Sábado. 18.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Todo listo para a última batalla

3ª Autonómica: Todo listo para a última batalla
Bainas-Nanton-Foto-CD Nanton A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

Apaixoante será a derradeira xornada da 3ª Autonómica, con dous cousas importantes por decidir: o título e a Fase de Ascenso.

Así, a última xornada depara un Montelouro-Baíñas co título en xogo. Ambos sufriron para vencer a Nantón e Seaia, e se xogarán todo no Agra da Filgueira. Ao Baíñas, que leva líder dende a xornada 3, e leva 8 xornadas sen perder, polas 7 dos loureáns, válelle o empate. Ao Montelouro, só a vitoria. Pero ambos poderán gozar do ansiado ascenso, o verdadeiro obxectivo de equipos de Pato e Jurjo ao comezo de temporada.

Ademais, a Fase de Ascenso está que trina. Coristanco e Lira certificaban o seu pase con sendas vitorias. O Ameixenda, a pesar de caer ante o Muxía, ten un pé e medio metido na Fase, pois só unha carambola deixaría ao cadro ceense fóra. I é que teremos un Muxía-Seaia con todo por decidir, co Muxía un punto por riba.
A día de hoxe, Seaia e Nantón quedarían fóra da Fase. O Seaia ten a súa opción en Muxía, dependendo de si mesmo. O Nantón necesitaría vencer ao Laxe, e esperar que Muxía e Seaia empaten,, pois quedaría empatado co Muxia a 35 puntos tendo o golaverage individual a favor. No caso de que o Ameixenda caia ante o Castrelo, quedaraí un triple empate que deixaría fóra ao Ameixenda, que suma menos puntos nos 6 choques entre ceenses, muxiáns e cabaneses.

Ameixenda - Muxía (1-3)

  • AMEIXENDA: Óscar, José Manuel (Paulino, min.65), Javichu, Camacho (Grille, min.75), Bruno Mateo, Iván., Momaño (Demetrio, min.76), Borja, Álex e Rioliño (Jorge, min.76).
  • MUXÍA: Santi Papi, Peski, Currás, Martín, Sergio, Javi (Julián), Pereira (Pataca), David, Adrián, Joni e Iván.
  • Goles: 0-1, min.20: Adrián; 0-2, min.60: David; 0-3, min.70: Pataca; 1-3, min.78: Paulino.
  • Expulsión: o muxián Joni.

Partidazo do Muxía en Cee ante un Ameixenda que non pareceu que se xogaba media Fase de Ascenso. O cadro muxián pega un salto na táboa e depende de si mesmo na última xornada, na que se medirá a un Seaia ao que precisamente superaba na derradeira xornada.

O Ameixenda non saíu enchufado e a primeira foi de dominio visitante. Adrián adiantaba aos de Suso Rey, que sentenciaban no ecuador da segunda metade cos tantos de David e Pataca. Só contra o final recurtaba o Ameixenda por medio de Paulino, pero sen fe na remontada.

Así e todo, o Ameixenda ten un pé na Fase, e só unha carambola e un triple empate entre Nantón, Muxía e o propio Ameixenda o deixaría fóra.

Corcoesto - Cerqueda (0-2)

  • CORCOESTO: Edelmiro, Javi, Longo, Ángel, Patelo, Héctor, Pablo, Couto, Rodri, Cristian e Martín.
  • CERQUEDA: Uru, Xabi, Manuel, Javi Pazos, Lorenzo, Rubén, Ángel, Juanjo, Carlos e Víctor.
  • Goles: 0-1, min.43: Javi Pazos de volea nun córner; 0-2, min.55: Víctor aproveita un rexeite do porteiro a disparo de Juanjo dende a frontal.
  • Lesión: o cerquedán Xabi.

Partido sen demasiada historia, máis que o número de efectivos por cada bando. Ambos conxuntos se presentaban con 11 xustos, o Cerqueda cun Uru lesionado baixo paus e dous porteiros, Ángel e Rubén, de xogadores de campo.
Foi un partido bonito, vistoso, de ida e volta, sen nada en cxogo máis que a diversión. Foi lixeiramente superior o cadro local e matou o partido en dúas xogadas antes e despois do descanso. A eficacia foi clave.

Seaia - Montelouro (0-1)

Seaia e Montelouro saltando a Pedra Queimada-Foto-Edu Olveira
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Eme, Ramón, Vistas, Dimaga, Uru, Parga, Vilariño (Juni, min.46), Camiño e Richar (Medros, min.65).
  • MONTELOURO: Isma, César, Álvaro (Abel, min.65), Pablo, Chema, Geico, Pedro (Dani, min.55), Edu (Raúl, min.75), Benja (Bruno, min.70), Dani Deza e Pesco (Pepiño, min.80).
  • Gol: 0-1, min.90: Raúl nunha contra.
  • Expulsión: O local Lesi no min.80.
Seaia-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Vitoria in extremis do Montelouro en Malpica, e iso que parecía que o partido estaba controlado polo cadro local, sobre todo na primeira metade, co vento a favor. I é que necesitaba gañar o Seaia, o empate non valía, para superar ao Muxía, pero non entraron as ocasións para os locais. De todas os cores, Juni, Uru, Camilo, Vilariño, Richard... pero o balón non quería entrar e mesmo protestaron un penalti por posible man na primeira e outro por falta na segunda, e unha xogada de Juni que saía dende o campo propio anulada por fóra de xogo.

