Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Preferente: Peor case imposible

Preferente: Peor case imposible

Malísima a xornada 31 para os nosos na Preferente. Dúas derrotas dos máis necesitados e un empate que de pouco lle vale ao Dumbría. O cadro de Canosa, malia levar 17 xornadas seguidas sen perder, deixa o seu 4º posto de promoción ao Silva, quedando 2 puntos por debaixo dos coruñeses e só 1 por riba do Sada. Terá que loitar con ambos por esa praza.

E se a salvación xa case parece un soño en Vimianzo, a situación complícase cada día máis para o Xallas de Santa Comba. Os posibles arrastres da 3ª División poden chegar a obrigar a descender ata o 7º por abaixo, unha posición que ocupa O Val, con 7 puntos máis que os xalleiros. A loita terá que ser co Lemos e Carral, só cun punto máis que os xalleiros, e a esperar que só descendan 6.

Riveira - Dumbría (2-2)

  • DUMBRÍA: Julián, Jose (Rudi, min.75), Dani Casal, Cote, Aarón Fdez., Aarón López (David, min.46), Rivi, Jota (Lourido, min.78), Pablo Muíño, Iago e Luisito (Adrián Nieto, min.46).
  • Goles: 1-0, min.50: Adrián Nieto; 1-1, min.57; 1-2, min.65; 2-2, min.88: Lourido.
  • Expulsión: Pablo Muíño no min.43.

17 xornadas sen perder leva o Dumbría, pero onte o empate non lle valeu para manter o posto de promoción. O cadro de Canosa non fixo o seu mellor partido e salvou un punto in extremis. Arrincaba o choque cun cadro local máis incisivo e un Dumbría que non se atopaba.

Cos cambios pareceuse máis ao Dumbría de sempre na segunda, e Adrián Nieto, recén saído, abría o marcador. Pero o Riveira daba a volta ao partido en apenas 10 minutos. Tiña que remar o Dumbría contra corrente, e foi Lourido quen, xa co partido case finalizado, facía o gol do empate.

Xallas StComba - Ribadeo (1-2)

  • XSC: Diego, Rubén Forján, Alfonso, Jonathan, Héctor (Steven, min.85), César, Arnejo, Marcos (Toño, min.55), Jesús, Richi e Mario (Darío, min.60).
  • Goles: 0-1, min.55; 0-2, min.68: de penalti; 1-2, min.83: Alfonso de penalti.

Nada puido facer o cadro de Rubén Coméndez, que sumaba a súa 4ª derrota consecutiva ante o colíder, aínda sen perder no que vai de ano, e loitando co Bergantiños polo título. O Ribadeo saíu como tal, e dominou dende o comezo tendo varias ocasións. A máis clara, dende os 11 metros, pero Diego detivo o primeiro dos tres penaltis da tarde.

A segunda metade comezaba con malas novas para os xalleiros, pois un tanto en xogada e outro, desta votla si, de penalti, abrían fenda no marcador. Pero o cadro local non se deu por vencido e foise arriba. Alfonso recurtou tamén de penalti e quedaban algo menos de 10 minutos de esperanza, pero o empate non chegou.

Residencia - Soneira (4-0)

  • SONEIRA: Víctor, Chans, Brais, Mayor, Mailel, De la Sierra, Baba, Cristian Figueroa (Manu, min.77), Basti (Carlos, min.75), Javi e Leo.

Xa dende o minuto 5 o Soneira se vía por debaixo do marcador, e cunha liña de resultados como a que leva o cadro soneirán, é normal que recibir tan pronto sexa un mazazo difícilmente recuperable. Ao descanso o partido xa marchaba 2-0 e as opcións soneirás, frouxas, vendo como o cadro local sentenciaba pronto un partido soso.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios