06/04 - 11:00 Sofán
At. Milagrosa 06/04 - 11:00 Vimianzo
Erbecedo 06/04 - 11:00 Poniente
Porteño 06/04 - 12:00 Dep. Carballo
Agualada 06/04 - 11:00 Cerqueda
Corcoesto 06/04 - 11:00 Leiloio
  • Descansa Camelle e Buño.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).