Na segunda, mellorou o cadro de Jurjo, que tamén necesitaba a vitoria para ter opcións de título na última xornada. E sen facer demasiado, tivo fe e no último suspiro, co Seaia volcado, Raúl nunha contra facía o tanto da vitoria.

Isma para unha falta no Seaia-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Coristanco - Castrelo (3-0)

  • CORISTANCO: Fredy, Juan (Pazos, min.47), Morientes, Sergio, Marquiños (Magovi, min.70), Luís (Héctor, min.80), Mato, Mallón (Iván, min.22), Torreira, Gonzalo (Benítez, min.47) e Toniño.
  • CASTRELO: Miki, Marcos, Pichón, Luís, Mario (Róber), Estebo, Gatusso (Edreira), Félix, Roi, Estuven e Gustavo.
  • Goles: 1-0, min.50: Toniño dende lonxe por arriba; 2-0, min.58: Torreira de cabeza a centro de Benítez; 3-0, min.84: Toniño de fermosa vaselina.
  • Expulsión: o vimiancés Roi (min.60).

Partido no que o Coristanco lle costou collerlle a man o partido. Tanto foi asi que apenas inquietou a porteria do Castrelo nunha primeira metade sen sustos, salvo nun disparo de Gonzalo no que respostou ben o porteiro visitante.
A saída da segunda foi clave, cun Castrelo durmindo e un Coristanco enchufadísimo para sentenciar, querendo o balon e buscando con mais intensidade a porteria do Castrelo. Froito deste dominio chegaría o primeiro gol da tarde cun disparo lonxano de Toniño que sorprendeu o porteiro visitante, lixeiramente adiantado. Seguiu o dominio local e despois dunha boa triangulación na que participou todo o equipo e un bo centro de Benítez, remataría Torreira de cabeza no segundo pau facendo o 2-0. Desperdiciou varias ocasions claras o Coristanco, ata que faltando 5 para o final, Toniño faría o terceiro de fermosa vaselina, asegurando así a participación na fase de ascenso.

Laxe - Lira (0-1)

  • LAXE: Diego, Aarón (Manu Domínguez, min.80), López, Saleta, Samu Soneira, Santi (Elías, min.60), Gora, Carrabete, Lolo, Djamel (Adrián, min.60) e Samueliño.
  • LIRA: Andrés, Herminio, Josiño, Joserra, Adrián, Álex, Cristian, Manu, Michelón (Iago), Suso Perico e Oli (Demetrio).
  • Gol: 0-1, min.57: Suso Perico nunha contra de tiro cruzado.

Certificou a súa presencia no Play Off o Lira cunha apurada vitoria en Laxe. Pero non sen sufrimento fixo os deberes pero acabou pedindo á hora ante a avalancha laxense no treito final. Primeira metade sosa, cun Laxe mellor, ante un Lira desaparecido que non acababa de volver da despedida. Santi fallou só no remate na mellor ocasión do primeiro tempo para o laxe, e Oli tivo unha pero que lle quedou o campo pequeno.

Javi puxo as pilas no descanso aos lirachos, que saíron moi ben na segunda e puideron marcar Manu, que fixo un partidazo na segunda, e os Oli e Suso Perico tamén tiveron ocasións de ampliar o seu propio gol. Peor é que tralo gol liracho puido empatar o Laxe, con boas internadas de Adrián con varios pases da morte aos quye non chegaron Elías e Samuel.

Baíñas - Nantón (3-1)

Bainas-Nanton-Foto-CD Nanton
  • BAÍÑAS: Sergio, Héctor, Capote, Braulio, Luís, Mario (Iván, min.75), Esteban, Jaime, Cristian, Javi Suárez e Tasky.
  • NANTÓN: Ernesto, Carlos R., Eloy, Manu, Dani B. (Félix, min.53), Carlos Vidal, Fabio, Amado (Pedro, min.66), David, Iván e Luís.
  • Goles: 1-0, min.30: Esteban aproveita o rexeite do porteiro a unha falta de Luís; 2-0, min.65: Cristian aproveita unha deixada de Tasky tras xogada de Javi Suárez; 2-1, min.75: Iván; 3-1, min.85: Esteban a pase atrás de Javi Suárez.
Gol-do-Bainas-ante-o-Nanton

Solventou o penúltimo escollo o Baíñas e cun empate valeralle na derradeira xornada para levar o campionato. E superou un partido marcado polo tempo, pois a chuvia foi protagonista. Na primeira metade os locais tiveron poucas ocasións pero Esteban foi quen de abrir o marcador aproveitando un rexeite nunha das poucas chegadas con perigo en toda a primeira metade. Pouco depois Luís tamén tivo unha nun tiro dende a frontal que se foi fóra por pouco.

Intentouno o Nantón tralo descanso pero non está fino cara gol, e tras un par de ocasións de Lareu e Luís, foi Cristian o que marcaba para os vimianceses nunha das internadas de Javi Suárez que máis dano fixeron aos cabaneses, pasando do posible empate ó 2-0. Púoxse 2-1 o Nantón e meteron o medo, sobre todo cun remate de Félix e un man a man de Iván que salvou Sergio. Pero o Baíñas sentenciaba pouco despois un partido complicado.

O Bainas cambiou de cor na segunda metade-Foto-CD Nanton

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios