Xornada clave esta primeira de abril no Fútbol da Costa, con dous títulos en liza, e moitas posicións de descenso en xogo, traendo partidos de infarto.
Parte de sancións
O detalle máis salientable, os 6 partidos para o xogador do Porteño, Caamaño, e os 50€ de multa para o club, tras desestimar o Comité as alegacións.
Preferente
- Iago Castro (Dumbría).
- Pablo Muíño (Dumbría - 2 partidos).
- Héctor Sarcedo (XSC).
Aperc. Pref.:
- Aarón Fdez. (Dumbría).
1ª Autonómica
- Berto Suárez (Adest. Camariñas).
- Francisco Bermúdez (Del. Camariñas - 3 partidos).
- Manuel Mouzo (Del. Baio).
- Norber González (Baio).
Aperc. 1ª:
- Fernando Varela (Malpica).
- David Lema (Camariñas).
- Kike Paluca (Esteirana).
- Andel Fdez. (Esteirana).
2ª Autonómica
- David Dourado (Buño).
- Alberto García (Castriz).
- David Agra (Castriz).
- José Caamaño (Porteño - 6 partidos).
- Sergio Varela (Porteño).
- Brais Sendón (Volantes).
- Elías Ruso (Outes).
- Iván Caamaño (Muros).
- Juan José Armental (Del. Muros).
- Mateo Fernández (Muros).
- Eloy García (Cabana).
- Alan Insua (Corcubión).
- Toniño Veiga (Corme).
- Dani Cousillas (Corme).
Aperc. 2ª:
- Adrián Ramos (Camelle).
- Felipe Barreiro (Camelle).
- Marcos Cili (Castriz).
- Quin Martín (Outes).
- Piki Sanmpedro (Outes).
- Angeliño Insua (Cee).
- Pablo Martínez (Sofán).
- Adrián Fraga (San Lorenzo).
- Sergio París (Muros).
- Sandro Carballo (Cabana).
- Sebas Cortejoso (Corcubión).
3ª Autonómica
- Jonathan Tajes (Muxía).
- Fran Roget (Castrelo).
- Roi Caamaño (Castrelo).
- Diego Filgueiras (Laxe).
- Manuel Santos (Nantón).
- Víctor Amado (Nantón).
- Pablo Vidal (Montelouro).
- Alberto Verdes (Adest. Seaia - 2 partidos).
- Alexandre Carballo (Seaia).
- Martín Pradini (Seaia).
Aperc. 3ª:
- Sergio Tarrela (Muxía).
- Mateo Caamaño (Ameixenda).
- Eloy Moreira (Nantón).
- Gabriel Hermida (Montelouro).
- David Lestón (Montelouro).
Xuvenís
- Dani Mato (Cabana).
- Alejandro Vázquez (Dumbría).
- Diego Lobelos (Adest. Dumbría).
- Juan Brea (Muros - 5 partidos).
- Eduardo Lariño (Muros).
- José Pastoriza (Adest. Baio).
- Pablo Ternade (Baio).
Cadetes
- Juan Tuñas (Dumbría).
- Manuel Suárez (Cabana).
- Javier Sieira (Muros).
Aperc. Cadetes:
- Sameul Quintáns (Dumbría).
A Previa
E arrincamos o repaso pola Preferente, con 3 partidos vitais para os nosos. Por arriba, o Dumbría ten que vencer a un Chantada que non se xoga nada e esperar que o Silva tropece ante o Estudiantil para volver a meterse nos postos de Promoción. Por abaixo, máis urxencias ten o Soneira, ao que pode que lle chegue o último tren, unha visita a un Narón aínda en postos de descenso directo pero con 9 puntos máis que os vimianceses. O XSC tamén necesita sumar para saír dos máis que probables postos de arrastres e para iso recibirá a un Residencia na zona morna.
Un dos partidos da xornada será o derbi da 1ª Autonómica. Un derbi de UCI. O Ponteceso, con 21 puntos, recibe ao Camariñas, con 23. A día de hoxe están a 7 da permanencia, contando con algún arrastre fixo, polo que a falta de 5 xornadas o que non sume os 3 puntos case que se pode despedir da categoría.
Polo demais, o Malpica ten que facerlle un favor aos compañeiros de abaixo e vencer ao Amio para seguir loitando co Arzúa pola 2ª praza. Ademais, o Baio visita ao Lamela, outro dos de abaixo, e a Esteirana quere sumar 3 puntos que lle dean a tranquilidade necesaria para afrontar as últimas xornadas.
Importante, xa o son todas, a xornada na 2ª Autonómica. Por arriba, a loita entre Corme e Sofán contunúa aberta. Os cormeláns reciben ao Cabana mentres o Sofán terá un derbi carballés sempre complicado e intenso en Verdillo. Un deses partidos para disfrutar da esencia do Fútbol da Costa.
Pero máis importante é a xornada por abaixo. Os máis que posibles dous arrastres da 1ª fan que as 3 prazas de descenso estean candentes. O Corcubión pode case que dicir adeus esta xornada se non gaña a un Buño que quere 3 puntos que lle deixen case safo. O Muros recibe a todo un Fisterra e o Camelle terá un duelo fraticida ante o Castriz, con só 3 puntos de diferencia entre ambos. O Volantes ten que visitar a un Zas aínda na loita polo título. E en Mazaricos, o cadro amarelo e o Porteño buscarán 3 puntos que tamén lles dean a tranquilidade.
Moito en xogo na 3ª
Con este fantástico vídeo chega a derradeira xornada na 3ª Autonómica co título en xogo, e moito máis, con horario unificado. O domingo, o Agra da Filgueira acollerá un Montelouro-Baíñas que se presenta como unha finalísima. O empate lle vale ao cadro vimiancés pero o Louro, se gaña, arrebataríalle un título que leva traballando o Baíñas toda a temporada, pois leva 18 xornadas de líder. Así, os afeccionados vimianceses que queiran acodir poderán facelo no bus que fleta o equipo, que sairá ás 15:30h de diante da nave de Autos Costa, en fronte do Supermercado Muíño.
Pero ademais, a atención centrarase en Arliña. O Muxía recibe ao Seaia, e quen venza se meterá na Promoción, se ben o empate pode que non lle sirva a ninguén, xa que se o Nantón gaña ao Laxe e muxiáns e malpicáns empatan, sería o Nantón o que se metería na promoción. En caso de que ademais o Ameixenda caese co Castrelo, habería un triple empate no que quedarían fóra o Seaia e o Ameixenda, meténdose Nantón e Muxía, acompañando a Coristanco e Lira.
O que parece que non se vai disputar é o Lira-Corcoesto, pois tras varias semanas con problemas de efectivos, asuntos laborais, lesións e sancións impiden que o cadro cabanés consiga xuntar 11 xogadores. A Federación xa está avisada de que o Corcoesto non sei vai presentar en Lombáns.
Clave tamén a penúltima xornada da Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. A Esteirana recibe ao Dumbría e o que venza terá o título da Liga Xuvenil na man. Ambos serán os representantes costeiros na Fase.
E se xa rematou o Grupo Norte da Liga da Copa da Costa Xuvenil co Castriz fóra, quedan dúas xornadas no Grupo Sur. A atención, ver quen acompaña ao Lira fóra dos Oitavos, con Muxía e Mazaricos como principais competidores.
Teremos ademais a Volta da Previa da I Copa da Costa Infantil, con 3 partidos.
E ollo ás Ligas Sur das categorías inferiores, pois xa se achegan ao final, cando faltan 4 xornadas para o final. En Alevíns, o Fisterra pode alcanzar ao Dumbría aproveitando o seu partido de descanso. E en Benxamíns, o Outes, se gaña en Cee, será matematicamente campión.
E para rematar, pode o Coristanco asestar un golpe final ao título da Liga de Veteranos se vence ao Xuventud de Bergantiños. Quedarían 2 xornadas e alomenos 6 puntos de distancia ante Bértoa e Soneira, aínda con algún choque directo en cernes.
En 2ª División, o Corocoesto poderá celebrar o ascenso se vence ao Leiloio.
| Narón | 05/04 - 17:00 | Soneira |
| Xallas StComba | 05/04 - 17:00 | Residencia |
| Dumbría | 06/04 - 17:00 | Chantada |
| Ponteceso | 05/04 - 18:00 | Camariñas |
| Malpica | 06/04 - 17:00 | Amio |
| Esteirana | 06/04 - 17:00 | Agolada |
| Lamela | 06/04 - 17:00 | Baio |
| Corcubión | 05/04 - 17:00 | Buño |
| Castriz | 06/04 - 17:00 | Camelle |
| Mazaricos | 06/04 - 17:00 | Porteño |
| Zas | 06/04 - 17:00 | Volantes |
| Cee | 06/04 - 17:00 | Carnota |
| San Lorenzo | 06/04 - 17:00 | Sofán |
| Muros | 06/04 - 17:00 | Fisterra |
| Corme | 06/04 - 17:00 | Cabana |
| Castrelo | 06/04 - 17:00 | Ameixenda |
| Cerqueda | 06/04 - 17:00 | Coristanco |
| Lira | 06/04 - 17:00* | Corcoesto |
| Nantón | 06/04 - 17:00 | Laxe |
| Montelouro | 06/04 - 17:00 | Baíñas |
| Muxía | 06/04 - 17:00 | Seaia |
- * O Lira-Corcoesto probablemente non se dispute, pois o cadro cabanés xa avisou ao clube liracho e á Federación de que non xunta efectivos suficientes para presentarse en Lombáns.
| Esteirana | 05/04 - 17:00 | Dumbría |
| Cabana | 05/04 - 18:00 | Corme |
| Xallas StComba | 05/04 - 20:00 | Malpica |
| Fisterra | 05/04 - 17:00 | Muxía |
| Mazaricos | 05/04 - 17:00 | Muros |
| Cee | 05/04 - 18:00 | Lira |
| Orillamar | 05/04 - 17:00 | Dumbría |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 8
| Bergantiños | 05/04 - 16:30 | Dumbría |
| Xallas StaComba | 05/04 - 12:00 | Lalín |
| Cee | 05/04 - 10:30 | Muxía |
| Baio | 05/04 - 10:30 | As Baleas |
| Fisterra | 05/04 - 12:00 | Corcubión |
| Cabana | 05/04 - 16:00 | Outes |
| Zas | 05/04 - 16:00 | Muros |
| Xallas StComba | 06/04 - 12:30 | Esteirana |
| 4-3 | Muxía - Ponteceso | 06/04 - 11:00 |
| 2-7 | Baio - Fisterra | 04/04 - 18:30 |
| 6-0 | Corme - Coristanco | 06/04 - 12:00 |
| As Baleas | 0-1 | Corcubión |
| Baio | 04/04 - 19:00 | Muxía |
| Vimianzo | 04/04 - 19:15 | Cabana |
| Corme | 05/04 - 18:00 | Coristanco |
| Os Miúdos A | 05/04 - 12:00 | XSC B |
| Os Miúdos B | 05/04 - 12:00 | XSC A |
| Lira | 05/04 - 12:00 | Zas |
| Esteirana | 05/04 - 13:15 | Fisterra |
| Cee | 05/04 - 17:00 | Outes |
| Baio | 04/04 - 18:00 | Muxía |
| Vimianzo | 04/04 - 18:00 | Cabana |
| As Baleas B | 05/04 - 10:30 | Sofán |
| As Baleas A | 05/04 - 11:30 | Ponteceso |
| Corme | 05/04 - 17:00 | Coristanco |
| Esteirana B | 05/04 - 11:00 | Dumbría |
| Os Miúdos A | 05/04 - 11:00 | XSC B |
| Os Miúdos B | 05/04 - 11:00 | XSC A |
| Esteirana A | 05/04 - 12:15 | Fisterra |
| Lira | 05/04 - 13:00 | Zas |
| Cee | 05/04 - 16:00 | Outes |
| Esteirana | 05/04 - 15:45 | Cee B |
| Xallas StComba | 05/04 - 18:00 | Outes |
| As Baleas | 2-3 | Cee A |
| EF Corcubión | 05/04 - 12:30 | Fisterra |
| Zas | 06/04 - 11:00 | Soneira |
| Cabana | 06/04 - 11:00 | San Román |
| Coristanco | 06/04 - 10:00 | Xv. Bergantiños |
| Dumbría | 06/04 - 11:00 | Ponteceso |
| Castriz | 06/04 - 11:00 | Nantón |
| Laxe | 06/04 - 11:00 | San Lorenzo |
| Bértoa | 06/04 - 12:00 | Baio |
| Camariñas Vet | 06/04 - 10:00 | Muros |
| Malpica | 06/04 - 11:00 | Sofán |
| At. Milagrosa | 06/04 - 11:00 | Vimianzo |
| Erbecedo | 06/04 - 11:00 | Poniente |
| Porteño | 06/04 - 12:00 | Dep. Carballo |
| Agualada | 06/04 - 11:00 | Cerqueda |
| Corcoesto | 06/04 - 11:00 | Leiloio |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).